Decreto 237/2006, do 21 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2006 do persoal sanitario funcionario ao servizo da comunidade autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

O dereito transitorio da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas do persoal sanitario ao servizo da comunidade autónoma, prevé a realización de tres procesos selectivos para o acceso á condición de persoal sanitario funcionario incluído no seu ámbito de aplicación.

Polo Decreto 202/2005, do 7 de xullo, publicado no DOG nº 141, do 22 de xullo, créase a clase de farmacéuticos inspectores de saúde pública, dentro do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e Administración sanitaria, delimítanse as súas funcións, o ámbito territorial de actuación, determínase o seu réxime xurídico, retributivo e de incompatibilidades, e fíxanse as condicións para a integración nesta nova clase dos actuais farmacéuticos titulares.

Na súa disposición transitoria sexta disponse que, realizada a incorporación efectiva aos postos de traballo resultantes da reestruturación, procederase á convocatoria da primeira das ofertas públicas de emprego a que se refiren as disposicións transitorias primeira e segunda da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

Na convocatoria do concurso-oposición da primeira oferta pública de emprego, na valoración dos servizos incluiranse aqueles efectivamente prestados como persoal interino das clases a que se fai mención na disposición transitoria terceira do devandito decreto, con independencia de que o seu réxime xurídico e retributivo fose distinto ao dos postos de traballo incluídos na presente oferta de emprego.

En consecuencia, por proposta da conselleira de Sanidade, consultada a representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Sanitario ao Servizo da Comunidade Autónoma e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e un de decembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º Aprobación da oferta pública de emprego.

De conformidade co disposto no artigo 29.6º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, apróbase a oferta de emprego público para o ano 2006 do persoal sanitario funcionario ao servizo da comunidade autónoma incluído no ámbito de apli-

cación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, na clase de farmacéuticos inspectores de saúde pública.

Nesta oferta de emprego público inclúense as necesidades de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR