Decreto 182/2007, do 6 de setembro, polo que se aproban os estatutos da Sociedade Anónima Xestora do Banco de Terras de Galicia (Bantegal).

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O artigo 30.I do Estatuto de autonomía para Galicia, na súa alínea 3, outórgalle á nosa comunidade autónoma competencia exclusiva, de acordo coas bases e coa ordenación da actuación económica xeral e política monetaria, en materia de agricultura e gandaría.

As actividades que, en desenvolvemento das devanditas competencias, exerce a Administración galega son múltiples e complexas e requiren de instrumentos que contribúan a mellorar a xestión dos poderes públicos no sector da agricultura e gandaría galega.

A posibilidade da constitución de sociedades públicas como medio de execución de funcións que lle son propias, está previsto no artigo 55.2º do Estatuto de autonomía. Así mesmo, o artigo 45 da Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio de Galicia, regula a forma de constituír estas sociedades.

Este decreto autoriza a creación como medio propio da Administración, dunha sociedade pública que terá por obxecto fundamental acadar a mobilización das superficies agrarias útiles improdutivas, favorecendo deste xeito o redimensionamento das explotacións e evitar a perda da superficie agraria útil (SAU).

A Lei 7/2007, do 21 de maio, de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galicia, no seu artigo 4 regula o Banco de Terras de Galicia como instrumento en que figuran inventariados todos os predios rústicos vinculados aos destinos especificados no artigo 5.2º da referida lei, independentemente da súa titularidade, que segundo os casos, pertencerá á comunidade autónoma, aos particulares e outros cedentes ou á sociedade Bantegal.

O artigo 7 da citada lei crea tamén a Sociedade Anónima Xestora do Banco de Terras de Galicia (Bantegal), como medio propio e instrumental e de servizo técnico da Administración da comunidade autónoma, ten como obxectivo principal xestiona os bens e os dereitos incorporados ao Banco de Terras de Galicia e exercer de servizo de transmisión mediante arrendamento respecto dos predios rústicos procedentes de explotacións.

Xa que logo, de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia; así como nos artigos 45 e seguintes da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da comunidade autónoma, de acordo igualmente co Real decreto lexislativo 1564/1989, do 22 decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades anónimas, e por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de setembro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a aprobación dos estatutos, ao abeiro do artigo 55.2º do Estatuto de autonomía, e de conformidade co previsto no artigo 45.1º e 3º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, da Sociedade Anónima Xestora do Banco de Terras de Galicia, (Bantegal).

Artigo 2º

O capital social fundacional será subscrito e desembolsado integramente pola Comunidade Autónoma de Galicia e cífrase en sesenta e cinco mil euros (65.000 €), dividido en 100 accións ordinarias de seiscentos cincuenta euros, (650 €), cada unha.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Consellería de Economía e Facenda para ditar os acordos necesarios para a execución, desenvolvemento e aplicación do presente decreto e para a constitución da sociedade pública Sociedade Anónima Xestora do Banco de Terras de Galicia.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, seis de setembro de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda

Estatutos

TÍTULO I

Denominación, obxecto, duración e domicilio

Artigo 1º Denominación e normativa.
  1. Coa denominación empresa pública Sociedade Anónima Xestora do Banco de Terras de Galicia (Bantegal), constitúese unha sociedade pública autonómica das previstas no artigo 12.1º a) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobada polo Decreto lexislativo 1/1999, que se rexerá ademais pola Lei de sociedades anónimas, polos presentes estatutos e polas disposicións legais que en cada momento lle sexan aplicables.

  2. Para o desenvolvemento da súa actividade, esta empresa pública está suxeita sempre ao disposto na sección terceira do capítulo segundo do título primeiro da Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, á Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas en que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación e a calquera outra disposición que lle sexa aplicable polo seu propio carácter público. Na súa actuación contractual estará suxeita ao disposto na lexislación básica sobre contratación administrativa para as sociedades públicas.

  3. Así mesmo, seranlle aplicables a normativa relativa á transparencia de relacións financeiras entre as administracións públicas e as empresas públicas dependentes delas.

Artigo 2º Obxecto social.
  1. A empresa pública Sociedade Anónima Xestora do Banco de Terras de Galicia ( Bantegal, S.A.), como medio propio instrumental e servizo técnico da Administración da comunidade autónoma, ten como obxecto social a xestión dos bens e dos dereitos incorporados ao Banco de Terras de Galicia, e está obrigada a realizar os traballos que se lle encomenden, nas materias que constitúan o seu obxecto social e, especialmente, nas que sexan urxentes ou se lle ordenen como consecuencia de situacións de emerxencia.

  2. Encoméndaselle, ademais, á sociedade Bantegal a realización da función de servizo de transmisión dos bens e os dereitos integrantes do Banco de Terras de Galicia mediante os réximes de adxudicación establecidos na Lei 7/2007, do 21 de maio, de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galicia.

  3. A sociedade Bantegal manterá unha relación permanentemente actualizada, con indicación da procedencia dos bens, da titularidade e do seu destino actual, de todos aqueles inmobles e dereitos reais que integren o Banco de Terras de Galicia. Para estes efectos, poderá elaborar e xestionar sistemas de información territorial e cartográfica, así como elaborar e xestionar bases de datos de prezos e valores da terra e desenvolver labores de apoio á planificación e xestión territorial, servizo de almacenamento, produción e elaboración de datos gráficos e alfanuméricos, produción de cartografía básica e temática, homoxénea e adaptada ás necesidades dos usuarios, así como a investigación e desenvolvemento de diferentes materias no marco de proxectos concretos e aplicación de metodoloxías especialmente deseñadas.

  4. Serán tamén funcións do Bantegal:

    1. Xestionar e actualizar a información cartográfica, territorial, parcelaria e agronómica de Galicia e as súas bases de datos que sexan necesarias para o correcto, áxil e eficaz desenvolvemento dos seus cometidos.

    2. A xestión cautelar dos montes veciñais en man común nos supostos en que sexa declarada a situación de grave abandono ou degradación, ou por extinción ou desaparición da comunidade de veciños titular do monte, de forma provisional ata que, se é o caso, se reconstitúa a comunidade, de acordo coa súa normativa específica.

    3. Asegurar a administración dos bens e dereitos incorporados ao Banco de Terras de Galicia, exercendo todas as competencias necesarias e, en particular, as de conservación, defensa da integridade, inspección, dirección e control destes bens.

    4. Facer o seguimento do mercado de terras en Galicia, e elaborar os estudos que sobre este poidan resultar de utilidade para favorecer a mobilidade das terras, coñecendo as condicións de oferta e demanda, prezos e valores deste mercado.

    5. Realizar os necesarios labores de asesoramento, intermediación e xestión para facilitar o acceso á terra daquelas explotacións que queiran incrementar a súa base territorial, así como daquelas persoas que queiran...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR