Resolución do 30 de decembro de 2009 pola que se adxudican as axudas dos programas Ángeles Alvariño (anexo II), Isidro Parga Pondal (anexo III), Lucas Labrada (anexo IV) e Isabel Barreto (anexo V) da Orde do 24 de setembro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 189, do 25 de setembro), pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas correspondentes a diversas accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010) para o ano 2009, e se procede á súa convocatoria.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Rango de LeyResolución

A orde da Consellería de Economía e Industria do 24 de setembro de 2009 (DOG nº 189, do 25 de setembro), aproba as bases que rexerán a convocatoria de axudas correspondentes a diversas accións formativas do Programa de recursos humanos, no marco do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica de Galicia-Incite (2006- 2010) para o ano 2009.

No artigo 3 do anexo II, do anexo III, do anexo IV e do anexo V da mencionada orde de convocatoria determínanse os requisitos que deberían cumprir os candidatos das axudas correspondentes aos programas Ángeles Alvariño (anexo II), Isidro Parga Pondal (anexo III), Lucas Labrada (anexo IV) e Isabel Barreto (anexo V).

A Comisión de Selección establecida no artigo 9 das bases xerais da dita Orde do 24 de setembro de 2009 (DOG nº 189, do 25 de setembro), na súa reunión do día 23 de decembro de 2009, tendo en conta as bases establecidas na convocatoria, así como os créditos dispoñibles, acordou:

  1. Programa Ángeles Alvariño (anexo II da orde de convocatoria):

    1. En aplicación do baremo establecido no artigo 8 do anexo II da orde de convocatoria, establecer como nota de corte mínima para figurar na lista de adxudicatarios a puntuación mínima de 30 puntos. As solicitudes admitidas definitivamente cunha puntuación final inferior a 30 non acceden á axuda.

    2. Tendo en consideración as puntuacións acadadas polos solicitantes de prazas do Programa Ángeles Alvariño, o número de solicitantes que acadaron esta puntuación e tendo en consideración a experiencia de anos anteriores en relación co número de substitucións que se producen, acórdase establecer como nota de corte para figurar na lista de espera a puntuación de 40 puntos para as listas de espera de todos os grupos de organismos ou institucións, agás para o caso da lista de espera correspondente ao grupo de fundacións públicas e institucións sen fin de lucro, que se establece en 30 puntos.

    3. Propoñer a concesión de axudas ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e que contraten os solicitantes dunha praza do Programa Ángeles Alvariño (anexo II da orde de convocatoria do 24 de setembro de 2009, DOG nº 189) que se relacionan no anexo I desta resolución.

    4. Propoñer unha lista de espera cos solicitantes que, non séndolles adxudicada praza, teñan unha puntuación total igual ou superior a 40 puntos, agás para o caso da lista de espera correspondente ao grupo de fundacións públicas e institucións sen fin de lucro, que se establece en 30 puntos, para -de ser o caso- determinar posibles substitucións cos solicitantes que se relacionan no anexo II desta resolución.

  2. Programa Isidro Parga Pondal (anexo III da orde de convocatoria):

    1. En aplicación do baremo establecido no artigo 8 do anexo III da orde de convocatoria, establecer como nota de corte mínima para figurar na lista de adxudicatarios a puntuación mínima de 45 puntos. As solicitudes admitidas definitivamente cunha puntuación final inferior a 45 non acceden á axuda.

    2. Tendo en consideración as puntuacións acadadas polos solicitantes de prazas do Programa Isidro Parga Pondal, o número de solicitantes que acadaron esta puntuación e tendo en consideración a experiencia de anos anteriores en relación co número de substitucións que se producen, acórdase establecer como nota de corte para figurar na lista de espera a puntuación de 45 puntos para as listas de espera de todos os grupos de organismos ou institucións.

    3. Propoñer a concesión de axudas ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR