Resolución do 5 de marzo de 2007, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o ano 2007.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

A existencia de asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes maniféstase como unha consecuencia lóxica dos movementos migratorios, e é unha canle de convivencia e integración social destes colectivos nas sociedades onde desenvolven as súas actividades, así como de mantemento das tradicións culturais dos países de orixe ou de emigración dos seus asociados.

Este fenómeno asociativo, que pode considerarse homoxéneo na xeografía das sociedades occidentais e que, na maioría dos supostos deriva dos movementos migratorios consecuencia dos cambios acaecidos na nova orde económica mundial, no caso de Galicia maniféstase cunha peculiaridade derivada da súa caracterización de comunidade eminentemente emigratoria do século XX e que, nos últimos anos do século anterior, supuxo o retorno de emigrantes co fin de acadar unha nova vida laboral ou desfrutar do seu retiro, despois dun período de traballo no exterior.

Esta resolución ten como finalidade contribuír á existencia destas asociacións a través de axudas que lles permitan a realización das súas actividades, que contribúan a aqueles fins de convivencia, integración social e mantemento de tradicións culturais, considerando estas, ademais, desde un punto de vista de interculturalidade coa sociedade galega.

Tendo en conta o anterior, aínda que esta resolución de axudas se dirixe a asociacións que maioritariamente sexan de emigrantes retornados e inmigrantes, valórase que nas ditas asociacións e nas súas actividades participen membros da sociedade galega que non teñan ese carácter, ou doutros colectivos, como canle de integración social e consecución de fins de interculturalidade.

Tras a publicación do Decreto 211/2005, do 3 de agosto, que establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, o Decreto 231/2005, do 11 de agosto, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e o Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral de Emigración configúrase como o órgano superior da Administración da Comunidade Autónoma a que lle corresponden, entre outras, as competencias en política inmigratoria e de retorno en Galicia, así como a xestión de todos os procedementos que desas materias se deriven.

Así mesmo, a disposición adicional segunda do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia desconcentra no secretario xeral de Emigración a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

Esta convocatoria, ademais das bases establecidas nela, adáptase ao disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e ao Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

A financiación das axudas previstas nesta resolución de convocatoria farase con cargo aos créditos dos programas 04.50.312C.481.0 (180.000 euros) e 04.50.312C.781.0 (80.000 euros) que figuran na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2007.

Por todo o exposto, e no exercicio das facultades que me confire a disposición adicional segunda do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Artigo 1º Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto regular, para o exercicio 2007, a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociaciones de emigrantes retornados e inmigrantes radicadas en Galicia e que desenvolvan programas que favorezan a integración social destes colectivos na nosa comunidade autónoma.

Artigo 2º Requisitos das entidades solicitantes.

As asociacións que soliciten a axuda con cargo a esta convocatoria deberán reunir, na data do remate do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

  1. Estar debidamente inscrita como asociación sen ánimo de lucro no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e constituída maioritariamente por emigrantes retornados ou inmigrantes.

  2. Ter entre os seus fins estatutarios a atención a emigrantes retornados ou á poboación inmigrante en Galicia, e así conste expresamente nos seus estatutos.

  3. Dispor dun local para uso propio no territorio autonómico en que se realicen as actividades.

  4. Desenvolver programas que favorezan a integración social destes colectivos.

  5. Ter xustificado, de ser o caso, e antes do remate do prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria, todas as subvencións concedidas por este departamento.

Artigo 3º Orzamento.

A concesión das axudas previstas nesta resolución de convocatoria farase con cargo aos créditos das aplicacións orzamentarias 04.50.312C.481.0 (180.000 euros) e 04.50.312C.781.0 (80.000 euros), que se inclúen nos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2007, quedando condicionada a concesión destas axudas ao dito límite orzamentario.

Non obstante, a dita asignación orzamentaria poderá ser incrementada de acordo coa dispoñibilidade orzamentaria.

Artigo 4º Comisión de avaliación e órgano competente para a xestión das axudas.

Correspóndelle á Secretaría Xeral de Emigración a realización das tarefas de xestión desta convocatoria, sempre de acordo coa existencia de dispoñibilidades orzamentarias. Para isto, crearase unha comisión de avaliación, que ademais será órgano instrutor, presidida polo subdirector xeral de Xestión de Programas do Retorno e a Inmigración, ou persoa en que delegue, e composta polos seguintes membros:

-A xefa...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR