Resolución do 3 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do Concello da Pobra do Caramiñal.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o expediente do convenio colectivo do Concello da Pobra do Caramiñal (código convenio 1503272), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-7-2002 e complementado o 19-11-2002, subscrito en representación da parte económica polo Concello da Pobra do Caramiñal, e da parte social polo comité de empresa, o día 28-2-2002, ratificado polo pleno da corporación o 21-3-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Concliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de decembro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Concello da Pobra do Caramiñal

Convenio regulador das condicións de traballo do persoal laboral ó servicio do Concello da Pobra do Caramiñal

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Ámbito persoal.

As normas contidas no presente acordo aplicaranse ó persoal laboral do Concello da Pobra do Caramiñal independentemente da súa relación fixa ou temporal. Non amparará as prestacións daqueles contratos subvencionados que teñan as prestacións económicas prefixadas.

Artigo 2º Ámbito temporal.

O presente convenio terá unha vixencia desde o 1 de xaneiro de 2002, sen prexuízo da data da súa publicación no BOP e manterase ata o 31-12-2004. Nembargantes, entenderase prorrogado ata a entrada en vigor do convenio que o substitúa.

Artigo 3º

O presente acordo considérase tacitamente prorrogable a períodos anuais, se non mediase denuncia das partes, cun prazo de aviso previo dun mes respecto á data na que remata a vixencia, ou, de non haber acordo das partes, comprometéndose a seguir negociando.

Artigo 4º Garantías.

As condicións recollidas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible, e, para efectos da súa aplicación práctica, serán considerados global e conxuntamente quedando subordinados a calquera disposición xeral de rango superior que puidera ter efectos máis favorables para os empregados públicos.

Artigo 5º

Quedan reservadas á negociación colectiva todas aquelas materias, que, directa ou indirectamente, afecten ás condicións de traballo do persoal deste concello: retribucións, ofertas de emprego, sistemas de selección de emprego, sistemas de selección, promoción e provisión de postos de traballo, xornada

laboral, calendario de vacacións, réxime disciplinario, xestión de servicios e métodos de traballo, seguridade e hixiene e dereitos sindicais e de participación.

Artigo 6º Comisión paritaria.

Despois da súa aprobación, no prazo máximo de 30 días constituirase unha comisión paritaria para o seguimento do convenio. Esta comisión estará composta por 6 membros: 3 representantes do Goberno municipal e 3 representantes legais dos traballadores. A comisión estará presidida polo alcalde ou persoa en que este delegue, sen voto de calidade, e o secretario elixirase entre as partes de mutuo acordo.

Cada unha das partes pode estar asistida polos seus asesores, e poderá nomear membros suplentes da súa representación.

Cada unha das partes poderá presentar diante da comisión paritaria do convenio os diferentes conflictos e irregularidades que poidan xurdir da interpretación e aplicación do convenio, co fin de que a comisión emita un dictame, para o cal esta utilizará as medidas legais que procedan.

As funcións ou actividades desta comisión non impedirán en ningún caso o libre exercicio da xurisdicción administrativa e contenciosa prevista na lexislación vixente, e emitirá dictames sobre os seguintes temas:

  1. Interpretación auténtica dos artigos e cláusulas deste documento.

  2. Actualización das normas do convenio, e estudio da necesidade da súa incorporación e procedendo en consecuencia.

  3. Vixilancia do cumprimento do convenio.

  4. Cantas outras actividades leven a eficacia práctica do convenio.

  5. Cadros de persoal e postos de traballo.

A comisión paritaria celebrará as súas propias normas de funcionamento interno, o seu calendario de reunións, e os acordos tomaranse por maioría absoluta ou acordo conxunto de ámbalas partes.

Esta comisión reunirase a petición de calquera das partes dentro das 48 horas seguintes á comunicación da reunión.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 7º

A organización práctica do traballo será competencia do alcalde, ó cal corresponde a iniciativa con suxeición á lexislación vixente. Cando diso se deriven repercusións sobre as condicións de traballo dos empregados públicos, procederá á negociación cos representantes dos traballadores de conformidade

cos artigos 30 e 31 da Lei 9/1987 e R.D. lexislativo 1/1995, do 24 de marzo. O alcalde está facultado para delega-las súas competencias na persoa que corresponda.

Capítulo III

Mobilidade do persoal

Artigo 8º Clasificación profesional.

A clasificación profesional ten por obxecto a determinación, ordenación e definición das diferentes categorías que poidan ser asignadas ós empregados/as públicos.

Artigo 9º Traballos de superior categoría.

A realización de traballos de superior e inferior categoría responderá a necesidades excepcionais, imprevisibles e perentorias, durando o tempo imprescindible.

  1. A adscrición dun traballador laboral a un posto de superior categoría faraa a alcaldía, con comunicación ós delegados sindicais dos traballadores. Cando a ocupación no posto de traballo sexa superior a 10 días, a percepción das retribucións complementarias farase efectiva desde o primeiro día.

    O máximo tempo que un traballador pode estar nesa situación é de seis meses (6 meses), transcorridos os cales, de existiren outros traballadores que reúnan os requisitos ou a capacidade necesaria da categoría que se vai cubrir, e sempre que se desempeñe a función adecuadamente, outro traballador ocupará o seu posto. Non se aplica esta regra ós postos reservados a traballadores con habilitación de carácter nacional.

  2. Ningún traballador poderá realizar traballos de categoría inmediatamente inferior durante un tempo superior a 10 días, tendo en conta ademais, o establecido no artigo 23, punto 4 do Estatuto dos traballadores. Transcorrido o período citado, o traballador non poderá volver a ocupa-lo posto de categoría inferior ata transcorrido un ano, e, en ningún caso poderá diminuí-las retribucións.

  3. Os postos cubertos por estes sistemas incluiranse obrigatoriamente na seguinte oferta de emprego.

Artigo 10º Segunda actividade.

A corporación o os representantes legais dos traballadores concretarán, dentro das medidas de reorganización, os postos de traballo que poden ser considerados aptos para a creación dunha escala auxiliar dentro da relación de postos de traballo. Trala aprobación do presente convenio formarase tal escala auxiliar, definindo as funcións que deban ser realizadas polo persoal que se adscriba a tales postos. A ela tamén se adscribirá o persoal que teña minguadas as súas facultades e fora considerado así polos servicios médicos competentes.

O persoal pasará a escala auxiliar no caso seguinte: por incapacidade para o exercicio da súa función habitual.

Todo o persoal que pasa a escala auxiliar conservará o total das retribucións que viña percibindo.

Artigo 11º Incapacidade de funcións.

No caso de que un traballador presente incapacidade manifesta para o exercicio das súas funcións poderá solicita-la súa tramitación de invalidez permanente debido a accidente laboral ou enfermidade profesional, ou ben o concello tramitaraa de oficio. Sen prexuízo de situacións de segunda actividade, sempre que exista vacante. Neste caso o concello farase cargo da diferencia que exista entre a súa pensión e o que viña cobrando. Esta cantidade será fixa, non terá ningunha revalorización e aboarase ata que o traballador reúna os requisitos para a xubilación forzosa. En caso de que lle sexa denegada a xubilación polos organismos competentes, o empregado poderá solicita-la xubilación voluntaria producíndose os mesmos efectos económicos que os sinalados anteriormente.

Para evitar fraude o traballador que se queira acoller a estes dereitos pasará as probas e exames que o concello estime convenientes, e con cargo ó...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR