Resolución do 21 de decembro de 2007, pola que se fan públicas as bases do certame Cooperativismo no ensino, dirixido aos centros educativos de Galicia e se procede á súa convocatoria.
Sección | III. Outras Disposicións |
Emisor | CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVAS |
Rango de Ley | Resolución |
A Constitución española no seu artigo 129.2º encoméndalles aos poderes públicos a promoción das diversas formas de participación na empresa e o fomento, mediante unha lexislación adecuada, das sociedades cooperativas.
A Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia recoñece de interese social a promoción e o desenvolvemento das sociedades cooperativas, e crea o Consello Galego de Cooperativas como máximo órgano de promoción e difusión do cooperativismo na comunidade autónoma, tendo entre as súas funcións a promoción da educación e a formación cooperativa.
Con esta finalidade o Consello Galego de Cooperativas, na súa reunión do Pleno do 21 de decembro de 2007, acordou a convocatoria do certame Cooperativismo no ensino, dirixido aos centros educativos de Galicia, correspondente ao ano 2008. A súa concreción e realización levaranse a cabo de xeito coordinado polas consellerías de Educación e Ordenación Universitaria e de Traballo.
Polo que antecede, en uso das atribucións que teño conferidas pola Lei 5/1998, do 18 de decembro,de cooperativas de Galicia e polo Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e funcionamento do Consello Galego de Cooperativas,
DISPOÑO:
A publicación das bases do certame Cooperativismo no ensino, dirixido aos centros educativos de Galicia,e a súa convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As bases reguladoras recóllense nos anexos I e II.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2007.
Ricardo Jacinto Varela Sánchez
Presidente do Consello Galego de Cooperativas
ANEXO I
Certame Cooperativismo no ensino, dirixido a centros educativos de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria.
Modalidade de debuxo, pintura e/ou vídeo
Modalidade de actividades cooperativizadas
Primeira.-Poden participar neste certame, nas modalidades que se indican, todos os centros educativos da nosa comunidade autónoma con alumnado de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria.
Na modalidade de debuxo, pintura e/ou vídeo poden participar as seguintes categorías:
-A: alumnos/as de 2º ciclo de educación infantil.
-B: alumnos/as de 1ºe 2º de educación primaria.
-C: alumnos/as de 3º e 4º de educación primaria.
-D: alumnos/as de 5º e 6º de educación primaria
Na modalidade de actividades cooperativizadas poderán concursar os/as alumnos/as de primeiro e segundo ciclo de educación secundaria obrigatoria, nas seguintes categorías:
-E: alumnos/as de 1º ciclo da ESO.
-F: alumnos/as de 2º ciclo da ESO.
Establécense dúas fases:
-1ª fase: actividades de fomento do cooperativismo no centro escolar.
-2ª fase: presentación dos traballos dos/as alumnos/as ao concurso.
Segunda.-1ª fase: actividades de fomento do cooperativismo no centro escolar.
Os centros que desexen participar deberán desenvolver no seu centro educativo actividades de fomento do cooperativismo, tales como xornadas sobre o cooperativismo, xogos cooperativos, visitas a cooperativas e calquera outra actividade que divulgue a fórmula empresarial cooperativa entre o alumnado do centro educativo.
Tendo en conta que o cooperativismo é recoñecido como a expresión práctica de importantes valores sociais e que a súa aplicación fomenta actitudes e valores sociais como a solidariedade, o espírito democrático, a participación, a actuación colectiva e a solución de conflitos de forma pactada, as actividades que se realicen deberán potenciar e propiciar estes valores.
Como soporte de apoio ás actividades propostas contarase con material divulgativo en formato electrónico na páxina web www.cooperativasdegalicia.com.
Terceira.-Cada un dos centros educativos participantes poderá contar cunha compensación económica para os gastos derivados da realización das actividades de fomento do cooperativismo e da elaboración dos traballos ou memorias, ata un máximo de 1.500 euros. Os centros que desexen obter a reserva orzamentaria para as súas actividades poderán solicitar a validación do seu programa e orzamento, antes do 28 de febreiro de 2008. Os restantes centros tamén poderán contar coa referida compensación económica, se ben no caso de que a dotación orzamentaria prevista para este fin non resulte suficiente para satisfacer os gastos realizados, a súa contía será distribuída entre todos eles en proporción ao gasto realizado.
Para solicitar o pagamento da devandita compensación económica, os centros participantes neste certame deberán presentar, antes do 31 de maio de 2008, certificación emitida polo órgano competente comprensiva do informe das actividades realizadas e relación das facturas dos gastos, achegando...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba