Decreto 158/2005, do 2 de xuño, polo que se regulan as competencias autonómicas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
Rango de LeyDecreto

A promulgación do Decreto 199/2004, do 29 de xullo (DOG nº 157 do 13 de agosto), polo que se regulan as competencias autonómicas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, supuxo unha importante novidade na regulamentación desta materia na comunidade autónoma, por canto -por primeira vez desde que o Tribunal Constitucional establecera a extensión das competencias autonómicas na execución da Lei de costas- se contou cun texto no cal se concreta o obxecto destas competencias, se definen os procedementos para o seu desempeño e os órganos a que se atribúen, se establecen normas para a coexistencia de diferentes autorizacións para un mesmo obxecto e se concretan formas de colaboración entre as administracións con competencias concorrentes no mesmo espazo físico.

Porén, a súa aplicación práctica nestes últimos meses puxo de manifesto a necesidade de concretar e matizar certos aspectos que, ou ben aparecen tratados de xeito disperso ao longo da normativa aplicable, ou ben non resultan o suficientemente claros como para evitar as dúbidas na súa interpretación, que en ocasións poden dar lugar a solucións prácticas de moi distinto signo.

Un dos elementos que suscita máis dificultades de interpretación e aplicación da Lei de costas é o seu réxime transitorio. Para os terreos que á entrada en vigor da dita norma tivesen o carácter de urbanos, non só a largura da franxa afectada pola servidume de protección se reduce considerablemente (de cen a vinte metros) senón que, baixo determinadas condicións, resultan autorizables usos que con carácter xeral están prohibidos na dita franxa. E por outra banda, poden autorizarse obras de conservación e mellora nas edificacións que resultan contrarias á lei pero foron legalmente construídas antes da súa entrada en vigor.

Outra circunstancia que provoca dúbidas na aplicación da lei e repercute negativamente na seguridade xurídica para os cidadáns é o feito de que aínda hoxe longos tramos de costa estean sen deslindar de xeito definitivo; deste xeito, a liña que define a afección dunha zona polas servidumes legais -particularmente a servidume de protección, na que as competencias de execución da normativa estatal lle corresponden á comunidade autónoma- configúrase só de xeito provisional ou probable. As importantes consecuencias que pode implicar a alteración desta liña no deslindamento definitivo son facilmente comprensibles se temos en conta que pode supoñer a diferenza entre conservar ou estar obrigado a demoler o construído.

En síntese, con esta reforma trátase de clarificar e unificar no posible o réxime da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, introducindo no Decreto 199/2004 modificacións que basicamente responden a tres obxectivos: en primeiro lugar relaciónanse os usos e actividades susceptibles de autorización de conformidade coa lei e o Regulamento de costas, aclarando as condicións e o alcance das actuacións permisibles; en segundo lugar, precísanse as circunstancias que deben concorrer nun terreo para considerar que era urbano á entrada en vigor da Lei de costas, así como as que permiten considerar acreditada a legalidade das edificacións preexistentes á lei; e en terceiro lugar, no procedemento sancionador e de restitución introdúcense medidas con que se pretende extremar a cautela á hora de considerar que a actuación obxecto da denuncia se atopa efectivamente dentro da zona de servidume, suspendéndose incluso a obriga de restitución ata o momento en que a delimitación da dita franxa se recolla nun deslinde definitivo.

Finalmente, co fin de facilitar o seu manexo e mellorar a seguridade xurídica dos cidadáns, en lugar de modificar parcialmente o Decreto 199/2004 optouse pola solución de derrogalo incorporando as súas previsións, xunto coas concrecións e especificacións anteditas, a un novo texto normativo.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, de conformidade co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de xuño de dous mil cinco

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto.
  1. Este decreto ten por obxecto regular a intervención da Comunidade Autónoma de Galicia na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre prevista no artigo 23 da Lei de costas, así como a emisión dos informes autonómicos requiridos en execución da normativa en materia de costas.

  2. Para os ditos efectos, neste decreto regúlanse:

-A autorización autonómica dos usos permitidos na zona de servidume de protección.

-A concorrencia da dita autorización con outros títulos, en especial coas licenzas municipais.

-O procedemento sancionador por infraccións cometidas na zona de servidume de protección.

-A obriga de restitución das obras non autorizadas na zona de servidume de protección.

-A emisión de informes da Administración autonómica en execución da lexislación de costas referidos ao dominio público marítimo-terrestre ou á súa servidume de protección e tránsito.

Capítulo II

Autorizacións na zona de servidume de protección

do dominio público marítimo-terrestre

Artigo 2º Obxecto da autorización.
  1. Requirirán autorización autonómica as obras, instalacións e usos na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre promovidos por persoas físicas e xurídicas distintas da Comunidade Autónoma galega.

  2. Con carácter xeral, e sen prexuízo do disposto noutra normativa sectorial que resulte de aplicación, na zona de servidume de protección do dominio publico marítimo-terrestre só se poderán autorizar, de conformidade co planeamento urbanístico en vigor:

    1. As obras, instalacións ou actividades que, pola súa natureza, non poidan ter outra localización ou presten servizos necesarios ou convenientes para o uso do dominio público marítimo-terrestre, así como as instalacións deportivas descubertas.

    2. As obras de reparación e mellora de instalacións, construcións e edificacións erixidas ao abeiro das autorizacións sectoriais exixibles, outorgadas con anterioridade á entrada en vigor da Lei de costas, que non impliquen aumento de volume e sen que o incremento de valor que aquelas comporten poida ser tido en conta para os efectos expropiatorios. En caso de demolición total ou parcial, as novas construcións deberán axustarse integramente ás disposicións da Lei de costas.

      Entenderanse incluídas neste punto as obras de conservación, consolidación, restauración e remodelación interior, así como as de recuperación de edificacións ruinosas, sempre que non supoñan variación das características esenciais do edificio, do seu volume nin da súa configuración orixinaria.

      No caso de catástrofes naturais, estragos e outros supostos análogos de forza maior suficientemente acreditados, entenderanse incluídas no concepto de reparación e mellora as obras necesarias para a restitución da construción á situación anterior á produción daqueles.

    3. Os desmontes e terrapléns debidamente xustificados cunha altura inferior a 3 metros, sempre que non prexudiquen a paisaxe e se realice un axeitado tratamento dos seus noiros con plantacións e recubrimentos. A partir da dita altura, deberá realizarse unha previa avaliación da súa necesidade e a súa incidencia sobre o dominio público marítimo-terrestre e sobre a zona de servidume de protección.

    4. A corta de árbores, cando exista autorización previa do órgano competente en materia forestal e non mingüe significativamente as masas arborizadas, debendo recollerse expresamente na autorización a exixencia de reforestación eficaz con especies autóctonas, que non danen a paisaxe e o equilibrio ecolóxico.

    5. Os rótulos indicadores de establecementos, sempre que se coloquen na súa fachada e non supoñan unha redución do campo visual.

    6. A construción ou modificación de vías de transporte interurbanas, sempre que a súa incidencia sobre a servidume de protección sexa transversal, accidental ou puntual, e as de intensidade de tráfico inferior aos 500 vehículos/día de media anual.

    7. Os campamentos de turismo que, reunindo todos os requisitos exixidos pola normativa sectorial aplicable, deixen expedita de instalacións fixas a zona de servidume de protección. Para estes efectos, enténdense por instalacións fixas todas aquelas instalacións destinadas a formar parte do recinto cun carácter permanente, tales como bungalows, aseos, fregadoiros, cafetarías, tendas de alimentación, recepción e demais instalacións de servizo, con independencia de que sexan ou non materialmente desmontables.

    8. Os cerrumes, que poderán ser opacos ata unha altura máxima dun metro e obrigatoriamente diáfanos por riba da dita altura con, cando menos, un 80 por 100 de ocos, salvo que se empreguen elementos vexetais vivos. Así mesmo, poderán autorizarse cerrumes vencellados aos de concesións no dominio público marítimo-terrestre coas características que se determinen no título concesional.

    9. Os establecementos expendedores de comidas e bebidas ao servizo da praia que, ademais das disposicións que lles sexan aplicables con carácter xeral e as específicas reguladoras da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR