DECRETO 135/2018, do 4 de outubro, polo que se regulan os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia).

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería de Economía, Emprego e Industria
Rango de LeyDecreto

O Decreto 156/2014, do 4 de decembro, instituíu os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia), como maneira de poñer en valor e recoñecer publicamente o labor daquelas empresas que adoptan principios e prácticas de responsabilidade social na súa xestión.

O obxectivo dunha nova regulación e da aprobación dun novo decreto que substitúe o Decreto 156/2014, do 4 de decembro, é o de enfocar estes premios para que a valoración da empresa premiada non sexa por modalidade, eliminando a fragmentación en catro modalidades existentes no anterior decreto, senón que o sexa dunha maneira integral nesta materia en todas as dimensións ou ámbitos (laboral-económico, ambiental e/ou de acción social) da RSE, e tamén de maneira singular dar recoñecemento público mediante unha mención a aquela iniciativa e/ou boa práctica desenvolvida polas empresas galegas en materia de conciliación.

O que se persegue, polo tanto, é impulsar que as empresas se asuman dunha maneira integral a RSE e darlles recoñecemento público.

O presente texto respecta os principios de necesidade, eficacia, proporcionalidade, seguridade xurídica, transparencia e eficacia previstos no artigo 129.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O Decreto 135/2017, do 28 de decembro (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018), establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria e, en virtude desta normativa, esta consellería é competente, entre outras, nas materias de responsabilidade social empresarial.

Por iso, facendo uso das facultades atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de outubro de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Artigo 1 Obxecto e recoñecementos

Os premios RSE Galicia están destinados a recoñecer publicamente e premiar aquelas empresas que, nos seus sistemas de xestión, implanten e poñan en funcionamento os principios e prácticas de responsabilidade social empresarial. Contarán con dous...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR