DECRETO 15/2016, do 14 de xaneiro, polo que se regula a composición e o funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia e o procedemento de avaliación e selección de documentos.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyDecreto

As administracións e os organismos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia producen na súa actividade diaria unha gran cantidade de documentos que son testemuño legal deses actos. Estes documentos reúnense en arquivos que forman parte do Sistema de Arquivos de Galicia, no cal se integran todos os arquivos públicos de Galicia e aqueles privados que o desexen.

Non obstante, non todos estes documentos deben ser conservados de forma permanente pois, unha vez producida a perda da súa vixencia administrativa, moitos deles carecen dun valor xurídico ou informativo relevante que xustifique a súa custodia. Pola contra, a súa acumulación indiscriminada e indefinida por parte das administracións e dos organismos públicos dificulta a xestión administrativa, supón un gasto improdutivo e prexudica a conservación daqueles que realmente interesan pola súa capacidade para amosar con transparencia os procesos de toma de decisións que afectan a vida pública e garantir de forma eficaz en calquera momento os dereitos da cidadanía, entre eles, o do acceso á cultura e aos arquivos e rexistros administrativos.

Os arquivos participan de forma activa na xestión documental a través dos procesos de avaliación e selección e contribúen realmente non só á conservación do patrimonio documental do futuro senón a mellorar o funcionamento racional e eficaz dunha Administración pública que procura a calidade en todas as súas actuacións a través do control sobre o ciclo vital dos documentos producidos polos seus distintos órganos e unidades.

As competencias neste ámbito proveñen do Estatuto de autonomía de Galicia que no seu artigo 27.18 atribúe á Comunidade autónoma galega a competencia exclusiva en materia de patrimonio histórico, artístico, arquitectónico, arqueolóxico, de interese de Galicia, sen prexuízo do que dispón o artigo 149.1.28 da Constitución; arquivos, bibliotecas e museos de interese para a Comunidade Autónoma, e que non sexan de titularidade estatal.

O Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, fixo efectivo o traspaso de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura e, polo tanto, de arquivos.

O artigo 149.1.28ª da Constitución española resérvalle ao Estado a competencia exclusiva en materia de arquivos de titularidade estatal, sen prexuízo da súa xestión polas comunidades autónomas. De acordo con esta previsión, no ano 1989 asinouse o convenio de xestión de arquivos de titularidade estatal entre o Ministerio de Cultura e a Comunidade Autónoma, que foi complementado co Real decreto 1531/1989, do 15 de decembro, sobre ampliación dos medios persoais e orzamentarios traspasados na materia.

A Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, foi a primeira norma galega con rango de lei que lles dedicou unha atención singular aos arquivos e ao patrimonio documental. Esta lei asentou conceptos básicos como o de patrimonio documental ou o de sistema de arquivos e tivo a virtude de inserir estes bens na estrutura de protección elaborada con carácter xeral para todo o patrimonio cultural de Galicia.

Ata a entrada en vigor da dita lei, a normativa propia en materia de arquivos e patrimonio documental abordouse a través de distintas normas de rango regulamentario; é fundamental o papel desenvolvido polo Decreto 307/1989, do 23 de novembro, polo que se regula o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia. Este decreto, ditado en substitución do Decreto 414/1986, do 18 de decembro, polo que se regulaba o sistema público de arquivos da Comunidade, supuxo a primeira aproximación normativa a conceptos fundamentais como o de arquivos e patrimonio documental de Galicia, ao tempo que permitiu delimitar as nocións de sistema e redes de arquivos da Comunidade.

O Decreto 207/2010, do 10 de decembro, polo que se crea o Arquivo de Galicia, e o Decreto 219/2011, do 17 de decembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia, veñen completar a normativa autonómica na materia.

No eido da Administración electrónica, a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, promove a utilización das novas tecnoloxías na xestión documental das administracións, que redunda na mellora no seu funcionamento, a proximidade co cidadán, a transparencia administrativa e a garantía xurídica. Os principios desta lei son recollidos para a Administración autonómica de Galicia no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica de Galicia e as entidades dela dependentes. Por outra parte, a Resolución conxunta do 15 de decembro de 2014, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se aproba o marco de referencia do Arquivo Dixital Integrado de Galicia, que actúa como política de xestión de documentos electrónicos da Xunta de Galicia de aplicación no sector público autonómico, perfila as responsabilidades dos órganos implicados, entre eles, a Secretaría Xeral de Cultura como órgano superior competente en materia de arquivos e patrimonio documental.

Coa entrada en vigor da Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, regúlase a protección, conservación e difusión do patrimonio documental de interese para Galicia e a organización, funcionamento, acceso e difusión do contido dos arquivos de interese para Galicia e do Sistema de Arquivos de Galicia. Esta nova lei vén darlles carácter propio aos arquivos que teñen como función, ademais das tradicionais de custodia e difusión, a de participación na xestión documental das administracións nas cales prestan os seus servizos, como instrumentos que aseguran a autenticidade, integridade, fiabilidade e accesibilidade aos documentos públicos, no marco de transparencia, responsabilidade democrática e garantía xurídica que guía ás administracións públicas.

A nova lei derroga o Decreto 307/1989, do 23 de novembro, polo que se regula o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia.

A Lei 7/2014, do 26 de setembro, crea no seu artigo 34 o Consello de Avaliación Documental de Galicia como órgano colexiado consultivo e de asesoramento para o estudo e ditame sobre as cuestións relativas á cualificación e utilización dos documentos producidos, recibidos ou acumulados no exercicio das súas funcións polas institucións, administracións e organismos públicos e polas empresas e entidades deles dependentes, así como a súa integración nos arquivos e ao réxime de acceso e inutilidade administrativas de tales documentos no ámbito do Sistema de Arquivos de Galicia. Na epígrafe segunda do dito artigo determinase que as funcións, a composición e o funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia serán establecidos por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente en materia de arquivos e patrimonio documental.

Por outra parte, no artigo 19.2 da dita lei, establécese que regulamentariamente se ordenará o procedemento de avaliación, selección e eliminación de documentos nos arquivos do Sistema de Arquivos de Galicia, así como o ciclo vital dos documentos dos órganos e entidades integrantes do sector público de Galicia.

Asemade, a disposición transitoria primeira, establece un prazo de seis meses desde a súa publicación para a regulación da organización e do funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia.

Así pois, nos termos anteriores, a posta en funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia é necesaria para decidir sobre a conservación permanente ou a eliminación das series documentais en papel acumuladas nos diferentes arquivos que forman parte do Sistema de Arquivos de Galicia; así mesmo, a posta en marcha dos sistemas de xestión documental que require o desenvolvemento da Administración electrónica exixe, de acordo coa lexislación citada e as normas técnicas internacionais na materia, determinar con antelación á creación de calquera documento administrativo electrónico o seu destino final e os prazos de transferencia, conservación e acceso.

O decreto estrutúrase nunha parte expositiva e 19 artigos, agrupados nun título preliminar e dous numerados, unha disposición adicional, unha derrogatoria e catro derradeiras.

O título preliminar, baixo a rúbrica «Disposicións xerais», establece o obxecto que é regular a composición e o funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia, así como o procedemento de avaliación e selección de documentos segundo o que establece a Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Inclúense as definicións de termos que axudan a contextualizar o seu sentido neste texto.

O título I, baixo a rúbrica «Do Consello de Avaliación Documental de Galicia» regula a natureza xurídica e o réxime xurídico; a finalidade e as funcións; a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR