Decreto 314/2004, do 9 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción Construción de nova ponte sobre o ferrocarril na AC-960. Treito: A Susana. Clave: AC/04/055.06.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

Con data do 30 de setembro de 2004 o director xeral de Obras Públicas, por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou definitivamente o proxecto de construción Construción de nova ponte sobre o ferrocarril na AC-960. Treito: A Susana. Clave: AC/04/055.06.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia na seguridade vial. A construción da nova ponte é precisa para asegurar o tránsito en ambos os sentidos, sen necesidade de ceder o paso de maneira alternativa como sucede na actualidade. O novo largo da ponte tamén asegura espazo suficiente para o paso de peóns.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR