Decreto 432/2009, do 11 de decembro, polo que se regulan as axudas rexionais ao investimento e ao emprego na Comunidade Autónoma de Galicia en aplicación do Regulamento (CE) 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyDecreto

As letras a) e c) do artigo 87 do Tratado constitúen a base para a autorización das axudas estatais de finalidade rexional, destinadas a impulsar o crecemento económico de determinadas rexións menos favorecidas co fin de paliar as disparidades rexionais e contribuír á cohesión económica, social e territorial da Unión Europea.

No novo período de programación, os criterios que aplica a comisión á hora de avaliar a compatibilidade das axudas de Estado de finalidade rexional encóntranse nas Directrices sobre as axudas de Estado de finalidade rexional, para o período 2007-2013 (2006/C 54/08), que incorporan como novidade a inclusión dentro do seu ámbito de aplicación das industrias de transformación e comercialización de produtos agrarios a fin de harmonizar o seu réxime co das empresas non agrarias.

En aplicación destas directrices, a Comisión Europea aprobou, pola Decisión do 20 de decembro de 2006, o novo mapa de axudas rexionais para o Estado Español no período 2007-2013 (Axuda de Estado N626/06); Galicia é unha das rexións que pode optar ás axudas rexionais en virtude da excepción contida no artigo 87, número 3, letra a), do Tratado CE.

A fin de axilizar o procedemento de autorización das axudas de finalidade rexional e facendo uso da habilitación que lle concede o Regulamento (CE) do Consello nº 994/1998, a Comisión europea aprobou o Regulamento (CE) nº 1628/2006 da Comisión, do 24 de outubro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas rexionais ao investimento (DOUE L 302, do 1 de novembro de 2006), que exime da obriga de notificar os réximes de axuda de finalidade rexional que cumpran todas as condicións previstas no dito regulamento.

En 2008 a comisión levou a cabo un proceso de simplificación dos regulamentos de exención coa aprobación do Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto, xeral de exención por categorías (DOUE L 214/3, do 9 de agosto de 2008), que recolle nunha única norma as disposicións que ata entón estaban dispersas en diversos regulamentos de exención; entre eles, o Regulamento (CE) nº 1628/2006, que resulta expresamente derrogado. Este cambio da normativa comunitaria fai necesario levar a cabo a elaboración dunha norma que se adapte ás condicións e requisitos exixidos polo Regulamento (CE) nº 800/2008 no que se refire ás axudas rexionais ao investimento e ao emprego a conceder en Galicia no período 2007-2013.

Este decreto ten, así mesmo, o seu fundamento normativo, no artigo 14 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño) que establece que sen prexuízo de que o Consello da Xunta de Galicia determine os criterios básicos, os órganos concedentes establecerán con carácter previo á disposición dos créditos as bases reguladoras aplicables á concesión.

Este decreto ten por obxecto establecer, con alcance multisectorial, á luz da nova regulación existente, un marco xurídico que outorgue cobertura, para os efectos de exención de notificación de axudas de estado á Comisión Europea, dos distintos réximes de axuda de carácter produtivo para o fomento de investimento e emprego que se aproben nos distintos sectores da economía no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia polos diversos departamentos, entes e demais organismos dependentes da Administración autonómica galega, no ámbito das súas respectivas competencias. O anterior enténdese sen prexuízo da conveniencia ou necesidade de desenvolver outro instrumento normativo de contido máis amplo que ampare os réximes de axudas que conteñan outras categorías de axuda distintas ao investimento rexional ou outros tipos de incentivos distintos do investimento inicial ligado á creación de emprego que constitúe o obxecto deste decreto.

O alcance multisectorial da norma e o seu carácter plurianual, que cubrirá o período 2007-2013, fai necesario o seu desenvolvemento a través das convocatorias das diferentes axudas nel previstas, que poderán adquirir a forma de ordes de consellería ou de resolucións doutros órganos convocantes e respectarán, ademais da normativa básica estatal e a autonómica en materia de subvencións, a regulación contida no decreto e limitaranse basicamente a fixar os aspectos que figuran no artigo 12º, número 4, deste decreto. Tendo en conta que esas bases regularán aspectos adxectivos, sen modificar as características básicas e finalidade das axudas previstas no decreto, estas enténdense amparadas nel.

A iniciativa normativa da Consellería de Facenda xustifícase pola súa competencia sobre a coordinación das actuacións autonómicas en que se utilicen fondos de procedencia comunitaria, cos que se levan a cabo en boa parte as medidas de fomento da actividade económica de Galicia, todo no contexto do Marco estratéxico de converxencia económica de Galicia, que pon a énfase no aumento da competitividade económica e empresarial, a incorporación ás novas tecnoloxías e á sociedade da información e na creación de emprego de calidade.

En consecuencia, por proposta da conselleira de Facenda, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de decembro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º Ámbito de aplicación.
  1. Este decreto ten por finalidade regular o réxime xurídico das axudas a proxectos xeradores de investimento e emprego que conceda a Administración da Xunta de Galicia e os organismos ou entidades vinculadas ou dependentes desta, coa finalidade de promover o desenvolvemento económico mediante o fomento do investimento e o emprego nos distintos sectores da actividade económica en Galicia, coas limitacións establecidas no número 2 e 3.

  2. Quedarán excluídas do ámbito de aplicación desta disposición as axudas que se concedan:

    1. Ás actividades de produción primaria dos produtos agrarios;

    2. Ás actividades de transformación e comercialización de produtos agrarios cando o importe da axuda se fixe sobre a base do prezo ou a cantidade de tales produtos mercados aos produtores primarios ou comercializados polas empresas, ou cando a axuda dependa de que se repercuta total ou parcialmente sobre os agricultores;

    3. Ás actividades nos sectores da pesca e da acuicultura, regulamentados polo Regulamento (CE) nº 104/2000;

    4. No sector da industria siderúrxica e no sector de fibras sintéticas conforme a definición que recollen o anexo I e II, respectivamente, das Directrices comunitarias sobre as axudas de estado de finalidade rexional para o período 2007-2013;

    5. No sector do carbón e do aceiro;

    6. No sector da construción naval;

    7. Ás actividades relacionadas coa exportación, concretamente as axudas directamente vinculadas ás cantidades exportadas, as axudas ao establecemento e funcionamento dunha rede de distribución ou as axudas a outros gastos correntes vinculados á actividade exportadora;

    8. Á utilización de produtos nacionais en lugar de importados.

  3. Este decreto non se aplicará ás axudas ad hoc -axudas individuais que non se conceden sobre a base dun réxime de axudas- ás grandes empresas coa excepción prevista no...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR