DECRETO 160/2018, do 13 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyDecreto

De acordo co disposto no artigo 19 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, no presente exercicio unicamente se procederá, no sector público autonómico, á incorporación de novo persoal con suxeición ás limitacións e requisitos establecidos nesa norma.

As administracións públicas que no exercicio anterior cumprisen os obxectivos de estabilidade orzamentaria, débeda pública e a regra de gasto terán unha taxa de reposición do 100 %. Adicionalmente poderán dispor dunha taxa do 8 % destinada a aqueles ámbitos ou sectores que requiran un reforzo de efectivos, sempre dentro do marco da estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira. Esta porcentaxe adicional utilizarase preferentemente cando se dea, entre outras, algunha das seguintes circunstancias: establecemento de novos servizos públicos, incremento de actividade estacional pola actividade turística ou alto volume de xubilacións esperadas.

Así mesmo, a indicada lei, no seu artigo 19.Un.7, establece o procedemento de cálculo da taxa de reposición de efectivos para os efectos de aplicar a porcentaxe máxima, sen que computen as prazas que se convoquen para a súa provisión mediante procesos de promoción interna e procesos de consolidación para o persoal declarado indefinido non fixo mediante sentenza xudicial. Ademais, no número 9 recóllese unha taxa adicional para a estabilización do emprego temporal.

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no seu artigo 48, establece os criterios xerais en que debe enmarcarse a oferta de emprego público, sen prexuízo das especificidades que se poidan establecer nas convocatorias respectivas. Esta oferta concíbese como un instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ao servizo das administracións públicas, nos cales deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

A oferta de emprego público é un instrumento de planificación dos recursos humanos que ten como obxectivo a consecución da eficacia na prestación dos servizos públicos e da eficiencia na utilización dos recursos económicos dispoñibles.

O artigo 70.3 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, establece que o decreto polo que se aprobe a oferta de emprego público poderá conter medidas derivadas da planificación dos recursos humanos.

Neste sentido merece especial mención a promoción interna como unha das medidas derivadas da planificación dos recursos humanos que ten como obxectivo contribuír á consecución da eficacia na prestación dos servizos. Deberá ser facilitada pola Administración como vía para a adquisición das correspondentes competencias e como requisito necesario para a progresión na carreira profesional desde os niveis inferiores aos superiores.

No decreto de oferta para o ano 2018 recóllese unha promoción interna para o persoal funcionario dos corpos xerais con convocatorias independentes das de acceso libre.

Tamén se prevén prazas de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estivese a realizar funcións ou desempeñase postos de traballo de persoal funcionario, ou pasase a realizar esas funcións ou a desempeñar eses postos en virtude de probas de selección ou promoción interna convocadas antes da data sinalada. Este persoal laboral fixo poderá participar nun proceso selectivo de promoción interna a través dun concurso-oposición nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Para determinar a taxa de reposición das prazas de acceso libre, tívose en conta o número de xubilacións, falecementos, renuncias, excedencias, baixas definitivas, altas e baixas producidas polos concursos de traslados a outras administracións e reingresos producidos durante o ano 2017.

Nesta oferta recóllese unha consolidación de emprego temporal para prazas de carácter estrutural, dotadas orzamentariamente e que están desempeñadas interinamente con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2005, de conformidade co previsto na disposición transitoria cuarta do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e na disposición transitoria décimo cuarta do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, que continúa en vigor de acordo coa disposición derrogatoria primeira da Lei 2/2015, do 20 de abril, do emprego público de Galicia.

Co obxecto de dar cumprimento ao establecido no artigo 19.Uno.9 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, así como aos acordos sobre o desenvolvemento da estabilidade no emprego dos servizos públicos, inclúese unha taxa adicional para a estabilización do emprego temporal, incorporando prazas dos servizos de administración e servizos xerais que respondan a necesidades estruturais, estean dotadas orzamentariamente e ocupadas de forma temporal e ininterrompida nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2017. As ofertas que articulen estes procesos de estabilización deberán ser aprobadas e publicadas nos respectivos diarios oficiais nos exercicios 2018 a 2020.

Tamén se inclúen nesta oferta prazas de consolidación de persoal laboral indefinido non fixo derivado de sentenzas xudiciais. Estas prazas están distribuídas por corpos e escalas de persoal funcionario e por categorías de persoal laboral, segundo constan nas relacións de postos de traballo aprobadas polo Consello da Xunta de Galicia para dar cumprimento ao establecido no artigo 27 da Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, e no artigo 38 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Os procesos de consolidación e de estabilización que se convoquen faranse mediante o sistema de concurso-oposición a través dos correspondentes procesos selectivos, que deberán garantir, en todo caso, a aplicación dos principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, así como respectar a libre concorrencia.

Con respecto á reserva da cota para persoas con discapacidade na oferta de acceso libre, resérvase unha porcentaxe do 9,37 % das vacantes, que se distribuirá segundo se establece nos anexos de prazas obxecto desta oferta.

A reserva do 9,37 % indicada realizarase de xeito que o 3,59 % das prazas ofertadas sexa para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 5,78 % das prazas ofertadas sexan para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

Conforme os artigos 13.2.g) e 14.2.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, corresponde ao Consello da Xunta a aprobación da oferta de emprego público por proposta da consellería competente en materia de función pública. Así mesmo, o artigo 12 da Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, exixe o informe favorable da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

Neste marco e tendo en conta os postos de traballo vacantes, cómpre a aprobación da oferta de emprego público para o ano 2018 relativa ao persoal funcionario de corpos e escalas da Administración xeral, especial e categorías de persoal laboral, e establécense os criterios en que debe enmarcarse esta oferta, de conformidade co previsto nos parágrafos un, dous e catro do artigo 12 da Lei 8/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, así como o artigo 19 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018.

Na súa virtude, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, logo do informe da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos e da Comisión de Persoal, e de conformidade co establecido no artigo 13.2.g) da Lei 2/2015, do 29 de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR