Decreto 294/2002, do 17 de outubro, polo que se constitúe e regula a composición e as funcións do Consorcio Audiovisual de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónomo de Galicia, consonte o disposto nos artigos 148.1.17ª e 149.1.27ª da Constitución española, e nos artigos, 27.19º, 32 34 do Estatuto de autonomía de Galicia, ten a potestade para lexislar no eido audiovisual, e ó seu abeiro, dictou a Lei 6/1999, do 1 de setembro, do audiovisual de Galicia.

Pola súa parte, o artigo 6.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e os artigos 149 ó 152 e o 196 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia prevén a creación dun consorcio cando a xestión dun convenio entre administracións públicas faga necesario a creación dunha organización común.

Dito consorcio adoptará a forma de entidade de dereito público de carácter interadministrativo, que disporá dun patrimonio e unha personalidade xurídica propia e terá plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins.

Sen prexuízo da integración na composición do consorcio das diferentes administracións e entidades públicas, nel poderán participar outras entidades privadas sen ánimo de lucro que persigan un interese público concorrente coas anteriores.

A importancia cultural e económica do sector audiovisual galego, e a súa consideración de sector estratéxico na propia Lei 6/1999, do 1 de setembro, do audiovisual de Galicia, esixe que as diferentes actuacións e medidas que se leven a cabo precisen dunha acción conxunta das diferentes administracións e institucións implicadas, a través da configuración dun marco e un método específico e estable que permita levala a cabo con éxito.

Este consorcio concíbese como un instrumento executivo de esforzo combinado daquelas e a súa pertenza foi corraborada polos acordos adoptados que se recollen no convenio subscrito por tódalas administracións colaboradas.

A xestión dos servicios que require o esforzo público combinado, o marco definido pola Lei 30/1992, do 20 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a Lei 6/1999, do 1 de setembro, do audiovisual de Galicia, e a cobertura xeral que ofrece

a normativa en materia de réxime local, xustifica a concepción e o deseño do consorcio como unha organización idónea para facilita-la coordinación e a colaboración leal e activa da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e da Administración local, sen prexuíxo da participación doutras entidades, institucións e asociacións que non persigan ánimo de lucro.

Na nosa Comunidade Autónoma o desenvolvemento dunha industria audiovisual propia constitúe un piar fundamental na defensa da cultura, do idioma e da personalidade de Galicia. Polo tanto, a creación do consorcio, configurado como unha enditade de dereito público, pretende a participación e integración de administracións públicas e de entidades privadas, co fin de conseguir un anceio común: o pulo e desenvolvemento dunha industria cinematográfica galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de outubro de dous mil dous.

DISPOÑO:

Artigo único
  1. Apróbase a constitución do Consorcio Audiovisual de Galicia, e apróbanse os seus estatutos, que se publican como anexo deste decreto.

  2. O Consorcio Audiovisual de Galicia estará constituído pola Xunta de Galicia, representada pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a Consellería de Economía e Facenda, a Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as deputacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra; e goza de personalidade xurídica propia e capacidade suficiente para o cumprimento das súas finalidades.

  3. As partes consorciadas formalizarán a acta constitutiva e nomearán os seus representantes nos órganos de decisión.

Disposición derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo para a execución, desenvolvemento e aplicación deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de outubro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo

ANEXO

Estatutos do Consorcio Audiovisual de Galicia

Capítulo primeiro

Disposicións xerais

Artigo 1º O Consorcio: Constitución.
  1. Constitúese o Consorcio Audiovisual de Galicia integrado pola Xunta de Galicia, representada pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Consellería de Economía e Facenda, a través do Igape; as catro deputacións provinciais galegas e a Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG).

  2. Este consorcio estará aberto, logo de acordo por maioría dos seus membros, á integración de novas entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro que estean interesadas nos obxectivos e as finalidades de interese público que sexan concorrentes cos de aquel.

Artigo 2º Obxectivos e finalidades.
  1. O obxectivo do Consorcio Audiovisual de Galicia constitúeo a potenciación institucional das accións tendentes ó desenvolvemento do sector audiovisual de Galicia.

  2. Son finalidades específicas do consorcio, sen prexuízo das competencias que teñan atribuídas en materia audiovisual cada unha das partes integrantes do consorcio:

  1. Desenvolver e fomenta-la producción e a industria cinematográfica e audiovisual galega.

  2. Promover e potencia-la actividade profesional e a creación de emprego no sector audiovisual.

  3. Impulsa-la producción propia e a coproducción, así como a súa distribución por calquera dos sistemas e canles da difusión audiovisual, favorecendo o desenvolvemento do sector audiovisual galego.

  4. Promove-la investigación, a formación e o desenvolvemento tecnolóxico no sector audiovisual.

  5. Promove-la utilización do idioma galego mediante o seu uso nos medios audiovisuais, especialmente apoiando a súa utilización en salas de exhibición e promovendo a asistencia a elas.

  6. Divulga-las obras audiovisuais galegas no propio territorio, no Estado español, en Portugal, na Unión Europea e en tódolos territorios onde existan comunidades galegas.

  7. Promover un mellor coñecemento da historia, a arte, a literatura, a música e, en xeral, a realidade social e cultural galega a través das produccións cinematográficas e audiovisuais.

Artigo 3º Formas de colaboración.

Para cumpri-las finalidades que lle sexan asignadas, o Consorcio Audiovisual de Galicia, de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR