Decreto 259/2006, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyDecreto

Preámbulo

A Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, determina a creación do Instituto Galego da Calidade Alimentaria, Ingacal, como un ente de dereito público con personalidade xurídica de seu, aínda que sometido

á dirección estratéxica da consellería competente en materia de agricultura. Establece tamén que axustará a súa actividade ao ordenamento xurídico privado salvo cando exercite potestades administrativas.

Segundo recolle esta lei, un dos principais campos de actuación do Ingacal será a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico no sector alimentario galego. Con iso preténdese corrixir o déficit que nesta materia se produce na nosa comunidade autónoma que, aínda tendo un sector primario cun peso relativo importante e unha destacada actividade agroindustrial, debido á escasa dimensión da maioría das nosas industrias agrarias e alimentarias, a investigación neste campo é certamente insuficiente. O Ingacal pretende actuar de dinamizador, colaborando coa industria agraria e alimentaria e promovendo e participando directamente en actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico neste ámbito, cando se dean circunstancias de interese estratéxico, insuficiente participación dos axentes económicos ou necesidade de estruturar ou reestruturar un ámbito produtivo vinculado ao sector agrario e alimentario. Tamén desenvolverá actividades de investigación no eido dos procesos produtivos primarios, con especial atención aos aspectos da calidade e seguridade alimentaria, aos axentes biolóxicos causantes de enfermidades, principalmente zoonoses, e ao mantemento do ambiente. Ademais, e dado o carácter eminentemente aplicado e finalista das actividades de investigación, corresponderalle ao Ingacal desenvolver as actuacións de formación e transferencia de tecnoloxía nas materias da súa competencia, en colaboración coa subdirección xeral con competencias en materia de formación e transferencia tecnolóxica da consellería competente en materia de agricultura.

Deste xeito preténdese, para dar a necesaria coherencia ao sistema, que a investigación no sector alimentario se entenda como un único corpo que abrangue desde o relativo á produción das distintas materias primas ata os seus procesos de transformación industrial e a súa posta á disposición dos consumidores, visión global cada vez máis asumida pola política agroalimentaria da Unión Europea, e de xeito especial, en materia de seguridade alimentaria, o que se concreta na obriga de implantar sistemas de trazabilidade ou rastrexabilidade para coñecer o historial dun produto desde a súa produción primaria ata o seu consumo, o que se resume na xa coñecida frase «desde a granxa ata a mesa».

Trátase, en definitiva, de dar ao complexo agroindustrial galego o soporte científico e tecnolóxico necesario para o seu desenvolvemento sustentable co obxectivo final da mellora da calidade da produción alimentaria.

A Consellería do Medio Rural é competente en materia de investigación agraria e forestal. Para o exercicio destas competencias a Xunta de Galicia dispón dun conxunto de centros, servizos e unidades con investigadores, técnicos e persoal auxiliar.

Porén, para o cumprimento destas funcións, cada vez requírese unha maior especialización do persoal e unha maior axilidade e autonomía na xestión, en particular, das fontes de financiamento e no uso dos medios materiais e humanos. A dita autonomía é así mesmo necesaria nas relacións coas empresas, cos consellos reguladores e con outros centros de investigación que poidan esixir convenios e concertos para materializar a dita colaboración.

Polo anterior, o obxectivo fundamental do Ingacal será o desenvolvemento da investigación agrícola, gandeira e alimentaria, o impulso do desenvolvemento e a transferencia tecnolóxica e a dinamización de iniciativas que comporten novas orientacións produtivas ou de adecuación ao mercado e ás súas exixencias, actuando como medio propio da Administración en áreas basicamente tecnolóxicas como son a investigación e transferencia de tecnoloxía, a certificación da calidade ou a promoción de iniciativas de desenvolvemento específicas, así como o asesoramento ao tecido agroalimentario naqueles aspectos relacionados coa calidade dos alimentos.

O outro aspecto fundamental que a Lei 2/2005 atribúe ao Ingacal o constitúe a promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade.

Para iso, o Ingacal pretende ser unha importante ferramenta para facilitar o funcionamento dos consellos reguladores, sobre todo dos de pequena dimensión, que atopan actualmente importantes obstáculos para realizar de xeito eficiente o seu traballo, debido á dificultade de afrontala con medios materiais e humanos limitados. En efecto, o exercicio das funcións que a lexislación vixente recoñece como propias dos consellos reguladores supón un labor de notable complexidade. Se a isto se une que o desenvolvemento eficaz destas funcións constitúe o factor que caracteriza a credibilidade da propia denominación, haberá que concluír que estes órganos precisan ter unha estrutura de funcionamento eficiente desde o momento da súa constitución. A xestión dos distintos rexistros, o control das entradas e saídas de produtos das industrias, a comprobación da súa calidade e das circunstancias conducentes á certificación do produto final, supoñen un conxunto de tarefas administrativas e técnicas, de campo e de gabinete, de considerable magnitude.

A isto hai que engadir que a normativa comunitaria e a propia lei galega de promoción e defensa da calidade alimentaria, así como a Lei estatal básica 24/2003, no caso das denominacións de orixe de viños, exixen que estes consellos cumpran a norma internacional de calidade para entidades que certifican produto, UNE-EN-45011, que garante a independencia e imparcialidade do órgano de control e certificación.

Todo isto obriga a que calquera consello dispoña dunha estrutura organizativa de certa complexidade, que representa un custo económico de implantación

e funcionamento elevado, por pequeno que sexa o ámbito da denominación, xa que esta estrutura mínima necesaria é realmente gravosa.

Este elevado custo é un importante obstáculo para o funcionamento dos consellos reguladores e limita a posibilidade de creación de novas denominacións de calidade para produtos que, polo reducido volume de negocio que inicialmente poidan xerar, dificilmente poderían manter esa estrutura.

Por outra banda, todos os consellos reguladores dependen en maior ou menor medida das subvencións da Administración autonómica, e salvo algunha excepción, dificilmente sobrevivirían sen axudas públicas. A normativa da Unión Europea limita cada vez máis as axudas ao seu funcionamento como órganos de control e certificación, determinando que deben ser decrecentes anualmente ata desaparecer a medio prazo, polo que nese período os consellos reguladores deberían chegar ao autofinanciamento. Isto podería supor a desaparición de gran parte dos consellos actuais e volve ser un grave obstáculo para o nacemento de novas denominacións.

Neste sentido pois, o Ingacal pretende ofertar os seus servizos aos distintos consellos reguladores que voluntariamente o demanden, co fin de optimizar os recursos e reducir os custos de funcionamento grazas ao efecto de escala, e contribuír á profesionalización, especialización e mellora da calidade dos servizos realizados.

En estreita relación co anterior, será o Ingacal ademais o organismo de xestión e control das marcas de calidade do sector agroalimentario ás que se refire o artigo 30 da citada Lei de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, así como da artesanía alimentaria de Galicia.

Ademais, a lei galega citada regula a natureza, obxectivos e funcións, réxime económico, patrimonial e orzamentario do Instituto, as súas relacións coa Administración, así como os seus órganos de dirección, aspectos que requiren o axeitado desenvolvemento regulamentario.

Polo exposto e en virtude das atribucións que confire a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta do conselleiro do Medio Rural, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e oito de decembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Natureza xurídica e adscrición.
  1. Conforme o disposto na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, o Instituto Galego da Calidade Ali

    mentaria, Ingacal, é un ente de dereito público con personalidade xurídica de seu, dos previstos no artigo 12.1º b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

  2. De acordo co previsto na citada lei, o Ingacal adscríbese á consellería competente en materia de agricultura quedando baixo a dependencia do seu titular. Esta consellería prestará apoio técnico e administrativo ao Instituto.

Artigo 2º Funcións.
  1. De conformidade co disposto na Lei 2/2005...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR