Decreto 41/2008, do 28 de febreiro, polo que se establecen os criterios básicos para a autorización dos programas e actividades de prevención en drogodependencias e se constitúe o Comité Técnico de Prevención de Drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

A Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre drogas, establece no seu artigo 3.3º que as actividades e programas preventivos en materia de drogodependencias «deberán contar cos obxectivos e metodoloxía acorde coa realidade social sobre a que se pretende actuar e dispoñer dun sistema de avaliación das intervencións efectuadas e dos resultados acadados».

Así mesmo, o artigo 22.2º c) da mencionada lei di que é competencia da Administración autonómica «a autorización, rexistro, acreditación e inspección de centros, programas e servizos que, postos en marcha por entidades públicas ou privadas, desenvolvan actividades e accións de intervención en materia de consumo de drogas e problemática asociada a este».

Para dar cumprimento a estes preceptos, púxose en marcha en 1998 o Sistema de Avaliación de Programas de Prevención e Incorporación Social (Sapi) e no ano 2004 a súa aplicación informática Xesapi (Xestión do Sistema de Avaliación de Prevención e Incorporación Social).

Por outra banda, o capítulo II do título III da Lei de Galicia sobre drogas está dedicado á planificación e ordenación, establecendo o artigo 23.1º que «A planificación dos obxectivos, prioridades e estratexias de actuación en materia de drogodependencias que se realicen na Comunidade Autónoma preveranse nun Plan de Galicia sobre drogas».

No Plan de Galicia sobre Drogas 2007-2009, no punto 4.1.3, xa se recolle tamén a aprobación dunha norma de autorización de programas de prevención das drogodependencias, que sexa un instrumento para promover a máxima eficiencia no investimento de recursos públicos dedicados á prevención do abuso de drogas, orientar a toma de decisións e a planificación, presentación, desenvolvemento e avaliación dos programas, e propoñer a creación de grupos técnicos de traballo en materia de prevención de drogodependencias.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Sanidade, de conformidade co ditame 52/08 do Consello Consultivo de Galicia, e segundo o disposto no artigo 37.1º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, o Consello da Xunta na súa reunión do día vinte e oito de febreiro de dous mil oito.

DISPOÑO:

Capítulo I

Obxecto e ámbito de aplicación

Artigo 1º Obxecto.

O obxecto deste decreto é a regulación dos requisitos para a autorización dos programas e actividades de prevención do consumo de drogas, e a creación do Comité Técnico de Prevención de Drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º Definicións.

Para os efectos do disposto neste decreto, entenderase por:

  1. «Programa»: conxunto ordenado de actuacións ou actividades, cunha duración temporal determinada, encamiñadas á consecución dun ou varios obxectivos relacionados entre si.

  2. «autorización»: procedemento a través do que a autoridade competente verifica e garante que un programa cumpre requisitos mínimos de calidade, e resulta de interese e utilidade para a consecución de obxectivos merecentes de financiamento e apoio público.

Artigo 3º Ámbito de aplicación.
  1. Poderán ser autorizados programas e actividades preventivos no ámbito das drogodependencias, que se desenvolvan por parte de institucións ou entidades legalmente constituídas, con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, así como os que vaian levarse a cabo no mesmo ámbito xeográfico por institucións ou organismos de carácter nacional ou internacional.

  2. Constitúe o ámbito material deste decreto:

  1. Os programas de información, consello e divulgación dirixidos aos cidadáns sobre as substancias que poidan xerar dependencia, as consecuencias do seu consumo e a súa incidencia no tocante á saúde da poboación.

  2. Os programas de prevención do uso indebido de drogas, que comprenderán actividades informativas, de asesoramento e actuacións de carácter preventivo, preferentemente nos ámbitos educativo, familiar, laboral, sanitario e comunitario.

  3. A formación en drogodependencias de profesionais dos servizos sanitarios para o asesoramento e a orientación aos usuarios.

  4. Outros programas e actuacións de prevención do uso indebido de drogas que, atendendo ás evidencias e avances científicos, se poñan en marcha ao longo do tempo.

Capítulo II

Programas e actividades de prevención das drogodependencias

Artigo 4º Requisitos dos programas e actividades preventivas en Galicia.

Os programas e actividades preventivas para os que se solicite autorización deberán ser axeitados aos obxectivos previstos no Plan de Galicia sobre Drogas, e cumprir os criterios de xustificación, coherencia e calidade que se establecen nos anexos deste decreto, baseados no Sistema de Avaliación de Programas de Prevención e Incorporación Social (Sapi), sen prexuízo doutros requisitos que se poidan establecer regulamentariamente por tipos ou grupos de programas.

Artigo 5º Financiamento público.
  1. Os programas e actividades autorizados poderán ter acceso a financiamento público con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

  2. Para tal efecto, poderanse utilizar distintos mecanismos de financiamento ou co-financiamento, con implicación doutras entidades ou organismos, baixo a forma de acordos de colaboración, convocatorias de axudas e subvencións en réxime de concorrencia competitiva, ou outros mecanismos legalmente previstos.

  3. No caso de formalizarse acordos ou convenios de colaboración con concellos, mancomunidades, organizacións non-gobernamentais ou asociacións sen ánimo de lucro, estableceranse os correspondentes protocolos internos de actividade-financiamento (PIAF), que terán por finalidade a definición e concreción dos compromisos que vai asumir cada unha das partes asinantes para o correspondente exercicio orzamentario.

Capítulo III

Comité Técnico de Prevención de Drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia

Artigo 6º Constitución.
  1. Créase o Comité Técnico de Prevención de Drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia como órgano colexiado de natureza consultiva e de apoio técnico para o cumprimento e execución das funcións encomendadas no artigo 8 deste decreto.

  2. O Comité Técnico de Prevención de Drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia adscríbese á Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias.

Artigo 7 Composición.
  1. O Comité Técnico de Prevención de Drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia estará composto polos seguintes membros:

    1. Presidente/a: o/a subdirector/a xeral de Saúde Mental e Drogodependencias.

    2. Vicepresidente/a: xefe/a da área de Prevención, Reinserción e Coordinación da Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias.

    3. Vogais:

      -Seis profesionais da rede de prevención de drogodependencias, propostos entre candidatos voluntariamente presentados no ámbito das reunións do Plan de formación continuada en materia de drogodependencias

      -Dous/dúas profesionais con recoñecida experiencia e prestixio no ámbito da prevención de drogodependencias, propostos polo/a titular da Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias.

      -Un/Unha vogal en representación do departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de asuntos sociais.

    4. Secretario/a: un/unha funcionario/a da Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias, designado/a polo/a titular desta. O/a secretario/a terá voz pero non voto nas sesións do comité.

  2. Os vogais e o/a secretario/a do Comité serán nomeados e destituídos polo órgano con rango de Dirección Xeral ao que estea adscrita a Subdirección Xeral de Saúde Mental e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR