Decreto 159/2007, do 26 de xullo, polo que se regula o sistema de acreditación das entidades de control de calidade na edificación e se crea o Rexistro único de entidades e laboratorios acreditados na Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO
Rango de LeyDecreto

A Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación, no seu artigo 14 define como axentes da edificación as entidades e laboratorios de control de calidade na edificación e establece as súas obrigas, entre as cales figura a de xustificar a capacidade suficiente para realizar os traballos contratados, se for o caso, a través da correspondente acreditación oficial outorgada polas comunidades autónomas con competencia na materia.

Mediante o Decreto 441/1990, do 6 de setembro, a Xunta de Galicia aprobou o sistema para a acreditación dos laboratorios de ensaios para o control de calidade da construción segundo o sistema básico común ao resto das comunidades autónomas, recollido no Real decreto 1230/1989, do 13 de outubro.

Na actualidade as competencias exclusivas en materia de vivenda previstas no artigo 27.3º do Estatuto de autonomía correspóndenlle á Consellería de Vivenda e Solo, segundo se establece no Decreto 505/2005, do 22 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Vivenda e Solo.

Por outra banda, a Consellería de Innovación e Industria é o órgano competente da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal lle corresponde, entre outros, o exercicio das competencias e funcións no ámbito enerxético.

Así mesmo, os cambios normativos na regulación da edificación durante estes últimos anos, xa sexa por transposición de directivas comunitarias como a Directiva 89/106/CEE, do 21 de decembro de 1988, sobre produtos da construción, ou a Directiva 2002/91/CEE sobre eficiencia enerxética, a mencionada Lei 38/1999, de ordenación da edificación, así como a recente aprobación do Código técnico da edificación polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo, motiva a necesidade de regular o sistema de acreditación das entidades de control de calidade, establecendo as disposicións reguladoras xerais para a súa acreditación, ademais de determinar o procedemento de acreditación, así como regular as áreas de asistencia técnica en que a súa actividade se desenvolva.

A acreditación desenvolvida neste decreto é conforme cos criterios xerais de acreditación acordados pola comisión técnica para a calidade da edificación e na súa tramitación cumpriuse o trámite de audiencia a todos os axentes da edificación.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Vivenda e Solo, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galiciana súa reunión do día vinte e seis de xullo de dous mil sete,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións de carácter xeral

Artigo 1º Obxecto e ámbito de aplicación.

O obxecto deste decreto é a regulación do sistema de acreditación de entidades de control de calidade da edificación (en diante ECCE) e a creación do rexistro único dos laboratorios e entidades de control de calidade na edificación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º Entidades de control de calidade da edificación.
  1. As entidades de control de calidade da edificación (ECCE) son axentes da edificación que prestan asistencia técnica na verificación da calidade do proxecto, dos materiais e da execución da obra e das súas instalacións de acordo co proxecto de edificación e coa normativa aplicable en calquera dos ámbitos da edificación e para calquera fase do proceso edificatorio.

    Entenderase incluída nesta actividade a elaboración de estudos, supervisións, avaliacións ou calquera outra actividade relacionada coa calidade das edificacións e as súas instalacións.

  2. As ECCE estarán obrigadas a:

    1. Dispoñer da acreditación oficial que recoñece a capacidade suficiente de medios materiais e humanos necesarios para prestar asistencia técnica á verificación da calidade do proxecto, dos materiais e da execución das obras e as súas instalacións.

    2. Prestar asistencia técnica e entregar os resultados da súa actividade ao/á axente da edificación autor/a do encargo e , segundo a fase do proceso edificatorio, ao/á ao/á proxectista, ao/á director/a da obra, ao/á director/a da execución da obra e ó/a responsable do mantemento.

  3. O sistema de acreditación para a prestación da asistencia técnica para a verificación da calidade da edificación desenvólvese mediante as disposicións reguladoras das condicións xerais da acreditación establecidas neste decreto, así como mediante as disposicións reguladoras específicas das condicións técnicas das áreas de acreditación que poidan ditarse para determinadas áreas de acreditación.

Artigo 3º Natureza da acreditación.
  1. A acreditación supón o recoñecemento expreso por parte da Administración da comunidade autónoma da capacidade da ECCE para prestar asistencia técnica na verificación da calidade descrita no artigo anterior, na forma e coas condicións que se regulan neste decreto e nas disposicións que o desenvolvan.

  2. A acreditación concederase a unha ECCE determinada e, en consecuencia, non pode ser transferida.

  3. A acreditación outorgarase a unha ECCE con carácter específico para a área de acreditación en que se inscribe, sen que en ningún caso poida entenderse outorgada con carácter xeral.

  4. Aínda que a acreditación supón o recoñecemento pola Administración da capacidade técnica das ECCE para realizar axeitadamente os traballos contratados, estas serán responsables das súas actuacións e resultados.

Artigo 4º Áreas de acreditación.
  1. As áreas de acreditación son os distintos ámbitos técnicos en que unha ECCE pode prestar asistencia técnica.

  2. Os ámbitos técnicos indicados no número anterior virán definidos en función:

    2.1. Do ámbito da edificación en que a ECCE desenvolve a súa actividade, utilizando as clasificacións que se indican no artigo 2.1º da Lei 38/1999, do 5 de novembro:

    Grupo A: edificacións cuxo uso principal sexa administrativo, sanitario, relixioso, residencial en todas as súas formas, docente, cultural e social.

    Grupo B: edificacións cuxo uso principal sexa aeronáutico, agropecuario, da enerxía, da hidráulica, mineiro, de telecomunicacións (referido á enxeñaría das telecomunicacións), do transporte terrestre, marítimo, fluvial e aéreo, forestal, industrial, naval, da enxeñaría do saneamento e hixiene e accesorio ás obras de enxeñaría e a súa explotación.

    Grupo C: todas as demais edificacións cuxos usos non estean expresamente relacionados nos Grupos anteriores.

    2.2. En función da fase do proceso edificatorio en que se desenvolva a súa actividade. As fases en que se divide o proceso edificatorio serán as seguintes:

    Proxecto, fase na cal a ECCE verifica e avalía a solución técnica recollida no proxecto básico e/ou de execución segundo a normativa técnica aplicable.

    Obra, fase na cal a ECCE inspecciona e determina a adecuación do executado ao proxecto de execución e a normativa técnica aplicable.

    Mantemento, fase na cal a ECCE verifica e avalía o plan de mantemento do edificio construído, e efectúa a inspección e análise, determinando as...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR