Resolución do 29 de decembro de 2006 pola que se convocan listas de profesorado colaborador para impartir os cursos de galego promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, se establecen os requisitos que deben posuír as persoas aspirantes, así como os criterios de baremación que se terán en conta para a elaboración das listas e o réxime de chamamento para impartir os cursos.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

O artigo 3 da Constitución española de 1978 garante a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galicia e asegura a normalización do galego como lingua propia do noso pobo.

O artigo 5 do Estatuto de autonomía e o artigo 1 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística establecen que a lingua propia de Galicia é o galego e que os poderes públicos potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

Mediante a Orde do 1 de abril de 2005 reguláronse os cursos de formación en lingua galega e as validacións correspondentes e establecéronse os tipos de cursos e o contido curricular de cada un deles.

Pola súa banda, o artigo 7.1º do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia dispón que a Secretaría Xeral de Política Lingüística é o órgano superior da Administración autonómica en materia de promoción e ensino da lingua galega.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.

Convocar listas de profesorado colaborador para impartir os cursos de galego promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, establecer os requisitos que deben posuír as persoas aspirantes, os criterios de baremación que se terán en conta para a elaboración das listas e o réxime de chamamento para impartir os cursos, segundo as bases que figuran no anexo I desta resolución.

Segundo.

Publicar o modelo de solicitude para inscribirse nas listas de profesorado colaborador e, de ser o caso, para solicitar a modificación de datos.

Terceiro.-Definir o ámbito xeográfico de cada lista.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición, segundo o previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, perante a Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, ou ben recorrer directamente

perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2006.

María Sol López Martínez

Secretaria xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Convocatoria de listas de profesorado colaborador para impartir os cursos de galego promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, requisitos que deben posuír as persoas aspirantes, criterios de baremación que se terán en conta para a elaboración das listas e réxime de chamamento para impartir os cursos.

BASES

Artigo 1º Obxecto.

Esta convocatoria ten por obxecto a elaboración da lista de profesorado colaborador para impartir cursos de galego promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Establécense, así mesmo, os requisitos que deben posuír as persoas aspirantes, os criterios de baremación e o réxime de chamamento para impartir os cursos.

Artigo 2º Persoas destinatarias.

Poderán inscribirse nesta lista as persoas que reúnan os requisitos establecidos no artigo 3 desta convocatoria e que desexen impartir os cursos de formación de galego promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Artigo 3º Requisitos.

Poderán solicitar ser inscritas na lista as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Ser licenciado/a en filoloxía galega ou en filoloxía hispánica, sección galego-portugués.

  2. Ter feitos e avaliados positivamente os cursos de formación para profesado de lingua galega, linguaxes especializadas e/ou extensión cultural que realiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

  3. Ser demandante de emprego.

Artigo 4º Solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes, no modelo normalizado que figura como anexo II, xunto coa documentación correspondente, presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais, no prazo de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A presentación da solicitude implicará a aceptación íntegra das bases da convocatoria.

Artigo 5º Documentación.

As persoas aspirantes presentarán orixinal ou fotocopia compulsada dos seguintes documentos:

  1. DNI.

  2. Título de licenciado/a en filoloxía galega ou en filoloxía hispánica, sección galego-portugués.

  3. Certificado de ter realizados e avaliados positivamente os cursos de formación de profesorado de lingua galega, linguaxes específicas ou de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR