Resolución do 29 de decembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo (código 2700515), asinado o día 1 de decembro de 2003, pola representación da Asociación de Transporte de Viaxeiros e das centrais sindicais UGT (59,1%), CC.OO. (13,6%) e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 29 de decembro de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Convenio colectivo de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo

2003-2004

Artigo 1º Ámbito persoal.

As estipulacións deste convenio obrigan a totalidade das empresas e traballadores dedicados a actividades do transporte de viaxeiros por estrada de Lugo, así como o persoal que, en adiante, forme parte dos seus cadros de persoal.

Artigo 2º Ámbito funcional.

Este convenio colectivo regula as relacións laborais entre as empresas dedicadas ó transporte de viaxeiros na provincia de Lugo e ó persoal que nelas preste os seus servicios, quedando excluídos das disposicións deste convenio as persoas que desempeñan cargos de alta dirección a que se refire o vixente Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º Ámbito territorial.

Este convenio afecta a Lugo e provincia así como os centros de traballo situados nela, aínda que as empresas tivesen o seu domicilio social en provincia distinta.

Artigo 4º Vixencia e duración.

A vixencia deste convenio colectivo será desde o 1 de xaneiro de 2003 ó 31 de decembro de 2004.

Artigo 5º Denuncia.

Rematada a vixencia deste convenio colectivo, enténdese automaticamente denunciado, sen necesidade de formalidade ningunha, manténdose a vixencia dos seus contidos normativos ata a sinatura doutro que os substitúa.

Artigo 6º Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para os efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

En caso de nulidade parcial por modificación de calquera das condicións, quedará a súa totalidade, sen eficacia práctica, negociándose todo o seu contido, quedando mentres vixente o anterior convenio.

Artigo 7º Absorción e compensación.

Tódalas melloras contidas neste convenio teñen o carácter de mínimas, dentro das condicións pactadas, respectándose as condicións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas que as convidas, manténdose ad personam en canto excedan das pactadas.

En ningún caso serán absorbibles polas melloras estipuladas neste convenio os suplidos por gastos que as empresas viñan satisfacendo ós/ás seus/súas traballadores/as.

Artigo 8º Lexislación supletoria.

Tódolos aspectos que non estean desenvoltos neste convenio colectivo estarán ó disposto no Estatuto de traballadores, Real decreto 1561/1995, convenio da OIT nº 153 Regulado pola CEE nº 3820/1985 e 3821/1985, como norma supletoria e demais disposicións legais de xeral aplicación. A ordenanza laboral de transporte por estrada asumirase como corpo do convenio podendo ser modificados estes aspectos só se se acorda entre as partes en convenios posteriores.

Artigo 9º Xornada de traballo para o persoal de movemento.

A xornada ordinaria de traballo será de 1.800 horas anuais, en cómputo bimensual, considerándose como horas extraordinarias as que excedan da dita xornada; respectándose, en todo caso, a normativa vixente en materia de conducción.

O tempo total de conducción non poderá exceder de nove horas diarias, agás dúas veces por semana, que poden chegar a 10 horas, sendo de aplicación os regulamentos da CEE 3820/1985 e 3821/1985, así como o Real decreto 1561/1995.

Descanso diario: once horas consecutivas, non obstante, pode reducirse o descanso diario de once a nove horas, tres veces por semana, pero á semana seguinte haberá de compensa-lo descanso non tomado. Tamén o descanso de once horas se pode subs

tituír por un descanso tomado en dous ou tres períodos durante as 24 horas, un dos períodos será como mínimo, de oito horas, entón o descanso diario pasa a doce horas.

Nos transportes interurbanos, ningún traballador poderá conducir de maneira inenterrompida máis de catro horas sen facer unha pausa, salvo que a conducción de media hora máis permita a chegada ó punto de destino.

A duración mínima da pausa será de corenta e cinco minutos, e serán susceptibles de fraccionamento ó longo do tempo de conducción.

O posible exceso de horas de traballo efectivo no cómputo inferior ó bimestre poderá compensarse co tempo de descanso non tendo a consideración de extraordinaria sempre que non excedan da xornada establecida en cómputo bimestral.

Artigo 10º Definición do tempo traballo.
  1. Para o persoal en movemento.

    1. Traballo efectivo:

      -A conducción durante a circulación do vehículo.

      -Os traballos auxiliares que fagan en relación co vehículo, os viaxeiros ou a súa carga.

    2. Tempo de presencia.

      Será tempo de presencia aquel período de xornada no que o traballador, aínda que non preste traballo efectivo, se atope á disposición da empresa, tanto nos locais como no vehículo.

      Terán a consideración de tempo de presencia as gardas, reténs, espectativas, avarías, (sempre que non participe de forma efectiva e material), esperas, comidas en ruta e outras similares nas que o/a traballador/ra, aínda que non preste traballo efectivo, se atope á disposición da empresa.

      O tempo de presencia non excederá de 40 horas bisemanais.

      As horas de presencia non se computarán para efectos de horas extraordinarias, sen prexuízo de que a súa remuneración sexa de igual contía que as horas ordinarias. Poderán, sen embargo, computarse para efectos de xornada cando se realicen menos horas de traballo efectivo que as legalmente autorizadas, neste caso poderán ser computadas para efectos de completa-la xornada.

    3. Tempo de espera.

      Terá a consideración de tempo de espera aquel no que o traballador non está suxeito á vixilancia do vehículo, nas localidades que non sexan principio e fin de traxecto.

      Computarase o 50% e aboarase como o tempo de presencia. Considerarase que o traballador non está suxeito a vixilancia do vehículo, cando poida dispoñer libremente do seu tempo por non estar á disposición de empresa.

      As esperas en localidades de principio ou fin de traxecto, fóra da residencia do traballador ou do lugar da súa toma habitual do servicio, non computará para efectos de xornada, nin como traballo efectivo, nin como tempo de presencia.

  2. Para o resto do persoal.

    O tempo de traballo computarase de xeito que tanto ó comezo como ó remate da xornada diaria, o traballador se atope no seu posto de traballo.

Artigo 11º Descanso semanal e festivo.

Os traballadores terán dereito a un descanso mínimo semanal de día e medio ininterrompido; que por acordo ou pacto entre empresa e traballadores poderán acumularse mensualmente.

As festas laborables que terán carácter retribuído e non recuperable, serán de catorce ó ano, das cales dúas serán locais, os traballadores que por calquera razón teñan que traballar nun destes 14 días, recibirán unha compensación de 6 A por cada día traballado, sen que isto supoña ningunha perda dos restantes dereitos que teña por traballar un día festivo.

Cando excepcionalmente e por razóns técnicas ou organizativas non se poidese desfrutar do día de festa correspondente ou no seu caso do descanso semanal, a empresa, poderá optar entre proporcionarlle un descanso compensatorio ó traballador dentro dos 30 días seguintes, ou aboarlle os salarios correspondentes cun incremento do 75%.

Todos aqueles traballadores que traballen a quendas, con descansos rotativos de dous días, terán que coincidir un deles en domingo, como mínimo unha vez ó mes, en cómputo bimensual.

Artigo 12º Vacacións.

Os/as traballadores/as afectados por este convenio colectivo desfrutarán de 30 días naturais de vacacións, dentro do ano...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR