DECRETO 129/2018, do 27 de setembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de itinerario peonil e ciclista na PO-307, treito Deiro-ponte da Illa de Arousa (punto quilométrico 0+000-1+650) e PO-549, treito Tarrío-Cores (punto quilométrico 6+200-7+200), clave PO/16/101.06, no concello de Vilanova de Arousa.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Mobilidade
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. O día 21 de abril de 2017 publicouse, no Diario Oficial de Galicia núm. 77, o anuncio do 11 de abril de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de itinerario peonil e ciclista na PO-307, treito Deiro-ponte da Illa de Arousa (p.q. 0+000-1+650) e PO-549, treito Tarrío-Cores (p.q. 6+200-7+200), clave PO/16/101.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Segundo. Despois da análise das alegacións, certificados e informes presentados, o 12 de setembro de 2018 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción de itinerario peonil e ciclista na PO-307, treito Deiro-ponte da Illa de Arousa (p.q. 0+000-1+650) e PO-549, treito Tarrío-Cores (p.q. 6+200-7+200), clave PO/16/101.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto a execución dun itinerario peonil mediante a construción dunha senda peonil e algún treito de beirarrúas, que permitan incentivar o traspaso de usuarios de vehículos motorizados a usuarios de bicicletas e peóns, así como garantir unha circulación segura dos viandantes e ciclistas.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Corresponde ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR