DECRETO 166/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyDecreto

Coa publicación do Decreto 116/2015, do 4 de outubro, fixouse a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Mediante o Decreto 129/2015, do 8 de outubro, fixouse a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

Co Decreto 116/2015 preténdese o reforzo do ámbito rural, para os efectos de aproveitar a potencialidade deste sector estratéxico de Galicia, e créase, para tal efecto, a Consellería do Medio Rural separada da Consellería do Mar.

Atendendo principalmente ás modificacións practicadas nesa estrutura, procede ao mesmo tempo determinar a estrutura orgánica e funcional necesaria para o cumprimento das funcións que se lle atribúen á Consellería do Medio Rural, respectando os principios de eficacia e economía que sempre deben presidir a actuación e a organización administrativa, así como os compromisos de austeridade e eficiencia asumidos polo Goberno galego.

Exclúese a regulación da estrutura orgánica do Fondo Galego de Garantía Agraria, xa que o Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria, xa contén a súa estrutura orgánica, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Así mesmo, complétase a relación de órganos colexiados adscritos á consellería e creados por normas anteriores no tempo.

En consecuencia, procede agora aprobar a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, tendo en conta o disposto no capítulo II do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Na súa virtude, por proposta da conselleira do Medio Rural, cos informes previos da Consellería de Facenda, da Secretaría Xeral da Igualdade e da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de novembro de dous mil quince

DISPOÑO:

CAPÍTULO IÁmbito competencial e organización xeral da Consellería

Artigo 1 Competencias

A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao cal baixo a superior dirección da persoa titular do departamento lle corresponde propor e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito rural, que engloba as competencias en materia de agricultura, gandaría, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía para Galicia e segundo os termos sinalados pola Constitución española e no Estatuto de autonomía, na forma establecida neste decreto.

Artigo 2 Estrutura da Consellería
  1. Para o exercicio das súas funcións, a Consellería do Medio Rural estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:

    1. O/a conselleiro/a.

    2. Secretaría Xeral Técnica.

    3. Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal.

    4. Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

    5. Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

  2. Quedan adscritas a esta consellería as seguintes entidades públicas instrumentais do sector público autonómico:

    1. O organismo Fondo Galego de Garantía Agraria.

    2. O ente público Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

    3. O ente público Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

    CAPÍTULO IIÓrganos centrais

    Sección 1ª. O/a conselleiro/a

Artigo 3 O/a conselleiro/a

O/a conselleiro/a é a autoridade superior da consellería e con tal carácter está investida das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

Sección 2ª. A Secretaría Xeral Técnica

Artigo 4 A Secretaría Xeral Técnica
  1. A Secretaría Xeral Técnica exercerá as competencias e funcións establecidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, todas aquelas que lle sexan encomendadas pola persoa titular da Consellería e é a autoridade de xestión do Programa de desenvolvemento rural (PDR).

  2. A Secretaría Xeral Técnica estará integrada polos seguintes órganos baixo a súa dependencia orgánica e funcional:

    1. Subdirección Xeral de Persoal.

    2. Subdirección Xeral de Contratación e Coordinación Orzamentaria.

    3. Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo.

    4. Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación de Fondos.

    5. Subdirección Xeral de Coordinación Administrativo-Forestal.

    6. Servizo de Réxime Interior.

  3. Adscríbense organicamente á Secretaría Xeral Técnica, con nivel de subdirección xeral, a Asesoría Xurídica e a Intervención Delegada, que dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, respectivamente.

    A Asesoría Xurídica rexerase polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, desenvolverá as funcións previstas no artigo 13.2 do dito decreto en relación coas súas respectivas áreas funcionais e contará co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.

Artigo 5 Subdirección Xeral de Persoal
  1. Á Subdirección Xeral de Persoal correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

    1. O control, xestión, habilitación e tramitación dos asuntos do persoal funcionario e laboral.

    2. A organización da documentación procedente do rexistro e, en xeral, a asistencia técnica e a coordinación administrativa dos servizos da consellería en materia de persoal e réxime interno.

    3. A encarga de todos aqueles asuntos que, por razón da súa competencia, lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, e suplir esta nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade.

    4. O apoio técnico e administrativo da Secretaría Xeral Técnica.

    5. A elaboración de estudos e propostas de actuación sobre aspectos relativos a estruturación, planificación, organización, métodos de traballo e de mellora da xestión.

    6. O asesoramento e a realización de estudos e informes en materias de competencia do departamento que lle sexan encomendados pola Secretaría Xeral Técnica.

    7. A interlocución coas organizacións sindicais nos asuntos competencia da consellería.

  2. Para o exercicio das súas funcións organízase nos seguintes servizos:

    1. Servizo de Persoal. Correspóndelle o exercicio das funcións de:

      1. Xestión e tramitación da nómina do persoal adscrito aos servizos centrais da consellería e das obrigas en materia de seguridade social e dereitos pasivos.;

      2. Análise da planificación, estudo, seguimento e control da execución do estado de gastos do capítulo I, incluída a elaboración de propostas de modificación de créditos.

      3. Ordenación e control da xestión de todo o persoal da consellería e, en especial, a xestión e administración ordinaria do persoal funcionario e laboral adscrito ás súas dependencias centrais.

      4. Programación das necesidades de persoal e a formulación das propostas relativas ás relacións de postos de traballo.

      5. Mantemento e actualización da base de datos de persoal e a organización, custodia e arquivo dos seus expedientes.

      6. Control da asistencia e puntualidade do persoal dos servizos centrais.

    2. Servizo de Recursos e Reclamacións. Correspóndelle o exercicio das funcións de:

      1. Estudo, tramitación e formulación das propostas de resolucións das reclamacións e recursos que se formulen.

      2. Elaboración dos correspondentes informes e a coordinación da documentación na materia.

      3. Estudo, coordinación e tramitación dos expedientes disciplinarios e de responsabilidade.

      4. Tramitación da execución das sentenzas.

Artigo 6 Subdirección Xeral de Contratación e Coordinación Orzamentaria
  1. Á Subdirección Xeral de Contratación e Coordinación Orzamentaria compétenlle as seguintes funcións:

    1. O asesoramento en materia orzamentaria aos órganos de dirección da consellería, e elaborar as instrucións necesarias para que os ditos órganos efectúen unha correcta execución orzamentaria.

    2. A confección do anteproxecto de orzamentos da consellería.

    3. O informe e tramitación das propostas de modificacións orzamentarias.

    4. O control e seguimento da xestión económica e a execución do gasto da consellería.

    5. O seguimento, tramitación e control dos expedientes de contratación da consellería.

    6. Tamén...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR