Resolución do 10 de abril de 2006, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións de inmigrantes e emigrantes retornados para o ano 2006.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

A existencia de asociacións de inmigrantes e emigrantes retornados maniféstase como unha consecuencia lóxica dos movementos migratorios, sendo unha canle de convivencia e integración social destes colectivos nas sociedades en que se implantan, así como de mantemento das tradicións culturais dos países de orixe dos seus asociados.

Este fenómeno asociativo, que pode considerarse homoxéneo na xeografía das sociedades occidentais e que, na maioría dos supostos deriva dos movementos migratorios consecuencia dos cambios acaecidos na nova orde económica mundial, no caso de Galicia maniféstase cunha peculiaridade derivada da súa caracterización de comunidade eminentemente emigratoria do século XX, e que nos últimos anos do século anterior, supuxo o retorno de emigrantes co fin de acadar unha nova vida laboral ou desfrutar do seu retiro, despois dun período de traballo no exterior.

A presente resolución ten como finalidade contribuír á existencia destas asociacións a través de subvencións que lles permitan a realización das súas actividades, que contribúan a aqueles fins de convivencia, integración social e mantemento de tradicións culturais, considerando estas, ademais, desde un punto de vista de interculturalidade coa sociedade galega.

Tendo en conta o anterior, aínda que a presente resolución de axudas se dirixe a asociacións que maioritariamente sexan de inmigrantes e emigrantes retornados, valórase que nas ditas asociacións e nas súas actividades participen membros da sociedade galega que non teñan ese carácter, ou doutros colectivos, como canle de integración social e consecución de fins de interculturalidade.

Tras a publicación do Decreto 211/2005, do 3 de agosto, que establece a estrutura orgánica da Xunta

de Galicia, o Decreto 231/2005, do 11 de agosto, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e o Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral de Emigración configúrase como o órgano superior da Administración da comunidade autónoma ao que lle corresponden, entre outras, as competencias en política inmigratoria e de retorno en Galicia, así como a xestión de todos os procedementos que desas materias se deriven.

Así mesmo, a disposición adicional segunda do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia desconcentra no secretario xeral de Emigración a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

A presente convocatoria, ademais das bases establecidas nela, adáptase ao disposto no artígo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e ao Decreto 287/2000.

O financiamento das axudas previstas nesta resolución de convocatoria farase con cargo aos créditos dos programas 04.50.213A.480.0 (160.000 euros) e 04.50.213A.780.0 (60.000 euros) que figuran na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2006.

Por todo o exposto, e no exercicio das facultades que me confire a disposición adicional segunda do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto regular, para o exercicio 2006, a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes radicadas en Galicia e que desenvolvan programas que favorezan a integración social destes colectivos na nosa comunidade autónoma.

Artigo 2º Requisitos das entidades solicitantes.

As asociacións que soliciten a axuda con cargo a esta convocatoria deberán reunir, na data do remate do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

  1. Estar debidamente inscrita como asociación sen ánimo de lucro no rexistro de asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e constituída maioritariamente por inmigrantes ou emigrantes retornados.

  2. Ter entre os seus fins estatutarios a atención a emigrantes retornados ou á poboación inmigrante en Galicia, e así conste expresamente nos seus estatutos.

  3. Dispor dun local para uso propio no territorio autonómico no que se realicen as actividades.

  4. Desenvolver programas que favorezan a integración social destes colectivos.

  5. Ter xustificadas, se é o caso, e antes do remate do prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria, todas as subvencións concedidas por este departamento.

Artigo 3º Orzamento.

A concesión das axudas previstas nesta resolución de convocatoria farase con cargo aos créditos das aplicacións orzamentarias 04.50.213A.480.0 (160.000 euros) e 04.50.213A.780.0 (60.000 euros), que se inclúen nos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2006, quedando condicionada a concesión destas axudas ao dito límite orzamentario.

No entanto, a dita asignación orzamentaria poderá ser incrementada de acordo coa dispoñibilidade orzamentaria.

Artigo 4º Comisión de avaliación e órgano competente para a xestión das axudas.

Correspóndelle á...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR