DECRETO 113/2015, do 4 de xuño, polo que se declara ben de interese cultural o fondo bibliográfico e documental de Abanca Corporación Bancaria, S.A.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyDecreto

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, consciente de que o fondo bibliográfico e documental de Abanca Corporación Bancaria, S.A., antes de Caixa Galicia, é un elemento fundamental do patrimonio bibliográfico e documental galego, tanto polo valor individual dalgunha das obras que reúne como, principalmente, polo valor histórico e documental que supoñen como colección para a identidade do pobo galego, acordou por medio da Resolución do 23 de setembro de 2013, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural (DOG núm. 188 do 2.10.2013), incoar o expediente para a declaración de ben de interese cultural do fondo bibliográfico e documental de Novagalicia Banco, agora Abanca Corporación Bancaria, S.A.

O fondo bibliográfico e documental de Abanca Corporación Bancaria, S.A., constituído por 3.199 volumes que inclúen libros e documentos, componse de coleccións bibliográficas, como os fondos de economía, os incunables, os facsímiles e o fondo histórico, e un fondo documental, o dos autógrafos, que por tratarse de manuscritos non incluídos en series documentais poden asociarse aos fondos bibliográficos e que, en todo caso, deben considerarse como un fondo único, sen separar uns elementos ou seccións dos outros.

En relación co que dispón a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, para a tramitación da declaración de bens de interese cultural, e como se recolle na propia resolución pola que se incoa o procedemento, procedeuse coa publicación da resolución de incoación no Diario Oficial de Galicia a abrir un trámite de información pública por un período dun mes, en que se puideron presentar as alegacións que se consideraron oportunas. Para tales efectos, a documentación do expediente estivo á disposición do público nas oficinas da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no Edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, sen que se presentase ningunha alegación, nin durante este período nin posteriormente.

A incoación notificóuselles aos seus titulares e foi posteriormente publicada no Boletín Oficial del Estado (BOE núm. 275, do 16.11.2013). Os bens foron daquela inscritos provisionalmente no Rexistro de BIC.

Como parte dos trámites necesarios para a declaración, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural solicitou informe aos órganos consultivos a que fai referencia a Lei do patrimonio cultural de Galicia, en concreto á Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, á Real Academia Galega de Belas Artes da Nosa Señora do Rosario e ao Consello da Cultura Galega.

Os informes de dous dos órganos consultivos resultaron favorables á declaración e sinalaron a relevancia da colección e os seus valores, así como a conveniencia da declaración para que a información que conteñen poida ser consultada polo público en xeral, polo que se considerou oportuno seguir coa tramitación sen necesidade de agardar ao sentido do terceiro dos solicitados.

Á vista das devanditas consideracións e despois de rematar a instrución do expediente administrativo, no cal se conclúe o valor sobranceiro dos bens identificados como patrimonio bibliográfico e documental de Galicia, cómpre proceder á súa resolución definitiva.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do catro de xuño de dous mil quince,

DISPOÑO:

Primeiro. Declarar ben de interese cultural o fondo bibliográfico e documental de Abanca Corporación Bancaria, S.A. segundo a descrición e o réxime xeral de protección que constan nos anexos I e II deste decreto.

Segundo. Incluír os bens obxecto deste decreto no Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural de Galicia e dar conta ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural e ao Inventario Xeral de Bens Mobles da Administración xeral do Estado.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catro de xuño de dous mil quince

Alberto Núñez FeijóoPresidente

Román Rodríguez GonzálezConselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I Fondo bibliográfico e documental de Abanca Corporación Bancaria, S.A.

* Fondo de economía.

  1. Carta del General Nicolas Mahyle, fechada en La Coruña el 27 de diciembre de 1810, dirigida a la Junta Provincial de Mondoñedo, en la que se extiende la intervencion patriotica de las Tesorerias y Depositarias del Reyno, hasta ahora extensivas a las entra.

  2. Carta del Marques de Villagarcia, fechada el 11 de abril de 1810, en La Coruña, en nombre de la Junta Superior del Reyno de Galicia, solicitando un Inventario de la Tesoreria y Administracion de la Real Caja de Consolidacion de la Provincia de Leon que tu.

  3. Carta del Marques de Villagarcia, fechada en La Coruña el 16 de marzo de 1810, dirigida a la Junta Provincial de Mondoñedo, en la que habla del supuesto fraude cometido por el Tesorero de Consolidacion del Reino de Leon, Francisco Pino, en el manejo de lo.

  4. Carta del Marques de Villagarcia, fechada en La Coruña el 3 de abril de 1810, dirigida al Presidente de la Junta Provincial de Mondoñedo, en la se comunica que debe recogerse y enviarse a la mayor brevedad «quanta plata labrada pueda haber».

  5. Lote de Letras de los años 1820, 1833 (con grabados de la Torre de Hercules y el puerto coruñes), 1858, 1878 y 1882.

  6. El libro del Contratista. – Vigo: Imp. de La Concordia, (1900). – 8º, 106 páxs., m/pel.

  7. El Rey por quanto en la transacion y medio general que oy dia de la fecha desta se ha tomado por mi mandado con Hector Picamiglio, Ambrosio Espinosa, Francisco de Malveda y Juan Jacome Grimaldo, por si y en nombrre de las personas de negocios sobre la pag. – Madrid: S.i., 1598. – Fol, 8 páxs., rústica, dá fe e asina e rubrica Pedro de Velasco, escribán de El Rei.

  8. Por Cosme Masi, Cavallero Florentin, con el Real Fisco. Estando en Flandes presto liberalmente, y sin interes, por el año de 1596, una partida de 105.000 escudos y otra de 72.500 escudos a instancia del Archiduque Alberto para socorrer al exercito de Su M. – S.l.: S.i., 1606. – Fol, rús., 60 páxs.

  9. Cedula de Su Magestad por la qual da nueva forma al cobro del uno y medio por ciento de las ventas y rentas redituales a dinero. – Madrid: S.i., 1628. – Fol, 8 páxs., rústica, gravado portada.

  10. Por Miguel Romero Agredano, Tesorero que fue de las Salinas de Granada Con el Señor Fiscal. Pretende aquel que se ha de revocar la sentencia de vista en que se absolvio y dio por libre de su demanda a la Real Hazienda.. – S.l.: S.i., 1630. – Fol, 26 páxs., rústica, gravado en portada.

  11. Carta del Reyno...a que no falte caudal para que Su Magestad acuda a la defensa de la Fe Catolica, como tan Christianissimo Principe, ofensa de los enemigos della...para que estos Reynos gozen de quietud y paz...y se imponen diversos tributos . – Madrid: S.i., 1635. – Fol, rústica, 4 páxs.

  12. Artigos das Sissas novamente emendados por mamdado del Rey Nosso Senhor. – Lisboa: Antonio Craesbeeck de Mello, 1678. – Fol, rús., 64 páxs., gravado portada.

  13. Por los acreedores de doña Madalena Calvete muger del Veinticuatro Tomas del Castillo de la Maza en el pleyto con don Guillen de Casaus y Silva, Depositario General desta ciudad.../Pérez, Lic. Antonio. – Granada: S.i., 1678 (?). – Fol, rústica, gravado e orla en portada, 40 páxs.

  14. Por el Dr. D. Phelipe Fermin, capellan de Su Magestad wn la Real Capilla de esta ciudad de Granada, y abogado en su Real Chancilleria, en el pleyto executivo con D. Martin Salado Solorzano, vezino y Veinticuatro de dicha ciudad, reo executado en el, sobre. – Granada: S.i., 1685. – Fol, 48 páxs., rústica, gravado en portada.

  15. Por Manuel Gomez Delvas acreedor hipotecario de los bienes de Pedro de Villamor contra doña Maria Salmeron su mujer.... – Granada: S.i., 1700 (?). – Fol, rústica, capitular orlada, 24 páxs.

  16. Por don Antonio de Villaverde y Mateo Sanchez Pintado, vezinos de la ciudad de Medina de Rioseco con Santiago de Zumalave, vezino de ella, sobre la nulidad y rescission de la quenta que dize aver dado, como caxa que del abasto de las Carnicerias de dicha/Torres y Olvera, Lic. Francisco de. – Granada: S.i., 1703 (?). – Fol, rústica, orla portada, 40 páxs.

  17. Instruccion de lo que se ha de observar por todos los Mercaderes y Traficantes de el Reyno con los generos y mercaderias ultramarinas y de otros Reynos que conduxeren a sus Tiendas y Almacenes. – Madrid: S.i., 1717. – Fol, rústica, 8 páxs.

  18. El Rey...que la necesidad y repetidas urgencias del sistema presente de la Monarquia instan a la mas exacta prudente economia en la distribucion de los medios...he resuelto que a la Sala de Govierno de este Consejo de Hazienda se agreguen y queden en ella. – Madrid: Imp. Diego Martínez, 1718. – Fol, rústica, 4 páxs.

  19. Por los testamentarios del Excelentisimo señor don Juan de Baeza Manrique de Lara, que fue Marques de Castro-Monte en el pleyto con los diputados de las tres clases de Acreedores, que se dicen de la Quiebra de Don Gabriel de Morales, y Comapañia, Comprado. – S.l.: S.i., 1731. – Fol, rús., 32 páxs., gravado portada.

  20. Real Decreto en que manda Su Magestad se administren de cuenta de la Real Hacienda las Rentas Provinciales. – Madrid: Imp. Manuel Fernández, 1749. – Fol, rústica, 4 páxs., capitular orlada.

  21. Resolucion para que cada año se destinen cien mil escudos de vellon para que se vayan pagando todos los Creditos contra la Real Hacienda, sean de la naturaleza que fueren, como dimanen de tiempo anterior al de mi Reynado, y estuviesen habilitados, exceptu. – Buen Retiro: S.i., 1749. – Fol, rústica, 4 páxs.

  22. Resolucion de Su Magestad para evitar abusos en el trafico de Generos de Dominios extraños en el interior del Reyno, por los fraudes que ocasionan a las Rentas Generales. – Madrid: S.i., 1754. – Fol, rústica, 4 páxs.

  23. Por don Miguel Muñoz de Pamplona, num. 10...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR