Resolución do 13 de decembro de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establece e se regula o programa de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para o exercicio de 2011.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

A Secretaría Xeral da Emigración é o órgano superior da comunidade autónoma ao que lle corresponde, entre outras, as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, que desenvolve o artigo 7º do Estatuto de autonomía de Galicia, onde se establece o dereito das comunidades galegas de fóra de Galicia a colaborar e compartir a vida social e cultural do pobo galego.

A Xunta de Galicia, en materia de emigración, establece como unha das súas áreas de actuación prioritaria a asistencia socio-sanitaria a digna para todos os galegos e galegas residentes no exterior, mediante, entre outros, o programa de axudas asistenciais individuais, que teñen como obxectivo contribuír a paliar a carencia de medios económicos para poder afrontar as necesidades básicas de subsistencia na alimentación, asistencia sanitaria, cobertura nos casos de enfermidade ou outras situacións de carácter grave.

O Estatuto da cidadanía española no exterior, aprobado mediante a Lei 40/2006, do 14 de decembro, e que se configura como o marco xurídico que lles garante aos cidadáns residentes no exterior o exercicio dos seus dereitos e deberes constitucionais, establece no seu artigo 5º, a asistencia e protección por parte da Administración xeral do Estado e as comunidades autónomas, no marco das súas respectivas competencias, daqueles cidadáns residentes no exterior que se atopen en situación de necesidade.

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, pretende, nunha actuación coordinada co Estado español, a consolidación dunha política de atención e protección aos galegos residentes no exterior que se atopen en situación de necesidade, coa finalidade de garantirlles a estes cidadáns o exercicio dos seus dereitos e deberes constitucionais e estatutarios en termos de igualdade cos españois residentes en Galicia.

A disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, desconcentra no secretario xeral da Emigración a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

En virtude do exposto e de conformidade co que se dispón na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, naqueles preceptos que sexan básicos, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na normativa que a desenvolve, logo de informe da Asesoría Xurídica e da Intervención Delegada deste órgano,

RESOLVO:

Convocar o programa de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior, para o ano 2011.

Artigo 1º Obxecto.

O obxecto desta resolución é establecer a convocatoria de axudas económicas individuais de carácter social, nos termos e nas condicións que establecen as bases reguladoras que se recollen no anexo I, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas aos emigrantes de orixe galega que posúan a nacionalidade española, e a determinados familiares, residentes no estranxeiro, que se atopen en situación de precariedade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención socio-sanitaria.

Artigo 2º Convocatoria e prazo das solicitudes.
  1. Convócanse axudas económicas individuais a emigrantes galegos e a determinados familiares para o exercicio económico de 2011, de carácter individual, extraordinario e non periódico.

  2. Prazo de presentación das solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de remate do prazo de presentación de solicitudes non fose un día hábil, considerarase como último día do prazo o primeiro día hábil seguinte.

Artigo 3º Financiamento.

As axudas precisas para a realización deste programa concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 04.50.312C.480.0.-Accións de política migratoria que figura no proxecto de Lei de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2011. O crédito inicialmente outorgado para esta finalidade é de dous millóns trescentos vinte cinco mil euros (2.325.000 euros).

No proxecto de Lei de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2011, na aplicación orzamentaria 04.50.312C.480.0, existe crédito suficiente para atender as axudas convocadas. O crédito asignado ao suposto do artigo 4º das bases reguladoras será de setecentos mil euros (700.000 euros). O crédito asignado aos supostos dos artigos 5º, 6º, 7º, 8º, 9º e 10º das bases, será de un millón seiscentos vinte e cinco mil euros (1.625.000 euros). De non cubrirse un dos créditos anteriores, poderá asignarse a contía sobrante ao outro crédito.

O total das axudas concedidas a un mesmo país destinado a financiar a correspondente convocatoria, non poderán superar o 63% do orzamento. Este límite podería aumentar no caso de que sobrase crédito orzamentario nos restantes países.

Esta convocatoria realizarase a través do procedemento de tramitación anticipada de gasto, ao abeiro do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e da Orde do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001. No proxecto de orzamentos para a Comunidade Autónoma de Galicia para 2011, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, existe crédito suficiente na aplicación orzamentaria para atender as axudas convocadas.

Os créditos iniciais poderán ser ampliados en función do previsto no artigo 30º.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Este incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou mesmo programa, ou derivadas dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou no suposto previsto no artigo 25º.3 do citado decreto.

Artigo 4º Recursos.

Contra esta resolución cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interporse recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativo.

Aqueles que, de ser o caso, teñan interposto recurso de reposición, non poderán interpoñer recurso contencioso administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2010.

J. Santiago Camba Bouzas

Secretario xeral da Emigración

ANEXO I

Bases reguladoras

Artigo 1º Obxecto.

O obxecto destas bases é regular a concesión de axudas económicas, individuais e de carácter social, dirixidas aos emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes no estranxeiro, que se atopen en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención socios-anitaria.

Artigo 2º Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas:

  1. Os/as emigrantes galegos/as, e os seus fillos, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galego de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia. A forma de acreditar a devandita condición de galego sinálase no artigo 14º destas bases.

    Para os efectos desta convocatoria terán a condición de emigrantes aqueles que teñan nacido en Galicia ou ben acrediten ter residido en Galicia de forma continuada durante dez anos, mediante calquera xustificación en documento oficial.

  2. Os netos de emigrantes galegos, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galegos de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia e acrediten un ano de residencia continuada en Galicia, mediante calquera xustificación en documento oficial.

  3. No caso de falecemento das persoas indicadas nos puntos 1 e 2, e sempre e cando non transcorresen máis de quince meses desde o falecemento, o seu cónxuxe viúvo, os fillos, a parella de feito ou relación análoga, poderán ser beneficiarios das axudas previstas no artigo 5º destas bases.

Artigo 3º Requisitos xerais dos solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as persoas que cumpran e acrediten documentalmente os...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR