Decreto 578/2005, do 29 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 211/2005, do 3 de agosto, establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, procedendo á supresión da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e integrándoa na actual Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O Decreto 232/2005, do 11 de agosto, fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, especificando os seus órganos superiores. Co obxecto de establecer o marco xurídico-administrativo en que debe exercer as súas competencias a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, cómpre desenvolver a súa estrutura detallándoa ata o nivel de servizo, actualizándoa e adecuándoa ás novas competencias asumidas.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.4º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, co informe previo da Consellería de Economía e Facenda, logo de deliberación do Consello da Xunta, na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Organización xeral

Artigo 1º Ámbito competencial.

Correspóndelle á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sen prexuízo das demais competencias que legal e regulamentariamente ten atribuídas, as relativas ás seguintes materias:

-Apoio e asistencia á Presidencia da Xunta de Galicia, as funcións sobre a función pública, calidade e avaliación dos servizos e as relacións entre a Xunta de Galicia e o Parlamento de Galicia.

-Asistencia á Administración de xustiza e a Administración local, con funcións sobre réxime interior, colexios profesionais, policía autonómica, coordinación das policías locais, casinos, xogos e apostas, seguridade, asociacións, espectáculos públicos e protección civil de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia nos termos sinalados na Constitución española.

Artigo 2º Estrutura da consellería.
  1. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, baixo a superior dirección do seu titular, terá a seguinte estrutura orgánica:

    1. O conselleiro.

    2. A Secretaría Xeral.

    3. A Dirección Xeral da Función Pública.

    4. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas.

    5. A Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias.

    6. A Dirección Xeral de Xustiza.

    7. A Dirección Xeral de Interior.

    8. A Dirección Xeral de Protección Civil.

    9. A Dirección Xeral de Administración Local.

  2. De conformidade co disposto no artigo único do Decreto 231/2005, do 11 de agosto, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, dependerán funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, os seguintes órganos superiores:

  3. Secretaría Xeral da Presidencia:

    1.1. Asesoría Xurídica Xeral, con nivel orgánico de dirección xeral.

    1.2. Dirección Xeral do Gabinete de Presidencia.

  4. Secretaría Xeral de Análise e Proxección.

  5. Secretaría Xeral de Comunicación, á cal estará adscrita a Compañía de Radiotelevisión de Galicia.

    3.1. Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

  6. Secretaría Xeral de Relacións Exteriores.

    4.1. Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

  7. Secretaría Xeral de Emigración.

  8. Secretaría Xeral de Política Lingüística.

  9. Órganos periféricos: delegacións provinciais.

  10. Adscríbense á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza os seguintes órganos colexiados:

    4.1. A Comisión de Persoal da Xunta de Galicia, creada pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública galega, e regulada polo Decreto 156/1988, do 9 de xuño.

    4.2. A Xunta Coordinadora de Edificios Administrativos.

    4.3. A Comisión Central de Racionalización Administrativa, creada polo Decreto 186/1990, do 1 de marzo.

    4.4. A Comisión de Informática da Xunta de Galicia, regulada polo Decreto 290/1992, do 8 de outubro.

    4.5. A Comisión de Toponimia, regulada polo Decreto 174/1998, do 5 de xuño.

    4.6. A Comisión Central de Revisión da Normativa Legal, así como a Comisión de Revisión da Normativa Legal da consellería, creadas polo Decreto 186/1990, do 1 de marzo.

    4.7. A Comisión Central da Coordinación de Parques Móbiles, creada polo Decreto 327/1994, do 3 de novembro.

    4.8. A Comisión das Webs da Xunta de Galicia, regulada polo Decreto 164/2005, do 16 de xuño.

    4.9. A Comisión Superior para o Estudo do Desenvolvemento do Dereito Civil Galego, regulada no Decreto 107/1999, do 8 de abril.

    4.10. A Comisión do Xogo de Galicia, creada pola Lei 14/1985, do 23 de outubro, e regulada polo Decreto 192/1988, do 21 de xullo.

    4.11. A Comisión de Heráldica, regulada polo Decreto 369/1998, do 10 de decembro.

    4.12. A Comisión de Coordinación das Policías Locais de Galicia, creada pola Lei 3/1992, do 23 de marzo, regulada nesta mesma lei e no Decreto 204/2000, do 21 de xullo.

    4.13. O Consello Asesor de Asistencia Xurídica Gratuíta de Galicia, creado polo Decreto 146/1997, do 22 de maio.

    4.14. O Consello Reitor do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, creado pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro.

    4.15. O Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, regulada na Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo.

    4.16. A Comisión Galega de Protección Civil, regulada no Decreto 56/2000, do 3 de marzo.

    4.17. A Comisión Galega de Delimitación Territorial regulada no Decreto 370/1998, do 10 de decembro.

    4.18. A Comisión Galega de Cooperación Local, regulada na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e no Decreto 280/1998, do 24 de setembro.

    A natureza destes órganos colexiados e os seus cometidos, composición e funcións son os establecidos nas respectivas normas reguladoras.

  11. Quedan adscritos a esta consellería os seguintes organismos autónomos:

    5.1. Escola Galega de Administración Pública, que se axustará, nos seus fins, estrutura e funcionamento, ao disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo.

    5.2. Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, que se adecuará nos seus fins, estrutura e funcionamento, ao disposto na Lei 1/2005, do 4 de xaneiro.

  12. Queda adscrito organicamente a esta consellería o Instituto de Medicina Legal de Galicia, órgano técnico ao servizo da Administración de xustiza, creado polo Decreto 119/2005, do 6 de maio.

    TÍTULO II

    Servizos centrais

    Capítulo I

Artigo 3º O conselleiro.
  1. O conselleiro é a autoridade superior da consellería e con tal carácter está investido das atribucións enumeradas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu

    presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e pola Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e de réxime administrativo.

  2. O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza actuará como secretario do Consello da Xunta de Galicia e das comisións delegadas do Goberno galego.

    Capítulo II

    Da Secretaría Xeral

    Sección 1ª

    Da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR