Resolución conxunta do 18 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se ordena a publicación do acordo subscrito pola Administración sanitaria e as centrais sindicais Cesmsatse, CIG, SAE e UGT sobre mellora retributiva e profesional do persoal das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyResolución

No marco da mesa sectorial de negociación do persoal das institucións sanitarias do Sergas, tralo proceso negociador seguido coas centrais sindicais integrantes dela, rematado o día 7 de agosto de 2003, a Administración sanitaria e as centrais sindicais Cesmsatse, CIG, SAE e UGT acordaron unha serie de melloras retributivas e profesionais do persoal das institucións sanitarias do Sergas que foi asinado polos representantes da Consellería de Sanidade e as citadas organizacións sindicais o día 1 de outubro de 2003.

O acordo anexo, subscrito entre as centrais sindicais Cesmsatse, CIG, SAE e UGT, tivo lugar con base no disposto no artigo 35 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, pola que se regulan os órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participacion do persoal ó servicio das administracións públicas, modificado pola Lei 18/1994, do 30 de xuño.

O contido do dito acordo é o que figura como anexo I, II e III a esta resolución.

Unha vez aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, para xeral coñecemento, de acordo co dis

posto no artigo 36 da citada Lei 9/1987, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVEN:

Dispoñe-la publicación do acordo sobre mellora retributiva e profesional do persoal das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2003.

Manuel Antonio Silva RomeroJosé Ignacio Lema Piñeiro

Secretario xeral da ConselleríaDirector xeral da División de

de SanidadeRecursos Humanos do Sergas

ANEXO I

En Santiago de Compostela o 1 de outubro de 2003, no seo da mesa sectorial de negociación do persoal das institucións sanitarias do Sergas e de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, os representantes da Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais Cesmsatse, CIG, SAE e UGT, solicitados os informes necesarios, tralo proceso de negociación rematado o día 7 de agosto de 2003, asinan este acordo sobre mellora retributiva e profesional do persoal do Sergas, co contido que a continuación se expón:

A finais do ano 2001 publicábanse os reais decretos de transferencias ás comunidades autónomas das competencias e recursos que, en materia de xestión sanitaria, viña desempeñando o Instituto Nacional da Saúde e que foron asumidas polos distintos servicios de saúde.

Este proceso transferencial determinou a adopción, por parte dos ditos servicios de saúde, de medidas de política de persoal que supuxeron un incremento do salario dos seus profesionais e outras medidas atinentes ás súas condicións de traballo.

No ámbito do Sergas, a execución dos últimos acordos retributivos para o persoal estatutario ou ben rematou ou ben remata a finais deste ano.

Por outra banda, no ámbito da nosa Comunidade Autónoma a Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, estableceu un fondo destinado á mellora e modernización dos servicios públicos, dirixido á ordenación das retribucións en ámbitos e sectores específicos da Administración autonómica obxecto da dita mellora.

A este contorno de incrementos salariais xeneralizados engádese o recentemente subscrito acordo entre a Administración do Estado e os sindicatos para a modernización e mellora da Administración pública, que contextualiza igualmente o contorno extrasanitario nun momento de xeneralizadas subas no nivel salarial dos empregados públicos españois.

Polo tanto, nestes contextos cunha incidencia directa no contorno dos profesionais que integran o sector sanitario público galego, moi especialmente no que se refire ó persoal estatutario dependente das institucións sanitarias do Servicio Galego de

Saúde, as organizacións sindicais instaron a Administración sanitaria á apertura dun proceso negociador similar ó levado a cabo noutros servicios de saúde ou administracións públicas.

Como resultado do dito proceso chégase a un acordo sobre melloras retributivas e profesionais que ten por obxecto favorece-la mellora das condicións retributivas de aproximadamente 25.000 traballadores, homologando as retribucións do Sergas no marco dos servicios de saúde do Sistema Nacional de Saúde.

Este incremento retributivo fundaméntase no compromiso de participación na mellora do servicio público, facilitando ós cidadáns o acceso ás prestacións, promovendo o seu achegamento, co fin de que a universalidade da asistencia sanitaria sexa real, efectiva e de calidade.

O acordo será executable nun prazo de 36 meses, período similar ós últimos acordos do resto dos servicios de saúde e do resto da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra banda, no que atinxe ós aspectos profesionais configúranse estes como instrumentos de mellora e modernización do servicio público, prevéndose medidas de actualización dos cadros de persoal á ordenación profesional, redefinición da acción social, deseño regulamentario da carreira profesional e dos procesos de selección e provisión de prazas, e promovéndose a homologación do persoal ó réxime estatutario.

Por último, recóllese o compromiso de analiza-las retribucións do persoal estatutario no ámbito do Sistema Nacional de Saúde e, de se-lo caso, analiza-lo proceso negociador no seo da mesa sectorial no ano 2006.

  1. Obxecto do acordo.

    Este acordo ten por obxecto:

    1) Establece-lo incremento das retribucións do persoal estatutario incluído no seu ámbito de aplicación e revisar e adecua-las retribucións de determinados postos de traballo que implican o desenvolvemento de funcións de especial responsabilidade ou cualificación.

    2) Establece-las bases para a creación de determinados postos de traballo para a coordinación e mellora do clima laboral.

    3) Preve-la incorporación ós cadros de persoal das institucións sanitarias de profesionais de enfermería especialistas en saúde mental, así como preve-la creación de categorías específicas de prevención de riscos laborais e preve-las ferramentas para a adecuación dos ditos cadros de persoal ás novas titulacións da formación profesional.

    4) Constata-lo compromiso de desenvolvemento do Regulamento de selección de persoal e provisión de prazas de persoal estatutario.

    5) Recolle-las bases para o deseño da carreira profesional.

    6) Incluí-las bases para a reconfiguración da acción social.

    7) Garanti-la reapertura dos prazos para a integración no réxime estatutario do persoal funcionario e laboral das institucións transferidas doutras administracións públicas e preve-la negociación para regula-lo proceso de xerarquización do persoal facultativo especialista de cota.

  2. Ámbito de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR