Resolución do 29 de decembro de 2010 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de leite e determinados produtos lácteos aos/ás alumnos/as de centros escolares e se convocan para o ano 2011.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorFONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA
Rango de LeyResolución

O Regulamento (CE) nº 1234/2007, do Consello, do 22 de outubro, crea unha organización común de mercados agrícolas e establece disposicións específicas para determinados produtos agrícolas (Regulamento único para as OCM), no seu artigo 102º.3 prevé unha axuda comunitaria para a subministración aos/ás alumnos/as de centros escolares de determinados produtos lácteos transformados.

O Regulamento (CE) 657/2008, da Comisión, do 10 de xullo, modificado polo Regulamento (CE) 966/2009, da Comisión, do 15 de outubro, establece as disposicións de aplicación do antedito regulamento, no que atinxe á concesión dunha axuda comunitaria para a subministración de leite e de determinados produtos lácteos aos/ás alumnos/as de centros escolares.

A regulación da axuda recollida nesta resolución desenvolve a normativa básica estatal actualmente contida no Real decreto 487/2010, do 23 de abril, que derroga expresamente o Real decreto 194/2002, e establece as modalidades de aplicación da axuda á subministración de leite e produtos lácteos aos/ás alumnos/as de centros escolares.

Esta resolución regula na súa sección I as bases reguladoras para a tramitación e concesión das axudas para a subministración aos/ás alumnos/as de centros escolares de leite e determinados produtos lácteos e na súa sección II a convocatoria das axudas para o ano 2011.

Ademais, ten en conta o procedemento para a tramitación e concesión de axudas nesta comunidade autónoma, de conformidade co previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia así como, no que resulta de aplicación, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o Decreto 132/2006, do 27 de xullo, que regula os rexistros públicos de axudas, subvencións e convenios e de sancións administrativas, creados en virtude dos artigos 44º e 45º da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Segundo a Lei 7/1994, do 29 de decembro, de creación do Fondo Galego de Garantía Agraria -Fogga-(denominado así en virtude da disposición adicional quinta da Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e de réxime administrativo -DOG nº 251, do 30 de decembro-), o Decreto 128/1996, do 14 de marzo, que a desenvolve, e o Decreto 318/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria, correspóndelle ao dito organismo, entre outras funcións, a execución da política da consellería en relación coas accións derivadas da aplicación da política agrícola común (PAC) e a concesión de axudas para o funcionamento das distintas organizacións comúns de mercados na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30º.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, en aplicación da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das facultades previstas no artigo 2º da devandita Lei 7/1994,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

Esta resolución establece na súa sección I o procedemento para a concesión na Comunidade Autónoma de Galicia das axudas para a subministración aos/ás alumnos/as de centros escolares de leite e de produtos lácteos transformados recollidos no anexo I desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 102º.3 do Regulamento (CE) 1234/2007, do Consello, do 22 de outubro, e no Regulamento (CE) 657/2008, da Comisión, do 10 de xullo, así como no Real decreto 487/2010, do 23 de abril; e na súa sección II a convocatoria das ditas axudas para o ano 2011.

Sección I

Bases reguladoras

Artigo 2º Destinatarios/as.
  1. Serán destinatarios/as da axuda os/as alumnos/as que asistan regularmente aos centros ou establecementos escolares, recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenzan aos niveis de ensino:

    1. Educación infantil, incluídas gardarías e outros centros de educación preescolar.

    2. Educación primaria.

    3. Educación secundaria, que comprenderá a educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e a formación profesional de grao medio.

  2. Os/as destinatarios/as gozarán da axuda unicamente durante os días lectivos de desenvolvemento do curso escolar. O número de días lectivos, sen engadir os días de vacacións, será o establecido na comunidade autónoma pola autoridade competente para cada nivel de ensino e tipo de centro, e no caso de centros de educación infantil poderá facerse extensiva aos días lectivos notificados polo centro escolar dos meses estivais.

    Os/as alumnos/as non serán destinatarios da axuda durante a súa estadía en colonias de vacacións, con carácter extraescolar ou fóra do período lectivo, organizadas polo centro escolar ou pola autoridade educativa.

  3. A axuda concederáselle a un/unha solicitante autorizado/a conforme as disposicións do artigo 7º para a subministración dos produtos lácteos previstos no anexo I.

Artigo 3º Produtos lácteos que se subvencionan e restricións.
  1. A axuda concederase, exclusivamente, para os produtos lácteos a que se refire o anexo I, cando se consuman nas dependencias do establecemento escolar.

    A concesión da axuda estará supeditada a que a vantaxe que representa repercuta directamente nos/nas alumnos/as dos establecementos escolares.

  2. Para tal efecto, non se poderán utilizar os produtos obxecto de subvención na confección de comidas, salvo que non requiran un tratamento térmico e a utilización se realice nas instalacións do centro escolar.

    Ademais, prohíbese a utilización dos produtos obxecto de subvención no servizo de cafetaría dos centros escolares, así como a subministración, nos ditos centros a través de catering, cociñas centrais, comedores colectivos, residencias de estudantes ou outros establecementos e sistemas semellantes.

  3. Os produtos recollidos na lista do anexo I terán que cumprir os requisitos do Regulamento (CE) 852/2004 e do Regulamento (CE) 853/2004 e, en particular, os relativos á preparación nun establecemento autorizado así como os de marcación de identificación especificados na sección I do anexo II do Regulamento (CE) 853/2004.

Artigo 4º Contía da axuda.
  1. Os importes das axudas, por cada 100 quilos de produto de cada categoría serán os especificados no anexo VI.

  2. Non obstante o anterior, no suposto de que a axuda sexa superior ao prezo de venda aplicado polo/pola provedor/a con anterioridade á dedución da axuda, esta minorarase, de xeito que se garanta que non supere o prezo do produto en cuestión.

  3. No caso de que as cantidades de produtos subministrados se expresen en litros, a súa conversión en quilogramos efectuarase mediante a aplicación dun coeficiente de 1,03.

  4. Coa finalidade de que a axuda repercuta directamente nos/as alumnos/as dos establecementos escolares, a respectiva resolución de convocatoria das axudas fixará, no caso de que varíe nese curso escolar, o prezo máximo que deberá pagar o/a alumno/a para os diferentes produtos que se subvencionan, de acordo co custo medio da materia prima e as modificacións que, se é o caso, se produzan na contía da axuda.

Artigo 5º Cantidade máxima que se subvenciona.
  1. A axuda concederase pola cantidade máxima global de 0,25 litros de equivalente de leite por alumno/a e día lectivo.

    Para a aplicación da cantidade máxima indicada no parágrafo anterior teranse en conta o número de días lectivos e o número de alumnos/as matriculados/as durante o período comprendido por unha solicitude de pagamento, e tendo en conta o coeficiente mencionado no número 3 do artigo 4º desta resolución.

  2. No caso dos produtos das categorías II, III e V previstas no anexo I, o cálculo sinalado no número anterior efectuarase con base nas seguintes equivalencias:

    1. 100 kg de produto da categoría II equivalen a 90 kg de leite.

    2. 100 kg de produto da categoría III equivalen a 300 kg de leite.

    3. 100 kg de produto da categoría V...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR