Resolución do 18 de abril de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas e subvencións a entidades locais para o desenvolvemento das liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres e se procede á súa convocatoria.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorSERVIZO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER
Rango de LeyResolución

O Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, atribúelle a este órgano as competencias en materia de igualdade de xénero, que serán exercidas a través do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e nos termos sinalados na Constitución española.

Ao Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito á Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, creado pola Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, correspóndelle, entre outras funcións, a de facilitar a formación profesional das mulleres (artigo 3.8º).

O ámbito do emprego é un dos que reflicten máis nidiamente a discriminación por razóns de xénero e é, polo tanto, un dos que máis accións positivas precisa das administracións públicas. A capacitación e a formación para o emprego é unha das facetas fundamentais desta intervención que lles permite ás mulleres acceder ao mercado de traballo en mellores condicións competitivas e superar a fenda en formación que aínda existe na nosa sociedade entre mulleres e homes.

A través desta convocatoria ponse en marcha unha acción dirixida a facilitar o acceso en igualdade de condicións das mulleres ao emprego, obxectivo prioritario nas políticas públicas, tal e como recolle a programación comunitaria. As medidas dedicadas á mellora da empregabilidade das mulleres, a combater a segregación horizontal e vertical e a discriminación salarial, e as dedicadas a favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar son piares desta nova programación. Este organismo vén actuando, de xeito ininterrompido a través de distintos programas, na consecución destes obxectivos, sendo un deles a formación ocupacional para mulleres.

O Servizo Galego de Igualdade, dentro dos métodos de xestión previstos nas especificacións das medidas, define nesta convocatoria a realización desta actuación a través dos concellos que de xeito verificable traballan a prol da igualdade de oportunidades para as mulleres, subvencionando o custo das accións formativas que se realicen dentro dos programas de formación definidos de acordo co disposto nesta resolución, así como de accións complementarias de corresponsabilidade no coidado das persoas dependentes das alumnas que faciliten a súa incorporación ao proceso formativo.

Trátase de levar a cabo formación dirixida a facilitar o acceso das mulleres ao mercado do traballo

asalariado e tamén de fomentar a cultura emprendedora dando formación a aquelas que teñen pensado desenvolver unha iniciativa empresarial propia; en consecuencia, debe conter accións encamiñadas á integración plena á actividade laboral, á diversificación profesional, ao fomento do emprego en profesións en que a muller se atope subrepresentada. Neste sentido, esta resolución prevé distintas modalidades de realización de accións formativas, co fin de pór á disposición das mulleres unha ampla oferta formativa que lles permita optar pola máis axeitada ás súas necesidades laborais; así, ademais de impartir as accións formativas do directorio do Servizo Galego de Igualdade, tamén se poderá impartir formación adaptada no seu contido aos programas formativos oficiais de formación profesional, e mesmo levar a cabo proxectos formativos específicos de carácter experimental ou innovador deseñados polas entidades solicitantes.

O procedemento para a concesión de subvencións a través desta resolución seguirá o réxime xeral de concorrencia competitiva, tento en conta, en todo caso, os principios básicos de publicidade, transparencia e obxectividade; adaptarase en todo o procedemento ao establecido na normativa autonómica e na estatal e comunitaria de aplicación, con especial atención aos regulamentos comunitarios que regulan a xestión de fondos estruturais. Co fin de facilitarlles ás entidades adxudicatarias a execución das accións formativas, esta resolución prevé o pagamento en concepto de anticipo do 35%, circunstancia suxeita á autorización do Consello da Xunta.

Por todo o exposto, e no exercicio das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Finalidade.
  1. O obxecto desta resolución é fixar as bases reguladoras e a convocatoria pública, para o ano 2007, das axudas e subvencións para a realización de plans de actuación e de programas de formación a prol das mulleres mediante a execución das seguintes actuacións:

    1. Apoio a programas destinados a facilitar a inserción laboral das mulleres impulsando a súa cualificación profesional, naquelas profesións en que se atopen subrepresentadas e que sexan demandadas polo mercado de traballo.

    2. Apoio a programas de formación ocupacional coordinados con actividades de orientación profesional e plans de fomento da economía social e a promoción de empresas.

    3. Apoio a programas de formación en novas tecnoloxías para mulleres, fundamentalmente aqueles que apostan por un desenvolvemento sustentable.

    4. Apoio a proxectos formativos de carácter singular que poidan achegar un valor engadido ás accións anteriores.

    5. Apoio a programas de formación que contribúan a sacar ao mercado e aos servizos públicos os labores de coidado que realizan maioritariamente as mulleres de xeito gratuíto nos fogares.

  2. A concesión destas subvencións realizarase mediante o réxime de concorrencia competitiva segundo os criterios que se establecen no artigo 12º e resolverase dentro das dispoñibilidades orzamentarias definidas no artigo 2º.

Artigo 2º Financiamento.

As accións incluídas nesta resolución financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 05.80.313B.460.0 recollida na de Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007. O importe global destinado a elas ascende a 325.000 euros. A citada contía poderá incrementarse de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias por ampliacións, xeracións ou incorporacións de crédito, logo da publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia, sen que isto supoña a modificación do prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 3º Normativa aplicable.

A tramitación de solicitudes, concesión e xustificación destas axudas axustarase ao disposto no Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión; no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; na Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma para 2007; no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega; nesta resolución e demais normativa de aplicación.

En canto á información e publicidade das accións que se realicen ao abeiro desta resolución, rexerá o disposto no Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, que fixa normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión, e o Regulamento (CE) 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e demais normativa de aplicación.

Artigo 4º Beneficiarias das axudas.
  1. Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento das accións formativas reguladas nesta convocatoria as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

  2. As entidades locais solicitantes deberán contar cun Plan de igualdade en vigor ou en elaboración aprobado en pleno.

  3. As entidades que obteñan a concesión de axudas poderán subcontratar, por unha soa vez, a realización das accións formativas financiadas con cargo a esta convocatoria tendo en conta as seguintes limitacións, obrigas e requisitos e tendo en conta o disposto no artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións:

    1. A subcontratación en ningún caso suporá un aumento do custo da acción formativa.

    2. A necesidade de subcontratación estará debidamente motivada pola entidade beneficiaria da subvención.

    3. A coordinación da acción formativa está excluída de calquera subcontratación.

    4. A subcontratación abranguerá a totalidade da acción formativa (agás a coordinación) ou unicamente a docencia.

    5. A subcontratación pola totalidade da acción formativa só se poderá realizar con centros homologados de formación ocupacional.

    6. A entidade terá en conta que cada subcontratación se terá que realizar con subcontratistas diferentes.

    7. A subcontratación exixe autorización previa das/os delegadas/os...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR