Resolución do 21 de xaneiro de 2010 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións para a execución de proxectos de axuda humanitaria e se procede a súa convocatoria.

SecciónVI. Anuncios
EmisorFUNDACIÓN AXENCIA HUMANITARIA DE GALICIA
Rango de LeyResolución

Desde o ano da súa constitución, 2003, a Fundación Pública Axencia Humanitaria Galega (FAHG) vén desempeñando actuacións de carácter humanitario. Nos últimos anos pódese ver un incremento importante dos fondos dirixidos á acción humanitaria, isto é debido, dunha banda, ao aumento dos desastres naturais e ao crecemento da complexidade dalgúns conflitos armados, que fan que as cifras de mortes, damnificados, devastación e destrución acaden enormes proporcións; e, por outro lado, á maior visibilidade e atención mediática da acción humanitaria, fronte a outro tipo de actuacións coma as de cooperación ao desenvolvemento. Para o caso concreto da Comunidade Autónoma galega os fondos globais destinados a acción humanitaria reducíronse no período 2006-2009, respecto ao período 1998-2005; porén, avanzouse no fortalecemento das capacidades da FAHG para a xestión destes fondos.

A Lei 3/2003, do19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento (en diante Lei 3/2003), aprobada por unanimidade no Parlamento galego, na que queda enmarcada a actividade de FAHG, recolle a axuda humanitaria como obxectivo prioritario da cooperación exterior. A axuda humanitaria aparece como un dos principais instrumentos de cooperación, e como instrumento permite «accións de asistencia, socorro, protección e reconstrución a favor das poboacións, tendo especialmente en conta situacións agravadas por catástrofes naturais ou provocadas por conflitos armados, así como na contribución á supervivencia das poboacións vulnerables e a súa protección, como recoñecemento da dignidade e dos dereitos intrínsecos a elas» (artigo 13.3º da Lei 3/2003).

Consonte o establecido nos seus estatutos, a FAHG leva a cabo intervencións de carácter humanitario a prol das poboacións vítimas de crises humanitarias, desastres ou conflitos que se produzan fóra do ámbito territorial galego e especialmente en países en vías de desenvolvemento.

Tendo isto en consideración é necesario proceder á aprobación das bases reguladoras para a execución de proxectos de axuda humanitaria no exterior, para o ano 2010, promovidos polos axentes de cooperación.

Pola súa vez, procede convocar a concesión de subvencións con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, concretamente ao programa de finanzamento 331A, de acordo con estas bases reguladoras que garanten os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, aplicando o procedemento establecido no artigo 19.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 1º Obxecto e crédito.

1.1. O obxecto destas bases é a regulación de concesión de subvencións ás organizacións non gobernamentais, entidades sen fins de lucro, comunidades galegas no exterior, para a execución de proxectos de axuda humanitaria no exterior, priorizando proxectos de reconstrución en Haití.

1.2. Enténdese por proxectos de axuda humanitaria aqueles destinados a salvar vidas, aliviar o sufrimento e mellorar as condicións de vida das poboacións afectadas por crises humanitarias, desastres, conflitos, enfermidades endémicas e epidémicas, garantindo a preparación previa, a prevención e os traballos de rehabilitación e reconstrución.

1.3. O crédito do que se dispón para a dotación desta convocatoria é de 300.000 € con cargo á conta 132 de subvenciones afectas a actividades propias da FAHG, sen prexuízo de que posteriormente se poida ver incrementada esta dotación con achegas posteriores. A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que esta convocatoria.

Artigo 2º Beneficiarios.

2.1. Poderán optar a esta subvención as organizacións non gobernamentais e entidades sen fins de lucro, e comunidades galegas no exterior, que teñan entre os seus fins o desempeño de accións de axuda humanitaria.

2.2. Tamén poderán ter acceso á subvención as agrupacións de entidades.

Artigo 3º Requisitos das entidades beneficiarias das axudas e dos proxectos.

3.1. Requisitos das entidades.

  1. Ter personalidade xurídica.

  2. Carecer de ánimo de lucro.

  3. Ter sede ou delegación permanente na Comunidade Autónoma galega e estar inscrita no Rexistro de Axentes de Cooperación, salvo no caso de subvencións concedidas a entidades públicas ou privadas doutros Estados e entidades vinculadas a organismos internacionais.

  4. Ter recoñecidos entre os seus fins o labor humanitario.

  5. Ter xustificado, se é o caso, e antes da data de presentación da solicitude para esta convocatoria, as axudas recibidas para a anualidade 2008 por parte da Xunta de Galicia a outros proxectos de axuda humanitaria, emerxencia ou cooperación ao desenvolvemento. Así mesmo, é necesario que se efectuase o correspondente ingreso, nos casos en que sobre os beneficiarios de axudas económicas se ditase resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro.

  6. Non estar incurso en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante Lei 9/2007).

  7. En caso de agrupación de entidades, todas elas deberán cumprir os requisitos anteriores. As entidades agrupadas asumen a responsabilidade conxunta do proxecto e designarán un domicilio único e un cabeza de agrupación, tanto para os efectos de notificacións administrativas coma de interlocución coa administración. A porcentaxe de participación de cada entidade no proxecto, así coma os dereitos e obrigas de cada unha delas, determinaranse nun convenio que deberán achegar cando se presente a documentación da solicitude. Este convenio deberá sinalar que cada unha das entidades asume a responsabilidade directa pola súa porcentaxe de participación e subsidiaria pola totalidade do proxecto.

  8. A entidade solicitante poderá presentar un máximo de dous proxectos individuais ou en agrupación.

    3.2. Requisitos dos proxectos.

  9. Ter unha duración máxima de 12 meses, e rematará a súa execución antes do 30 de decembro do ano en que se concede a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR