Bases da convocatoria da praza de xerente da fundación.

SecciónVI. Anuncios
EmisorFUNDACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA COMARCA DO RIBEIRO

En cumprimento do establecido na Lei de Galicia 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, e de conformidade co acordo adoptado polo Padroado da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca do Ribeiro o día 17 de abril de 2002, convócanse probas de selección para cubrir, baixo a modalidade de contratación indefinida, unha praza de xerente para facerse cargo da xestión da dita fundación.

As condicións específicas do contrato de traballo, así como as funcións que realizará o xerente da fundación, estarán á disposición dos interesados na sede da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, en diante SDC, sita na estrada Santiago-Noia

km 3, A Barcia (Santiago de Compostela). Teléf: 981 54 26 08.

  1. Requisitos xerais:

    -Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

    -Ser maior de 18 anos.

    -Acreditar titulación universitaria de grao superior.

    -Acreditar unha formación mínima de 350 horas e/ou experiencia profesional dun ano en planificación e desenvolvemento local-comarcal.

  2. Coñecementos que se requiren:

    1. Coñecementos específicos:

      -Teoría e práctica do desenvolvemento comarcal: o Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

      -Teoría e metodoloxía da planificación estratéxica.

      -Metodoloxía dos procesos de desenvolvemento.

      -Dinámica do desenvolvemento e fases da planificación estratéxica.

      -Modelos aplicados de desenvolvemento territorial: análise de casos.

      -Teoría e práctica do desenvolvemento local.

      -Recursos e axentes para o desenvolvemento local e comarcal.

      -Programación e organización de actividades de formación, promoción e dinamización.

      -Actividades de promoción e desenvolvemento comarcal.

      -A animación sociocultural. Concepto. Técnicas.

      -Organización de actos de promoción sectorial.

      -Organización feiral en Galicia.

      -A Rede de Centros Comarcais de Galicia.

      -Técnicas de programación de itinerarios turísticos.

      -Organización e estructura do turismo rural en Galicia.

      -Estructura económica e social da comarca do Ribeiro.

      -Estructura e organización territorial de Galicia.

      -As administracións locais. O municipio. A provincia. Outras entidades locais. Especial referencia á comarca e á parroquia.

      -Formas de intervención da Unión Europea para o desenvolvemento rexional e local.

      -Europa: estructura territorial e organización política e administrativa.

      -As institucións europeas e o seu funcionamento.

      -A Acta Única Europea. O Tratado...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR