Decreto 95/2008, do 24 de abril, polo que se aproba o cambio de titularidade do treito da AC-861 Vilalba (N-634)-límite provincial-Igrexafeita (AG-64) p.k. do 44+750 ao 45+180 a prol do Concello de San Sadurniño.
Sección | III. Outras Disposicións |
Emisor | CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES |
Rango de Ley | Decreto |
O 3 de xullo de 2007 o Concello de San Sadurniño solicita, mediante escrito dirixido ao Servizo Provincial de Estradas da Coruña, a cesión ao seu favor dun pequeno tramo da antiga estrada Ferrol-As Pontes, ao seu paso polo núcleo da Torre, parroquia de Igrexafeita.
O 17 de outubro de 2007, o Servizo de Conservación e Explotación da Dirección Xeral de Obras Públicas emite informe favorable sobre o cambio de titularidade do tramo comprendido entre o p.k. 44+750 e o 45+180 da estrada AC-861 Vilalba (N-634)-lím. prov.-Igrexafeita (AG-64) ao seu paso polo núcleo da Torre na parroquia de Igrexafeita, a prol do Concello do San Sadurniño.
O 19 de outubro de 2007 o director xeral de Obras Públicas dá a súa conformidade coa proposta feita polo devandito servizo e polo subdirector xeral de Conservación e Explotación.
O 3 de decembro de 2007 o Concello do San Sadurniño manifesta a súa aceptación do exposto no informe-proposta.
A estrada AC-861 da rede primaria básica é susceptible de cesión ao concello por estar incluída no Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, facendo referencia a aquelas susceptibles de ser transferidas por non dar continuidade a itinerarios ou ser treitos antigos de estradas nas que se fixeron variantes de trazado.
No treito da antiga estrada AC-861 Vilalba (N-634)-lím. prov.-Igrexafeita (AG-64) p.k. do 44+750 ao 45+180, que se ten previsto transferir, concorren as seguintes características: quedou fóra da estrada AC-861 e discorre por un núcelo rural da parroquia de Igrexafeita no concello de San Sadurniño.
O artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, establece que os cambios de titularidade de estradas incluídas nas redes da Comunidade Autónoma e das entidades locais serán aprobadas por decreto da Xunta de Galicia e logo de acordo entre as administracións afectadas.
Conforme o sinalado no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, tras o acordo entre as administracións afectadas, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia en reunión do día vinte e catro de abril de dous mil oito,
DISPOÑO:
Apróbase o cambio de titularidade a prol do Concello de San Sadurniño do treito da AC-861 Vilalba...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba