Resolución do 25 de setembro de 2009 pola que se publican as bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorINSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Rango de LeyResolución

O Consello de Dirección do Igape, na súa reunión do 28 de xullo de 2009, adoptou o acordo de facultar o presidente do Igape a, logo da publicación da orde a que fai referencia o punto 5º do artigo 2 do Decreto 284/1994, que regula a concesión de avais polo Instituto Galego de Promoción Económica, aprobar as bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades financeiras adheridas, así como o texto do citado convenio de colaboración.

Tendo en conta o establecido na orde da Consellería de Economía e Industria do 27 de agosto (DOG nº 173, do 3 de setembro) que desenvolve o punto 5º do artigo 2 do Decreto 284/1994, que regula a concesión de avais polo Instituto Galego de Promoción Económica, así como a resolución do presidente do Igape do 7 de setembro de 2009 que aproba as bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape ), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas e a sinatura do dito convenio de colaboración o 25 de setembro de 2009.

Por todo o antedito e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único.-Publicar as bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2009.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas para a habilitación dunha liña de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas

Artigo 1º Obxecto.

Estas bases regulan o contido e procedemento de tramitación da liña de financiamento subsidiado e avalado para facilitar o acceso ao financiamento para circulante dos autónomos e as microempresas.

Artigo 2º Beneficiarios das liñas de crédito.

Poderán acceder ás liñas de financiamento previstas nestas bases aquelas empresas con domicilio fiscal en Galicia, que teñan a consideración de microempresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOUE L/214, do 9 de agosto), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), e que teñan algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas segundo os termos recollidos no artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, pola que se aproba o Estatuto do traballo autónomo.

Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda. Neste caso deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Poderán ser obxecto de financiamento ao abeiro destas bases as actividades económicas que se relacionan no anexo II.

Artigo 3º Características e condicións das operacións.

As operacións acollidas a estas bases serán pólizas de préstamo ou crédito novas, excluíndose expresamente a substitución de créditos bancarios preexistentes, coas seguintes condicións financeiras:

  1. O seu importe mínimo será de 3.000 € e o máximo de 40.000 €.

  2. O seu prazo de vixencia será de tres anos.

  3. No caso de préstamos, o primeiro ano será de carencia. Unha vez transcorrido este, o 50% do préstamo será amortizado con periodicidade mensual ou trimestral e o 50% restante será amortizado ao vencemento. No caso de pólizas de crédito, o saldo máximo dispoñible inicial manterase durante o primeiro ano, transcorrido o cal, o límite reducirase nun 25% ao principio do segundo ano, noutro 25% ao final do segundo ano e nun 50% ao vencemento.

  4. O tipo de xuro nominal anual para as operacións de crédito acollidas a este convenio será variable por semestres naturais de acordo coa seguinte norma:

    -Tipo de referencia: euríbor a prazo de 6 meses. As revisións faranse semestralmente.

    -Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que en ningún caso poida exceder de 2,75 puntos.

    As comisións máximas que a entidade financeira poderá repercutir serán do 1,5% apertura, 0,5% de estudo, e no caso de póliza de crédito ademais unha comisión de dispoñibilidade trimestral máxima do 0,50% sobre o saldo medio non disposto. Para as comisións de estudo e apertura, conxuntamente, a entidade financeira poderá estipular un mínimo de ata 100 €.

    Para estes efectos, non se considerará comisión o cobramento da tarifa de reclamación de posicións debedoras.

  5. Os fondos dispostos destas operacións deberán ser utilizados para o financiamento de circulante, entendendo como tal o pagamento de nóminas dos traballadores, impostos, seguridade social, aluguer, leasing, provedores, acredores por prestación de servizos, reparacións, cotas de débedas bancarias a longo prazo no momento do seu vencemento e cotas de leasing. En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos en inmobilizado ou activos financeiros, nin á cancelación anticipada de pasivos bancarios. A entidade financeira será responsable da comprobación destas finalidades.

  6. As garantías a favor das entidades financeiras serán o aval de sociedade de garantía recíproca adheridas ao convenio polo 90% do risco. Como garantía adicional poderán requirir garantías persoais pola parte non avalada pola SGR, pero en ningún caso depósitos de activos líquidos ou financeiros afectos á boa fin da operación nin garantías reais.

  7. As garantías a favor da SGR serán o reaval do Igape en cobertura do 25% do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais, pero en ningún caso depósitos de activos líquidos ou financeiros que poidan detraer liquidez da empresa, adicionais ás achegas reintegrables aos fondos das SGR estipuladas para a operación. As SGR tamén poderán contar con reavais e achegas de organismos públicos ou dependentes da Administración, que sumados ao reaval do Igape non poderán superar o 75% do risco asumido pola SGR.

Artigo 4º Axudas do Igape, compatibilidade e límite.

As axudas do Igape previstas para cada operación ao abeiro desta liña son as seguintes:

4.1. Axuda en forma de garantía: reaval do Igape en garantía do 25% do risco asumido pola SGR.

4.2. Subvención da comisión de aval das SGR: o Igape aboará ás SGR colaboradoras un 3% do principal do préstamo ou crédito formalizado directamente ás sociedades de garantía recíproca dentro da primeira quincena do mes seguinte a aquel en que recibisen as correspondentes liquidacións polas operacións formalizadas no trimestre anterior.

4.3. A concesión das axudas destas bases queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial, a da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.

4.4. En canto ao reaval do 25% do risco asumido pola SGR. Enténdese que cumpre os requisitos establecidos na Comunicación da Comisión 2008/C155/02 relativa á aplicación dos artigos 87 e 8...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR