Decreto 157/2007, do 26 de xullo, polo que se crea a Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires (República Arxentina) e se desenvolven a súa estrutura orgánica e funcións.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O artigo 2.1º do Decreto 224/2006, do 30 de novembro, polo que se regulan as delegacións da Xunta de Galicia no exterior, establece que as delegacións da Xunta de Galicia no exterior son unidades administrativas radicadas fóra do territorio do Estado español, creadas por medio de decreto do Consello da Xunta, por iniciativa da súa Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, e logo do informe preceptivo da súa oportunidade e das necesidades operativas, solicitado das consellerías e entidades con competencias materiais susceptibles de proxección internacional.

Logo de solicitar os preceptivos informes anteriormente referidos, e unha vez que as necesidades operativas e as razóns de oportunidade quedaron acreditadas no expediente, tendo en conta que Bos Aires é a cidade do mundo que conta coa máis nutrida colonia galega, resultando que máis do sesenta por cento dos expedientes de prestacións aos emigrantes galegos e os seus descendentes se inician por solicitude de residentes naquela cidade e na veciña Montevideo, cómpre crear a Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires, que estenderá o seu ámbito xeográfico de actuación á República Arxentina e á República Oriental de Uruguai, mentres non se cree a Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.

A delegación estrutúrase nunha secretaría e en distintas áreas funcionais, de acordo co disposto no artigo 4º.2 do devandito decreto, que sinala que as delegacións se estruturarán nas áreas funcionais que se establezan no seu decreto de creación, respectándose en todo caso o principio de unidade de acción.

Na súa virtude, por iniciativa da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e con informe dos seguintes departamentos e entidades: Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Consellería do Medio Rural, Consellería de Cultura e Deporte, Consellería de Sanidade, Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, Consellería de Traballo, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Secretaría Xeral de Emigración, Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e seis de xullo de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

Este decreto ten por obxecto a creación da Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires (República Arxentina), a aprobación da súa estrutura orgánica e o desenvolvemento das súas normas de funcionamento.

Artigo 2º Estrutura orgánica.

2.1. A delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires é a unidade administrativa da Xunta de Galicia, adscrita á Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, á que se lle atribúe a execución das funcións establecidas no artigo 3 do Decreto 224/2006, do 30 de novembro, polo que se regulan as delegacións da Xunta de Galicia no exterior. A súa área xeográfica de actuación será a República Arxentina e a República Oriental de Uruguai.

2.2. Á fronte da delegación haberá un delegado ou delegada nomeado/a polo Consello da Xunta de Galicia, por...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR