Decreto 520/2005, do 29 de setembro, polo que se asigna á Dirección Xeral de Desenvolvemento Comarcal o exercicio das funcións en materia de planificación, coordinación e seguimento do Plan de Desenvolvemento Comarcal.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyDecreto

O Decreto 211/2005, do 3 de agosto, estableceu a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e o Decreto 232/2005, do 11 do mesmo mes, fixou a dos seus departamentos, entre eles a da Consellería do Medio Rural.

A Lei 7/1996, do 10 de xullo, de desenvolvemento comarcal regula o funcionamento dos distintos órganos con competencias no Plan de Desenvolvemento Comarcal, distinguindo uns de planificación e coordinación e outros de xestión e promoción. O artigo 25 desta norma xurídica recolle entre estes últimos as fundacións para o desenvolvemento das comarcas.

Cómpre, xa que logo, asignar as funcións en materia de desenvolvemento e planificación comarcal a un dos órganos superiores da Consellería do Medio Rural.

Polo tanto, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro do Medio Rural e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de setembro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural terá asignadas as funcións en materia de planificación,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR