Resolución do 19 de decembro de 2006, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico de familia de atención primaria do Servizo Galego de Saúde.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorSERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Rango de LeyResolución

O Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), regula a provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

De conformidade co establecido no Decreto 129/2006, do 20 de xullo (DOG nº 151, do 7 de agosto) polo que se aproba a oferta de emprego público de determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2006, procede agora acordar e publicar as bases que van rexer a convocatoria da devandita oferta.

A presente convocatoria ten en conta o principio de igualdade de trato entre homes e mulleres polo que se refire ao acceso ao emprego, de acordo co artigo 14 da Constitución española, a Directiva comunitaria do 9 de febreiro de 1976 e ás previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

Polo tanto, este centro directivo, logo da negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación e no uso das competencias atribuídas polo Decreto 46/2006, do 23 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, resolve convocar concurso-oposición para o ingreso na categoría de medico de familia de atención primaria do Servizo Galego de Saúde, de acordo coas seguintes

Bases:

Primeira.-Normas xerais.

  1. Convócase concurso-oposición para o acceso á categoría de médico de familia de atención primaria.

  2. O número de prazas que se cubrirán neste proceso selectivo é o que se especifica no anexo I, con expresión das reservadas ás quendas de acceso libre, promoción interna e, se é o caso, reserva do cinco por cento das prazas convocadas en número enteiro, para seren cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento, de acordo coa disposición adicional décimo novena da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo, reformada pola Lei 53/2003, do 10 de decembro, sobre o emprego público de discapacitados.

  3. No caso de que as prazas reservadas para a quenda de persoas con discapacidade non sexan cubertas, acumularanse ás da quenda de acceso libre. Así mesmo, no caso de que algún aspirante con discapacidade que se presentase pola quenda de reserva de persoas con discapacidade superase os exercicios correspondentes, pero non obtivese praza, e a súa puntuación fose superior á obtida

    por outros aspirantes da quenda de acceso libre, será incluído pola súa orde de puntuación na quenda de acceso libre.

  4. De conformidade co establecido no artigo 25.1º do Decreto 206/2005, do 22 de xullo e o artigo 3.1º do Decreto 129/2006, do 20 de xullo, en atención as especiais circunstancias que concorren nesta categoría e coa unanimidade de todas as organizacións sindicais presentes na mesa de negociación, establécese unha porcentaxe de prazas reservadas á quenda de promoción interna do 15% do total das prazas ofertadas.

    As prazas da quenda de promoción interna que non sexan cubertas acumularanse ás da quenda de acceso libre.

  5. Os aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas. Se da instancia que presenten non se deduce a súa opción, serán excluídos na lista provisional de admitidos e excluídos que se publique. De non emendar o defecto da instancia, serán incluídos de oficio na quenda de acceso libre. Xa que logo, tras a publicación da lista definitiva de admitidos e excluídos, non se permitirá ningún cambio de quenda posterior ou calquera outro tipo de corrección ou aclaración respecto diso.

    Segunda.-Requisitos dos candidatos.

    Os aspirantes, de calquera quenda de acceso, deberán posuír todos os requisitos exixidos nesta base na data en que finalice o prazo de presentación de instancias e terán que mantelos ata a toma de posesión como persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

    O feito de figurar na relación definitiva de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos aspirantes a posesión dos requisitos exixidos no procedemento que se convoca.

  6. Requisitos comúns para todas as quendas de acceso:

    1. Ser español.

      Ser nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

      Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, cando así o prevexa o correspondente tratado, e o dos nacionais dalgún Estado ao que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade que vivan ás súas expensas.

    2. Ter cumpridos os dezaoito anos de idade e non ter alcanzada a idade de sesenta e cinco anos.

    3. Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que se deriven do correspondente nomeamento.

    4. Non estar separado, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, se é o caso, para a correspondente profesión.

      No caso dos nacionais doutros estados mencionados na alínea a), non estar inhabilitado, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin estar separado, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

    5. Aboar as taxas por dereito de exame, se é o caso.

    6. Estar en posesión da titulación que se especifica no anexo I desta resolución ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de instancias.

      No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

  7. Persoas con discapacidade:

    Ademais dos requisitos anteriores, os aspirantes que se presenten pola quenda de persoas con discapacidade terán que ter recoñecida a condición legal de persoa cun grao de minusvalidez igual ou superior ao trinta e tres por cento.

  8. Promoción interna:

  9. Ter a condición de persoal estatutario fixo doutra categoría de nivel académico igual ou inferior ao daquela á que se pretende acceder.

  10. Estar en servizo activo en institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia.

    Ao persoal integrado no réxime estatutario, seralle computado, para os efectos do prazo de dous anos, o tempo de servizos prestados como funcionario de carreira ou laboral fixo.

  11. Presentar a titulación requirida.

    Terceira.-Instancia.

  12. Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia que se obterá segundo as instrucións que se publican como anexo II desta convocatoria. Xunto coa instancia presentarase a seguinte documentación:

    1. Fotocopia do DNI ou pasaporte.

      Os aspirantes estranxeiros que residan en España deberán, ademais, presentar unha fotocopia cotexada

      da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario en vigor ou, se é o caso, da tarxeta temporal de residente comunitario ou de traballador comunitario fronteirizo en vigor.

      Os aspirantes que sexan nacionais da Unión Europea ou dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, que non residan en España, ben por residir no estranxeiro ou por atoparse en España en réxime de estadía, deberán presentar unha fotocopia cotexada do documento de identidade ou pasaporte.

      Os familiares dos anteriores deberán presentar unha fotocopia cotexada do visado e, se é o caso, do xustificante de solicitar a correspondente tarxeta ou xustificante de solicitar a exención do visado e da correspondente tarxeta. De non solicitar estes documentos, deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo do parentesco e unha declaración xurada ou promesa do español, do nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea e do nacional dalgún Estado, ao que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, co que existe este vínculo, de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

    2. Xustificante de aboar os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente.

      Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe 38,20 A, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia. Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación orixinal como o sinalado no anexo III. O devandito impreso facilitaráselles aos interesados nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

      Estarán exentos do pagamento das taxas por dereitos de inscrición:

      As persoas con discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento.

      As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial; no caso de membros de categoría xeral terá unha bonificación do cincuenta por cento.

      A acreditación deste dereito, debidamente cotexada, presentarase xunto coa instancia.

      A presentación do xustificante do ingreso das taxas, en que en...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR