Decreto 562/2005, do 1 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyDecreto

Polo Decreto 232/2005, do 11 de agosto (DOG nº 155, do 12 de agosto), fixouse a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Atendendo principalmente ás modificacións practicadas nesa estrutura, procede ao mesmo tempo determinar a estrutura orgánica e funcional que sexa necesaria para o cumprimento das funcións que se lle atribúen á Consellería do Medio Rural, respectando os principios de eficacia e economía que sempre deben presidir a actuación e a organización administrativa.

Xa que logo, e por proposta do conselleiro do Medio Rural, co previo informe das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Economía e Facenda, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día un de decembro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Capítulo I

Da Consellería

Artigo 1º Competencias.

A Consellería do Medio Rural, baixo a superior dirección do titular do departamento, é o órgano da Administración galega encargado de propor e executar as directrices xerais do goberno no ámbito rural que engloba as competencias en materia de agricultura, gandaría, montes e prevención e defensa dos incendios forestais, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais e industrias agroalimentarias, de acordo co establecido na Constitución española e no Estatuto de autonomía de Galicia, e na forma establecida neste decreto.

Artigo 2º Órganos.

Para o exercicio das súas funcións, a Consellería do Medio Rural estrutúrase nos seguintes órganos:

  1. O Conselleiro.

  2. A Secretaría Xeral.

  3. Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias.

  4. Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.

  5. Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

  6. Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal.

  7. Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

  8. Delegacións provinciais.

  9. Órganos colexiados.

Artigo 3º Entidades adscritas.

Adscríbense á Consellería do Medio Rural as seguintes entidades:

-O organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria.

-O ente público Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

  1. O Conselleiro.

Artigo 4º O Conselleiro.

O Conselleiro é a superior autoridade da consellería e con tal carácter está investido das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro.

  1. A Secretaría Xeral.

Artigo 5º A Secretaría Xeral.

A Secretaría Xeral exercerá as competencias e funcións establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, e todas aquelas que lle sexan encomendadas polo titular da consellería, contando, para o exercicio das súas funcións, coas seguintes unidades baixo a súa dependencia orgánica e funcional:

  1. Subdirección Xeral de Contratación e Coordinación Orzamentaria, que exercerá as funcións de prestar asistencia ao secretario xeral en cantos asuntos lle encomende para a coordinación administrativa dos servizos da consellería, velar pola aplicación das instrucións que se diten para a elaboración dos orzamentos, confeccionar o anteproxecto de orzamento da consellería, informar e tramitar as propostas de modificacións orzamentarias, controlar a xestión económica e a execución do gasto polas diversas unidades, realizar o seguimento da aplicación dos fondos comunitarios e dos programas coordinados co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e co Ministerio de Medio Ambiente, e así mesmo o seguimento, tramitación e control dos expedientes de contratación da consellería.

    Para o exercicio das súas funcións contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

    1.1. Servizo de Contratación, que efectuará o seguimento, tramitación e control de toda a contratación administrativa da consellería e das encomendas de traballos e actividades precisos para o exercicio das competencias e funcións dela, así como a tramitación administrativa dos convenios de colaboración e de todos aqueles asuntos ou materias que pola súa natureza análoga lle sexan encomendados.

    1.2. Servizo de Xestión Orzamentaria, que exercerá, en coordinación cos órganos afectados, as funcións relativas á xestión dos orzamentos, tramitación dos expedientes de modificación orzamentaria e aqueloutras funcións que se lle encomenden en materia orzamentaria, en especial, a coordinación administrativa dos servizos, a xestión e control de

    todos os vehículos do parque móbil da consellería e a habilitación de material; e por outra banda as relativas ao mantemento, inventariado, xestión e control dos bens inmobles e mobles adscritos á consellería.

    1.3. Servizo de Programación, que exercerá as funcións de elaboración do anteproxecto anual do orzamento da consellería; o apoio técnico, coordinación, seguimento e consolidación da información técnica e financeira subministratada polos distintos centros xestores de fondos comunitarios e de programas coordinados co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e co Ministerio de Medio Ambiente para a súa análise e avaliación; e a análise a avaliación dos programas de gasto da consellería en coordinación cos seus centros directivos.

  2. Subdirección Xeral de Persoal e Informática coas funcións relativas á xestión do persoal funcionario e laboral e a informatización e racionalización administrativa dos servizos.

    Para o exercicio das súas funcións, contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

    2.1. Servizo de Persoal, que realizará funcións de control, xestión, habilitación e tramitación dos asuntos do persoal funcionario e laboral, a organización do rexistro, documentación e arquivos e demais asuntos de réxime de funcionamento interno.

    2.2. Servizo de Informática, que terá por encargo a asesoría técnica, execución, proposta, coordinación e supervisión dos plans de informatización de todas as unidades administrativas da consellería e entidades dependentes dela para automatizar, axilizar e mellorar o seu funcionamento, sen prexuízo das competencias doutros departamentos da Administración galega nesta materia. Para estes efectos, corresponderanlle as funcións que se expoñen de seguido:

    1. Administración de sistemas.

    2. Administración das redes de voz e datos.

    3. Atención aos usuarios.

    4. Análise de novos desenvolvementos.

    5. Políticas de seguridade e protección de datos.

    6. Análise funcional do novo hardware e software.

    7. Avaliación e coordinación das demandas de desenvolvemento informático das diversas unidades.

  3. Servizo Técnico Xurídico, que terá ao seu cargo a elaboración de informes e ditames e o estudo das propostas de disposicións que elaboren os distintos centros directivos da consellería; a tramitación e a proposta de resolución dos expedientes de responsabilidade patrimonial, reintegros de subvencións, da revisión dos actos en vía administrativa e dos expedientes sancionadores cuxa resolución corresponda aos directores xerais, ao conselleiro ou ao Consello da Xunta de Galicia nas materias competencia da consellería; así mesmo, ocuparase da preparación e tramitación dos expedientes que se eleven ao Consello da Xunta de Galicia e as súas comisións delegadas e do traslado de acordos destas, así como da coordinación da publicación de toda

    clase de disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da consellería e entidades adscritas que deban ser publicados no Diario Oficial de Galicia; igualmente corresponderalle a realización de cantas actuacións sexan necesarias respecto das fundacións de interese galego sobre as que a consellería exerza o protectorado, levando para ese efecto os libros de rexistro correspondentes, e todos aqueles asuntos que, por razón da súa competencia, lles sexan encomendados polo secretario xeral.

  4. Dependendo organicamente da secretaría xeral e con nivel orgánico de subdirección xeral, existirán as seguintes unidades:

    1. Asesoría Xurídica, que se rexerá polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

    2. Intervención Delegada.

    1. Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias.

Artigo 6º Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias.

Á Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias correspóndelle a elaboración, a proposta e o desenvolvemento das directrices da política agraria en materia de mellora das explotacións agrarias e do medio rural respecto da estrutura das explotacións agrarias e a modernización das infraestruturas rurais.

Para o exercicio das súas funcións contará coas seguintes unidades:

  1. Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias coas funcións de levar a termo as accións relativas á mellora das explotacións agrarias e a aplicación das medidas de acompañamento da Política Agrícola Común nos eidos agrícola e gandeiro, as accións referidas aos sistemas de produción agraria sustentable e de conservación do medio rural sen prexuízo das competencias da consellería competente en materia de ambiente, así como a xestión das cantidades de referencia e o rexistro de explotacións.

    Para o desenvolvemento das súas funcións, contará coas seguintes unidades:

    1.1. Servizo de Axudas Estruturais, ao que lle corresponderán as funcións relativas á mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR