Decreto 447/2003, do 11 de decembro, polo que se acepta a título gratuíto a doazón de diverso material con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

O Complexo Hospitalario de Pontevedra remitiu ó Servicio Galego de Saúde varias ofertas de doazón de diverso material con destino a diferentes servicios do dito complexo. O Servicio Galego de Saúde emitiu un informe favorable á aceptación do equipamento ofertado.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de decembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo primeiro Acepta-la doazón do seguinte material:

-1 scaner, marca H.P., modelo 2400, cun valor 150 euros a favor da Unidade de Inmobilizado, doado por Diseño de Sistemas Digitales Microiberica, S.L.

-1 impresora, marca Lexmark, modelo 323, cun valor de 429,20 euros a favor do servicio de pediatría, doada por Pharmacia Diagnostics España, S.A.

-1 cámara fotográfica, marca Nikon, modelo Coolpix 4500, cun valor de 836,61 euros, doada por Insanex, S.L.

-2 ordenadores con monitor e teclado, marca Compaq, modelo EVO D310DT, cun valor de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR