Resolución do 29 de maio de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2009.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

O Plan Galego de Cidadanía, Convivencia e Integración 2008-2011, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia en febreiro de 2008, dentro dos 13 obxectivos previstos nel, o primeiro deles é o de Acollida que, ademais, ten carácter transversal.

Isto pon de manifesto a importancia deste obxectivo de Acollida, non só desde un punto de vista cualitativo, ao poder consideraralo como o primeiro e esencial para a plena integración das persoas inmigrantes, senón cuantitativo, á vista do seu carácter transversal, que o fai omnipresente en todas as accións das entidades públicas e privadas, reforzando aquela importancia e dándolle unha dimensión cuantitativa maior que a dos outros obxectivos.

A incorporación e participación da poboación retornada e inmigrante nos distintos ámbitos da sociedade galega fan necesario o desenvolvemento de actuacións e proxectos que contribúan á súa integración plena e que permitan acadar unha convivencia plural e diversa na sociedade galega.

Os procesos de acollida adquiren unha importancia relevante no eido da Administración local por ser a máis próxima ao cidadán, e nela detéctanse as principais necesidades e demandas da poboación retornada e inmigrante e, como consecuencia, desenvólvense os primeiros procesos de acollida, información, orientación, atención e integración destes colectivos. As entidades locais, polo tanto, configúranse como as entidades as que se dirixe inicialmente a poboación retornada e inmigrante buscando resposta ás súas demandas e que utilizan como vía de acceso aos recursos normalizados existentes na sociedade galega. Todo isto fai preciso que sexa neste ámbito onde se reforcen os servizos en materia de retorno e inmigración.

Neste sentido, e co fin de acadar a plena integración da poboación inmigrante extracomunitaria, a Administración do Estado e as comunidades autónomas elaboraron un Marco de Cooperación para a xestión do Fondo de Apoio á Acollida e á Integración de Inmigrantes, así como o seu reforzo educativo, que foi creado no ano 2005. O Consello da Xunta de Galicia autorizou a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en nome da Xunta de Galicia, e o Ministerio de Traballo e Inmigración, para o desenvolvemento de actuacións de acollida e integración de persoas inmigrantes, así como de reforzo educativo. As actuacións desenvolvidas pola Comunidade Autónoma de Galicia en materia de atención á poboación inmigrante extracomunitaria recóllense anualmente nun Plan de Acción consonte co establecido no Marco de Cooperación para la Gestión del Fondo de Apoyo a la Acogida y la Integración de Inmigrantes, documento onde se establecen os eixes e liñas de actuación que permitan dar cumprimento ao fin establecido no convenio de referencia, configurado como a promoción da acollida, integración e reforzo educativo das persoas inmigrantes.

Polo exposto e co obxecto de dar continuidade a este marco de apoio para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida, a Secretaría Xeral da Emigración volve convocar esta liña de axudas destinada ás entidades locais.

O Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, o Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e o Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, configura a Secretaría Xeral da Emigración como o órgano superior da Administración da comunidade autónoma ao que lle corresponden, entre outras, as competencias en política do retorno e inmigración en Galicia, así como a xestión de todos os procedementos que desas materias se deriven.

Así mesmo, a disposición adicional segunda do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia desconcentra no secretario xeral da Emigración a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

Esta convocatoria, ademais das bases establecidas nela, adáptase ao disposto na normativa de aplicación, especialmente á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O financiamento das axudas previstas nesta resolución de convocatoria farase con cargo ao crédito da aplicación orzamentaria 04.50.312C.460.0 que figura na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2009.

Por todo o exposto, e no exercicio das facultades que me confire a citada disposición adicional segunda do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Artigo 1º Obxecto.

O obxecto desta resolución é regular os requisitos e condicións para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega, no ano 2009.

Artigo 2º Requisitos das entidades solicitantes.
  1. As subvencións que se convocan pola presente resolución poderán ser solicitadas por aqueles concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais da Comunidade Autónoma galega que cumpran, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

    1.1. Desenvolver actuacións que favorezan a integración do colectivo retornado e inmigrante na Comunidade Autónoma de Galicia.

    1.2. Ter xustificadas as subvencións concedidas por este departamento no ano 2008.

    1.3. Non incorrer en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións, enumeradas no artigo 10, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    1.4. O número de inmigrantes extracomunitarios empadroados na entidade local deberá ser superior a 100 persoas. Para estes efectos, teranse en conta os datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2008.

    1.5. Ademais do establecido no punto anterior, a porcentaxe de estranxeiros extracomunitarios empadroados deberá ser superior ao 0,50 % do total da poboación. Para estes efectos, teranse en conta os datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2008.

  2. As entidades locais que teñan subscrito algún convenio coa Secretaria Xeral da Emigración poderán igualmente presentar solicitudes de subvención ao abeiro desta resolución, sempre que as actuacións propostas sexan distintas a aquelas financiadas a través dos convenios en vigor.

  3. Os solicitantes deberán manter os requisitos exixidos durante todo o exercicio económico para o que se concede a subvención.

Artigo 3º Orzamento.
  1. A concesión de axudas previstas nesta resolución de convocatoria farase con cargo ao crédito da aplicación orzamentaria 04.50.312C.460.0 que figura na Lei de orzamentos da comunidade autónoma para o ano 2009, quedando condicionada a concesión destas axudas ao límite orzamentario establecido no punto seguinte.

  2. A asignación orzamentaria desta resolución é de 417.000 euros, que poderá ser incrementada de acordo coa dispoñibilidade orzamentaria.

Artigo 4º Accións subvencionables e contía da axuda.
  1. A contía concreta e certa da subvención determinarase en cada caso tendo en conta o custo do proxecto presentado obxecto de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR