DECRETO 116/2019, do 19 de setembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción Itinerario peonil e ciclista na PO-531. Treito A Devesa-Bretoña. Puntos quilométricos 6+200-10+250, de clave PO/16/261.06, nos concellos de Pontevedra e Barro.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Mobilidade
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 45, do 5 de marzo de 2018, publicouse o Anuncio do 16 de febreiro de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción Itinerario peonil e ciclista na PO-531. Treito A Devesa-Bretoña. Puntos quilométricos 6+200-10+250, de clave PO/16/261.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Segundo. Tras a análise das alegacións, informes e certificados presentados, o 16 de xullo de 2019 apróbase o expediente de información pública e o proxecto de construción Itinerario peonil e ciclista na PO-531. Treito A Devesa-Bretoña. Puntos quilométricos 6+200-10+250, de clave PO/16/261.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto a construción de dous itinerarios: o primeiro permitirá comunicar os núcleos de Sabarís, O Bispo e A Devesa, no concello de Pontevedra, mentres que o segundo itinerario comunicará os núcleos de poboación de Bretoña e Fonte do Curro, no concello de Barro.

Trátase dunha actuación que conecta os distintos núcleos que se sitúan estremeiras co treito de estrada obxecto de estudo, favorecendo a conexión dos principais focos de atracción, como son o polígono industrial de Sequeiros, o polígono de Barro-Meis, a igrexa de Santa María de Curro e os distintos servizos próximos á estrada autonómica PO-531, tratando de fomentar a mobilidade urbana multimodal en detrimento do vehículo motorizado.

A competencia para a execución da expropiación forzosa no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número 2 do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Corresponde ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR