Decreto 313/2004, do 2 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Consello Galego de Universidades.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

O Consello Galego de Universidades, creado pola Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello Galego de Universidades, é o órgano colexiado de consulta e asesoramento da consellería competente en materia universitaria para o desenvolvemento da política de coordinación e planificación do Sistema Universitario de Galicia. En cumprimento do disposto no artigo 17 do citado corpo legal e para efectos de que poida desenvolver máis eficazmente as súas funcións específicas, considérase necesario dotalo dun regulamento que permita un mellor funcionamento do Consello de cara a:

-Facilitar o cumprimento das leis que afectan o Sistema Universitario de Galicia.

-Salvagardar a competencia de cada unha das institucións afectadas polo Consello Galego de Universidades.

-Analizar o traballo do Consello e das súas comisións.

-Racionalizar as tarefas do Consello.

-Favorecer a toma de decisións no Consello Galego de Universidades.

De conformidade co disposto na disposición transitoria segunda da Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello Galego de Universidades, por instancia do propio Consello Galego de Universidades, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo da deliberación do Consello da Xunta, na súa reunión do día dous de decembro do dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo único Queda aprobado o Regulamento do Consello Galego de Universidades, que figura anexo a este decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento do Regulamento do Consello Galego de Universidades.

Segunda.-Este regulamento entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, dous de decembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Regulamento do Consello Galego de Universidades

Capítulo I

Definición, natureza e competencias

Artigo 1º
  1. O Consello Galego de Universidades, creado pola Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello Galego de Universidades, é un órgano colexiado de consulta e asesoramento da consellería competente en materia universitaria para o desenvolvemento da política de coordinación e planificación do Sistema Universitario de Galicia.

  2. O Consello Galego de Universidades rexerase pola mencionada lei e por este regulamento.

Artigo 2º

O Consello Galego de Universidades terá a súa sede no lugar onde radique a consellería competente en materia universitaria, a cal lle prestará a asistencia necesaria e sufragará, con cargo ao seu orzamento, os gastos ocasionados polo seu funcionamento, así como os derivados do cumprimento das súas funcións.

Artigo 3º Competencias do Consello Galego de Universidades.

Correspóndenlle ao Consello Galego de Universidades as competencias seguintes:

  1. Asesorar o conselleiro competente en materia universitaria naquelas cuestións que decida someter á súa consideración, formulándolle cantas recomendacións considere oportunas para o desenvolvemento da política universitaria e do Sistema Universitario de Galicia.

  2. Coñecer e emitir informe sobre os proxectos de disposicións normativas en materia universitaria, así como a programación e o financiamento pola Xunta de Galicia das universidades de competencia autonómica.

  3. Facilitar o coñecemento mutuo, as consultas recíprocas e o intercambio de información entre as universidades galegas en todas as súas esferas de actividade, así como entre estas e a Xunta de Galicia, en especial en relación con aquelas intervencións que deban acometerse conxuntamente ou que afecten máis dunha universidade.

  4. Realizar estudos e programas conxuntos de actuación, estudos sobre materias da súa competencia e, en particular, sobre as necesidades e problemas do Sistema Universitario de Galicia.

  5. Emitir informe sobre as propostas de creación de universidades públicas e de recoñecemento de

    universidades privadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

  6. Emitir informe sobre as propostas de creación, modificación ou supresión de facultades, escolas técnicas ou politécnicas superiores e escolas universitarias ou escolas universitarias politécnicas.

  7. Emitir informe sobre as propostas de convenios de adscrición ou convenios ou acordos de desadscrición á universidade de centros docentes para impartir estudos conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio estatal.

  8. Emitir informe sobre as propostas de creación ou supresión de institutos universitarios de investigación.

  9. Emitir informe sobre as propostas de convenios de adscrición ou convenios ou acordos de desadscrición ás universidades, tanto de institucións ou centros de investigación coma de institutos universitarios de investigación.

  10. Emitir informe sobre as propostas de implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

  11. Coñecer os novos plans de estudos das ensinanzas impartidas polas universidades galegas así como as modificacións deles, unha vez homologados polo Consello de Coordinación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR