Decreto 15/2006, do 2 de febreiro, polo que se establece a composición do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Rango de LeyDecreto

A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (DOG do 23 de agosto), crea no artigo 14 o Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, e determina que estará composto por un presidente, un secretario e os vogais que representen as universidades, a comunidade autónoma e os axentes sociais do modo que regulamentariamente se determine.

No artigo 15 da Lei 12/1993, establécense entre as funcións do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, as de propoñerlle obxectivos para a súa incorporación ao Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, propoñerlle á Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga) a incorporación ao plan daqueles programas que considere importantes e a de emitir informe sobre o anteproxecto do plan, así como calquera outro que lle sexa requirido pola Cicetga de cara á elaboración da memoria anual.

A composición do Consello Asesor foi inicialmente establecida polo Decreto 141/1995, do 10 de maio (DOG nº 101, do 29 de maio), e posteriormente polo Decreto 14/1998, do 15 de xaneiro (DOG nº 12, do 20 de xaneiro). Os nomeamentos e cesamentos dos seus membros fixéronse a través de varios decretos (Decreto 416/1996, do 21 de novembro; Decreto 21/1998, do 22 de xaneiro; Decreto 23/1998, do 22 de xaneiro; Decreto 250/1998, do 10 de setembro; Decreto 223/2000, do 29 de setembro).

Os cambios producidos desde o establecemento da última composición do Consello Asesor en 1998, tanto na estrutura da Xunta de Galicia, como noutras institucións que o compoñen, fan necesario que se proceda a renovar a súa composición e proceder a nomear os seus novos membros.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Innovación e Industria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de febreiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico estará composto por un total de 19 membros: un presidente, os tres reitores das universidades de Galicia, tres representantes da Administración autonómica, o delegado do Consello Superior de Investigacións Científicas en Galicia,

seis representantes dos axentes sociais, catro representantes de recoñecido prestixio no ámbito da I+D+I e un secretario; todos eles serán nomeados por orde do conselleiro de Innovación e Industria.

...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR