Decreto 570/2005, do 29 de decembro, polo que se establece o Plan de máquinas de xogo tipo B na Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas de Galicia, establece no seu artigo 7 que poderá existir unha planificación de carácter territorial para a distribución das autorizacións que cumpran os requisitos exixidos.

Desde a publicación desta lei, a normativa sectorial de máquinas recreativas e de azar vén limitando de modo xenérico o outorgamento xeneralizado de máquinas de xogo tipo B co fin de cumprir cos principios constitucionais de defensa dos consumidores e coas limitacións do xogo establecidas na propia Lei do xogo respecto á prohibición do uso deste tipo de aparellos por parte de menores de idade e maiores que non se achen no seu pleno uso da súa capacidade de obrar.

Desde o ano 1986 no que o Decreto 374/1986, do 30 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar establecía que, mentres non se aprobe un Plan territorial de xogo que recolla o número e características das autorizacións, a consellería con competencias en materia de xogo outorgará as autorizacións por apreciación libre, as novas autorizacións limitáronse determinándose nos sucesivos regulamentos de máquinas respecto ao número de máquinas que se poden instalar nos locais, os requisitos para emitir as autorizacións e boletíns de instalación e as características das propias máquinas.

A Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e réxime administrativo dispón na disposición transitoria única que no prazo dun ano a partir da entrada en vigor desta lei, procederase, mediante decreto, á aprobación da planificación da oferta de máquinas de xogo tipo B na Comunidade Autónoma de Galicia.

A publicación desta disposición na Lei 14/2004 ten a súa orixe na Sentenza 551/2004, do 24 de xuño, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que anula a disposición adicional segunda do Regulamento de máquinas recreativas e de azar, aprobado polo Decreto 106/1998, do 12 de febreiro. Este decreto, na súa disposición adicional segunda, limitaba o parque de máquinas ás existentes no momento de aprobación da dita norma, que eran 14.969 máquinas. A parte dispositiva da sentenza, publicada no DOG do 17 de xaneiro 2005, establece que se proceda de acordo co fundamento xurídico segundo. Este fundamento di que ao non establecerse un prazo para redactar o plan de máquinas, ou de ser o caso, para suspender...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR