DECRETO 130/2017, do 7 de decembro, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de autovía AG-59, treito A Ramalllosa-enlace AC-241, de clave GA/08/022.01.1, nos concellos da Estrada e Teo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Este proxecto ten por obxecto levar a cabo actuacións na autovía AG-59, no treito comprendido entre o enlace da Ramallosa e o enlace da estrada AC-241; estas obras constitúen a prolongación do actual percorrido entre Santiago de Compostela e A Ramallosa, dando continuidade á autovía AG-59 en servizo.

Coa construción desta nova infraestrutura preténdese rebaixar o tráfico que na actualidade circula polas estradas autonómicas AC-841 e PO-841, así como aumentar notablemente a capacidade do itinerario e a seguridade viaria, reducindo a accidentalidade.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR