Resolución do 5 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega, durante o ano 2008.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

A Comunidade Autónoma galega participa nos últimos anos do crecemento que a poboación inmigrante extracomunitaria está a experimentar en España. Debido ao incremento desta poboación e a necesidade de abordar esta nova realidade cómpre levar a cabo o desenvolvemento de políticas de apoio á inmigración que permitan incrementar os esforzos humanos e orzamentarios dedicados aos procesos da súa integración.

Por outra banda, a Administración do Estado e as comunidades autónomas elaboraron un marco de cooperación para a xestión do fondo de apoio á acollida e á integración de inmigrantes, así como o seu reforzo educativo que foi creado no ano 2005. O crédito destinado a este fondo e un novo marco de cooperación definen os eixes de actuación en que se enmarcan as liñas de acción que desenvolverán as comunidades autónomas.

Os recursos do dito fondo permítenlle á Comunidade Autónoma de Galicia xuntar esforzos e abordar desde unha concepción ampla a integración da poboación inmigrante extracomunitaria, permitindo que a actual sociedade, cada vez máis dinámica e complexa, se vexa beneficiada coa efectiva inserción destes colectivos.

Non se pode descoñecer que a integración en materia de inmigración require a participación de todos os axentes implicados, tanto públicos como privados, pero é salientable o papel que desempeñan os entes locais no desenvolvemento de programas de integración, polo que, a través desta resolución, se regula a concesión de axudas, en concorrencia competitiva, a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de integración da poboación inmigrante extracomunitaria e conseguir a súa incorporación e participación en todos os ámbitos da sociedade galega.

O Decreto 211/2005, do 3 de agosto, que establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; o Decreto 231/2005, do 11 de agosto, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e o Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, configura a Secretaría Xeral de Emigración como o órgano superior da Administración da comunidade autónoma ao cal lle corresponden, entre outras, as competencias en política inmigratoria en Galicia, así como a xestión de todos os procedementos que desas materias deriven.

Así mesmo, a disposición adicional segunda do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, desconcentra no secretario xeral de Emigración a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

Esta convocatoria, ademais das bases establecidas nela, adáptase ao disposto na normativa de aplicación, especialmente á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia en canto sexa de aplicación.

O financiamento das axudas previstas nesta resolución de convocatoria farase con cargo ao crédito da aplicación orzamentaria 04.50.312C.460.0 que figura na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2008.

Por todo o exposto, e no exercicio das facultades que me confire a disposición adicional segunda do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Artigo 1 Obxecto.

O obxecto da resolución é regular os requisitos e condicións para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega, así como o seu reforzo educativo, no ano 2008.

Artigo 2º Requisitos das entidades solicitantes.
  1. As subvencións que se convocan por esta resolución poderán ser solicitadas por aqueles concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais da Comunidade Autónoma galega que cumpran, na data do remate do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

    1.1. Desenvolver actuacións que favorezan a integración do colectivo inmigrante na Comunidade Autónoma de Galicia.

    1.2. Non incorrer en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións, enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    1.3. Ter xustificado debidamente outras subvencións recibidas con anterioridade por este departamento.

  2. As entidades locais que teñan subscrito algún convenio coa Secretaría Xeral de Emigración poderán igualmente presentar solicitudes de subvención ao abeiro desta resolución, sempre que as actuacións propostas sexan distintas a aquelas financiadas a través dos convenios en vigor.

  3. Os solicitantes deberán manter os requisitos exixidos durante todo o exercicio económico para o cal se concede a subvención.

Artigo 3º Orzamento.
  1. A concesión de axudas previstas nesta resolución de convocatoria farase con cargo ao crédito da aplicación orzamentaria 04.50.312C.460.0 (1.060.000 €) que se inclúe nos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2008, quedando condicionada a concesión destas axudas ao dito límite orzamentario.

  2. A contía das axudas que sexan recoñecidas ao abeiro desta resolución ascende a un total de 1.060.000 €, coa seguinte distribución:

    -Eixe de educación: 200.000 €.

    -Eixe de emprego: 200.000 €.

    -Eixe de vivenda: 125.000 €.

    -Eixe de servizos sociais: 200.000 €.

    -Eixe de muller: 185.000 €

    -Eixe de sensibilización: 150.000 €.

  3. Se, como resultado da presentación de solicitudes e das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución, algún dos eixes subvencionables, coa excepción do eixe de educación, non resultase cuberto na totalidade da contía prevista anteriormente, poderase proceder a unha redistribución da contía non cuberta entre todos ou algúns do eixes restantes.

  4. As asignacións orzamentarias poderán ser incrementadas de acordo coa dispoñibilidade orzamentaria, debendo, neste suposto, distribuírse por eixes.

Artigo 4º Accións subvencionables e contía da axuda.
  1. A contía concreta e certa da subvención determinarase en cada caso tendo en conta o custo do proxecto presentado obxecto de subvención e da aplicación dos criterios de valoración establecidos nesta resolución, podendo acadar o 100% do investimento aqueles proxectos que obtivesen o máximo número de puntos previstos no artigo 6, de acordo co número de entidades beneficiarias e as dispoñibilidades orzamentarias.

  2. Poderanse subvencionar con cargo a esta resolución os gastos correntes, incluídos os custos indirectos de acordo co artigo 29.9º da Lei de subvencións de Galicia, que se lles orixinen aos concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais aos cales se lles conceda a subvención para a realización dos programas previstos no artigo 5º.

  3. O órgano competente, de ser o caso, procederá á distribución entre os beneficiarios do importe global máximo destinado ás subvencións.

Artigo 5º Eixes e programas subvencionables.
  1. Con cargo a esta resolución só se poderán subvencionar proxectos e accións referidos aos eixes e programas que se detallan a continuación:

    1.1. Eixe de educación.

    1.1.a) Programas de acollida educativa: información, orientación e acompañamento para o acceso e a integración no sistema educativo; prevención do absentismo escolar.

    A través destes programas realizaranse accións de información, orientación e acompañamento destinadas a facilitar o acceso e a integración no sistema educativo. Tamén se incluirán nesta epígrafe actividades de prevención do absentismo escolar.

    1.1.b) Programa de reforzo educativo: programas de apoio e compensación educativa en centros escolares; aprendizaxe das linguas da sociedade de acollida, e reforzo do sistema de axudas no ámbito escolar.

    Co obxectivo de atender o desfase curricular derivado da procedencia doutros sistemas educativos ou escolarizacións anteriores deficientes, desenvolveranse accións de compensación e reforzo educativo para o alumnado inmigrante en Galicia, así como aquelas accións encamiñadas á aprendizaxe das linguas da sociedade de acollida. Neste programa tamén se...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR