Decreto 138/2006, do 24 de agosto, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos e perdas causados pola vaga de incendios que asolaron Galicia durante os días 4 a 14 de agosto do ano en curso.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

Durante os días 4 a 14 do mes de agosto de 2006, unha vaga de incendios forestais ameazou os recursos forestais de Galicia, afectando de xeito significativo o desenvolvemento da actividade humana en amplas zonas do país.

Asistimos a unha nova tipoloxía de incendios forestais que tivo especial incidencia non só nos terreos forestais senón de xeito moito máis intenso que noutras ocasións en zonas contiguas a núcleos rurais, vilas e cidades densamente poboadas, afectando fundamentalmente ao territorio das provincias de Pontevedra e A Coruña.

Os incendios forestais ocasionaron danos, fundamentalmente sobre masas forestais e explotacións agrícolas, gandeiras, mercantís, industriais e turísticas, e riscos para a vida das persoas, que obrigaron á evacuación dalgunhas poboacións. Ata o de agora, a actuación da Xunta de Galicia concentrouse na articulación dunha serie de medidas preventivas e de protección e auxilio das persoas e bens directamente ameazados polos incendios forestais. Alén diso, é obriga dos poderes públicos articular un sistema de axudas que palíen os danos causados polos incendios, que atendan as situacións de necesidade en que se puidesen atopar os colectivos directamente afectados, e mesmo contribúan a restaurar os valores naturais e a reactivar a actividade económica das zonas afectadas.

O artigo 78.8º da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobada por Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, establece a posibilidade de aprobar a concesión directa de axudas e subvencións públicas de acreditárense razóns de interese público, social, económico ou humanitario. As especiais características dos beneficiarios destas axudas, que sufriron danos nos seus bens e mesmo a perda de familiares, evidencian a necesidade de apartase do réxime de concorrencia competitiva recollido na devandita lei, e xustifican que o procedemento a seguir sexa o de concesión directa, sempre que se acredite de forma que faga fe a condición de afectado.

Así mesmo, as situacións persoais dos potenciais beneficiarios destas axudas aconsellan que os procedementos reguladores se inspiren nos principios de flexibilidade, equidade e proporcionalidade, aínda que garantindo, tanto formal como materialmente,

a correcta utilización dos fondos públicos dedicados a esta finalidade.

O obxectivo desta norma é determinar o marco común das axudas que sexan outorgadas pola Comunidade Autónoma galega para reparar os danos e perdas dos incendios...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR