Resolución do 22 de febreiro de 2010, conxunta da Universidade de Santiago de Compostela e do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorUNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Rango de LeyResolución

En cumprimento do disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, reformada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, (en diante LOU), o Real decreto 774/2002, do 26 de xullo, polo que se regula o Sistema de habilitación nacional para o acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso respectivos, modificado polo Real decreto 338/2005, do 1 de abril e polo Real decreto 188/2007, do 9 de febreiro, (en diante RDH), así como polo Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño (BOE do 31 de xullo) polo que se establecen as bases xerais do réxime de concertos entre as universidades e as institucións sanitarias e polo concerto asinado o 20 de abril de 2001 entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde e segundo o establecido no decreto da Xunta de Galicia 28/2004, do 22 de xaneiro (DOG do 9 de febreiro), polo que se aproban os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (no sucesivo EUSC).

Esta reitoría, conforme os acordos adoptados polo Consello de Goberno, o día 26 de xuño de 2009, e a Presidencia do Servizo Galego de Saúde acordan facer pública a convocatoria do concurso para a provisión de prazas de corpos de funcionarios docentes universitarios que se rexerá polas seguintes bases:

  1. Normas xerais.

    1.1. Convócase concurso para cubrir prazas de corpos de funcionarios docentes universitarios cuxas características relativas ao corpo docente, área de coñecemento, departamento, categoría asistencial, especialidade, institución sanitaria, sistema de selección e demais especificacións figuran no anexo I desta convocatoria.

    1.2. En aplicación da disposición transitoria primeira da Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, o presente concurso rexerase polo disposto nos artigos 62 e seguintes da Lei orgánica 6/2001, de universidades, e a súa normativa de desenvolvemento. Ademais, regularanse polo disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (en diante LRX-PAC), na disposición transitoria primeira do Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo que se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios, no RDH, nos EUSC, na normativa pola que se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios, aprobada por acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela do 20 de decembro de 2004, polo concerto asinado o 20 de abril de 2001 entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, por estas bases de convocatoria e, con carácter supletorio, polo previsto na lexislación xeral de funcionarios civís do Estado.

    1.3. O réxime xurídico destas prazas será o establecido no Real decreto 1558/1986, modificado polo Real decreto 644/1988, do 3 de xuño, (BOE do 25 de xuño) e polo Real decreto 1652/1991, do 11 de outubro, e no concerto asinado entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde.

    1.4. O sistema de selección será o establecido no anexo I desta convocatoria.

    1.5. As prazas dos corpos docentes convocados quedan vinculadas, segundo se especifica no anexo I, coa categoría asistencial á cal, así mesmo, se fai referencia no devandito anexo I.

    1.6. Os concursos de acceso terán procedemento independente para cada praza ou prazas convocadas nunha mesma área de coñecemento cuxas características resulten idénticas.

    1.7. O cómputo dos prazos establecidos nesta convocatoria axustarase ao disposto no artigo 3 da normativa desta universidade pola que se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios.

  2. Requisitos dos candidatos.

    2.1. Para seren admitidos a estas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

    1. Ser español, nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles Estados aos cales, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta se atopa definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea.

      Tamén poderán participar o cónxuxe non separado de dereito, e os descendentes e descendentes do cónxuxe non separado de dereito menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas, dos españois, dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, ou de nacionais doutros Estados cando así o estableza un tratado internacional celebrado pola Unión Europea e ratificado por España.

      Igualmente, poderán participar os nacionais de calquera outro Estado que recoñeza aos españois aptitude legal para ocuparen na docencia universitaria posicións análogas ás dos funcionarios dos corpos docentes universitarios españois.

    2. Cumprir os requisitos mínimos e máximos de idade legalmente establecidos para o acceso á función pública.

    3. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado para o desempeño das funcións públicas por sentenza xudicial firme. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española, ademais, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

    4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade con praza vinculada.

    5. Estar habilitado para o corpo docente universitario e área de coñecemento á cal corresponda a praza convocada, conforme o previsto no artigo 15 do RDH, nos termos regulados nese texto.

    6. Estar en posesión do título oficial de especialista que corresponda á praza.

    7. No caso de aspirantes de nacionalidade estranxeira será requisito coñecer calquera das linguas oficiais da Universidade de Santiago de Compostela.

      2.2. Non poderán participar nos respectivos concursos de acceso os aspirantes que incorran na prohibición do artigo 17.7º do RDH, en virtude da cal os candidatos que opten a prazas de igual categoría e área de coñecemento á que estean ocupando, deberán reunir o requisito de ter desempeñado polo menos durante dous anos a praza anteriormente obtida mediante concurso de acceso.

      Tampouco se admitirá a participación no concurso de acceso de quen teña a condición de profesor dunha praza da mesma categoría, área de coñecemento e localidade nesta universidade, excepto que se encontre na situación administrativa de excedencia voluntaria.

      2.3. A posesión dos requisitos establecidos nesta base estará referida sempre á data de expiración do prazo de presentación de solicitudes de participación e deberase manter ata o momento da toma de posesión como funcionario de carreira.

  3. Solicitudes.

    3.1. A solicitude para participar nestas probas selectivas axustarase ao modelo que se xunta como anexo II a esta convocatoria.

    As persoas que opten a máis dunha praza deberán presentar unha solicitude independente para cada unha delas, excepto cando se trate de prazas convocadas baixo o mesmo número de concurso.

    3.2. As solicitudes dirixiranse ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Estas solicitudes poderán presentarse en calquera dos rexistros xerais da USC, situados no Campus de Santiago (Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro, s/n, 15782 Santiago de Compostela) e no Campus de Lugo (Servizos Centrais do Campus de Lugo, Campus universitario, 27002 Lugo) ou polos restantes...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR