Decreto 106/2007, do 31 de maio, sobre a distribución de competencias na aplicación e control da condicionalidade en relación ao desenvolvemento rural e ás axudas directas da política agrícola común.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyDecreto

A política agrícola común (en diante PAC) foi integrando progresivamente desde os anos 90 as novas demandas da sociedade europea cara ao desenvolvemento sustentable. Neste senso, o ambiente, a saúde pública, a sanidade e o benestar dos animais son algúns dos novos condicionantes da PAC.

A axenda 2000 incorpora o concepto de ecocondicionalidade, fixando unhas condicións agrarias e ambientais que os agricultores tiñan que cumprir. A reforma da PAC do ano 2003 amplía o concepto de ecocondicionalidade, que pasa a chamarse condicionalidade, e incorpora os requisitos legais de xestión a esas condicións a cumprir, comezando a aplicarse en Galicia no ano 2005.

O Regulamento (CE) 1782/2003, do Consello, do 29 de setembro, polo que se establecen disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa no marco da política agrícola común e se instauran determinados réximes de axuda aos agricultores, establece no seu título II, capítulo I, os requisitos principais para a aplicación da condicionalidade, concretados na obriga dos agricultores e gandeiros que reciben pagamentos directos de cumprir os requisitos legais de xestión sinalados no seu artigo 4 e no anexo III, así como as boas condicións agrarias e ambientais, establecidas no seu artigo 5 e no anexo IV. Ademais, no seu artigo 25 prevense as normas xerais para a realización dos controis de condicionalidade.

O Regulamento (CE) 1975/2006 da Comisión, do 7 de decembro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural, estipula no seu artigo 19 que se entende por condicionalidade as obrigas contidas no artigo 51.1º do mesmo; este punto especifica que os solicitantes de determinadas liñas de axuda das contempladas no artigo 36 dese regulamento deberán cumprir coas obrigas estipuladas nos artigos 4 e 5 e nos anexos III e IV do Regulamento (CE) 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro.

O incumprimento destas condicións e requisitos suporá para o beneficiario dos pagamentos directos das axudas PAC e/ou de determinadas liñas de axuda ao desenvolvemento rural unha diminución, e incluso exclusión, deles. O sistema de reducións e exclusións das axudas directas a través da condicionalidade ten como obxectivo constituír un incentivo para que os agricultores respecten a normativa existente nos seus diferentes ámbitos, contribuíndo deste xeito a que o sector agrario cumpra cos principios do desenvolvemento sustentable.

Pola súa banda, o Regulamento (CE) 796/2004, da Comisión, do 21 de abril, polo que se establecen disposicións para a aplicación da condicionalidade, a modulación e o sistema integrado de xestión e control previstos no Regulamento (CE) 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro, desenvolve no seu título III, capítulo II, os aspectos relacionados cos controis administrativos e sobre o terreo que garantan a comprobación eficaz do cumprimento dos requisitos e normas aplicables en relación coa condicionalidade; e no título IV, capítulo II, a aplicación das reducións e exclusións dos pagamentos directos nos casos do seu incumprimento.

De conformidade coa dita normativa comunitaria, o Real decreto 2352/2004, do 23 de decembro, sobre a aplicación da condicionalidade en relación coas axudas directas no marco da PAC (BOE nº 309, do 24 de decembro), establece as boas condicións agrarias e ambientais que deberá cumprir o agricultor consonte a condicionalidade das axudas da PAC, así como un sistema para a aplicación dos controis e as reducións nos pagamentos ou a súa exclusión.

O artigo 6 deste real decreto atribúelle ao Fondo Español de Garantía Agraria (en diante FEGA) a condición de autoridade nacional encargada do sistema de coordinación dos controis de condicionalidade, precisando, así mesmo, que serán os órganos competentes da respectiva comunidade autónoma, na súa condición de autoridades responsables no seu ámbito territorial das actividades de control, os que designen os correspondentes órganos ou organismos de control para asegurar a observancia dos requisitos legais de xestión e para velar, de ser o caso, polo cumprimento das boas condicións agrarias e ambientais. En todo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR