Resolución do 14 de agosto de 2003 pola que se adxudican as axudas correspondentes ó programa de recursos agropecuarios convocadas no anexo I, da Orde do 22 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 30 de abril) e na Orde do 13 de febreiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 21 de febreiro).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Rango de LeyResolución

A Orde do 22 de abril de 2002 (DOG do 30 de abril), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do programa sectorial de recursos naturais do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé no seu anexo I a concesión de axudas correspondentes ó programa de recursos agropecuarios.

De acordo co Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria e na Orde do 13 de febreiro de 2003 (DOG do 21 de febreiro), atendendo ás dispoñibilidades de crédito e por proposta elaborada pola comisión de selección prevista no punto 6 das bases da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada para realizar por grupos de investigación consolidados e de excelencia en universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da comunidade autónoma, ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución, nas contías que en cada caso se sinalan e polo período de tempo indicado, que se computará a partir do día seguinte da súa publicación no DOG. Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal deberán realiza-la dita contratación conforme as normas establecidas polas bases da convocatoria.

Todas estas axudas están cofinanciadas por fondos europeos Feder MAC.

As axudas que se relacionan no anexo I comprenden a totalidade da subvención necesaria para a realización do proxecto, incrementado nun 10% destinado ós gastos institucionais que a súa execución supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Segundo.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, as que se relacionan no anexo II desta resolución.

Terceiro.-Concede-las axudas para dotación de laboratorios e departamentos de I+D de empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, ás que se relacionan no anexo III desta resolución.

Cuarto.-A Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento adoptará as medidas necesarias para a instrucción dos correspondentes expedientes de gasto.

Quinto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Sexto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR