Decreto 590/2005, do 29 de decembro, polo que se aproba o cambio de titularidade da estrada AC-411 Arteixo-Arteixo a prol do Concello de Arteixo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

O 15 de xullo de 2005, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e o Concello de Arteixo asinaron un convenio para o arranxo e cambio de titularidade da estrada AC-411. Na cláusula segunda do mencionado convenio, o concello asumía o seguinte compromiso: «Así mesmo, e logo da tramitación e aprobación do expediente de traspaso da titularidade polo Consello da Xunta de Galicia, o concello asumirá a explotación e conservación da AC-411 (Arteixo-Arteixo) como ente titular dela».

Pola súa banda, a consellería asumía, na cláusula terceira do devandito convenio, o seguinte compromiso: «Unha vez asinado este convenio, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

iniciará o procedemento para o cambio de titularidade da AC-411 (Arteixo-Arteixo) a favor do concello».

En xuño de 2005, a Xefatura Provincial de Estradas da Coruña emitiu informe favorable sobre este cambio de titularidade. En setembro de 2005, a Subdirección Xeral de Estradas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes emitiu informe estimando adecuado o cambio de titularidade da estrada AC-411 Arteixo-Arteixo.

O artigo 54 da Lei 4/1997, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, establece que «as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas nos que a circulación adquira características urbanas entregaranse aos concellos respectivos».

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes estimou adecuado o cambio de titularidade da estrada AC-411 Arteixo-Arteixo, susceptible de cesión ao Concello por estar incluída no anexo II do Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, facendo referencia a aquelas susceptibles de seren transferidas, por non dar continuidade a itinerarios ou seren treitos antigos de estradas nas que se fixeron variantes de trazado, tendo en conta que a estrada citada adquiriu características netamente urbanas.

Na estrada AC-411 Arteixo-Arteixo, prevista para transferir, concorren as seguintes características: é unha estrada que non dá continuidade a un itinerario de interese autonómico. Nela concorren elementos que denotan o seu carácter urbano no tocante ao tráfico que discorre pola zona, así como por estar chea de edificacións nunha parte importante do seu trazado e a existencia dunha alternativa viaria clara para os tráficos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR