DECRETO 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería de Economía, Emprego e Industria
Rango de LeyDecreto

Con data do 5 de outubro de 2015 publícase o Decreto 116/2015, do 4 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, que, baixo os criterios de eficacia, suficiencia e racionalización que deben inspirar a actuación e organización administrativa, estará integrada por dez departamentos.

Posteriormente, a través do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, fíxase a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia e, no seu artigo 5, en relación coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, a dita consellería estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección: a Secretaría Xeral Técnica, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, a Dirección Xeral de Comercio, a Secretaría Xeral de Emprego e a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral. Quedan adscritos a esta consellería a Axencia Galega de Innovación, o ente público Instituto Galego de Promoción Económica, o organismo autónomo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, o organismo autónomo Instituto Galego de Consumo, o ente público Instituto Enerxético de Galicia e o Consello Galego de Relacións Laborais, ente institucional de dereito público, consultivo, regulado pola Lei 5/2008, do 23 de maio.

De acordo co anterior e de conformidade coa Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a nova estrutura da Consellería de Economía, Emprego e Industria axústase aos principios de austeridade, eficacia, eficiencia e coordinación no deseño e funcionamento da Administración pública, co obxectivo de alcanzar unha mellor adaptación ás necesidades sociais e laborais derivadas do actual escenario económico.

Así, coa supresión das direccións xerais de Traballo e Economía Social e de Emprego e Formación, e a creación da Secretaría Xeral de Emprego e a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral os novos órganos asumen as competencias en materia de políticas activas de emprego, política laboral, relacións laborais e saúde laboral, cooperativas e outras entidades de economía social, formación e colocación.

Polo que se refire á organización dos servizos periféricos, de acordo co disposto no artigo 35 da Lei 16/2010, as xefaturas territoriais previstas neste decreto dependen orgánica e funcionalmente da Consellería, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das súas competencias que asume cada delegación territorial no seu correspondente ámbito territorial. Concretamente, a Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén a súa organización en catro xefaturas territoriais na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Na presente disposición, a estrutura periférica adáptase aos cambios organizativos dos servizos centrais.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, e logo de deliberación do Consello da Xunta, na súa reunión do día tres de decembro de dous mil quince,

DISPOÑO:

TÍTULO IÁmbito competencial e organización xeral da consellería

Artigo 1 Ámbito competencial

A Consellería de Economía, Emprego e Industria é o órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal, ademais daquelas competencias e funcións establecidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, corresponde, de conformidade co Estatuto de autonomía e coa Constitución:

  1. O exercicio das competencias e funcións nos ámbitos da promoción e dinamización da economía, investigación, desenvolvemento e innovación, industria, seguridade industrial, metroloxía, metais preciosos, enerxía, minas e recursos minerais, artesanía, comercio interior e exterior, consumo, así como a planificación, en colaboración coa consellería competente en materia de vivenda e solo, e das infraestruturas dos servizos empresariais do solo industrial.

  2. Propoñer e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito laboral, que engloba as competencias en materia de políticas activas de emprego, política laboral, relacións laborais e seguridade e saúde laboral, responsabilidade social empresarial, cooperativas e outras entidades de economía social, orientación e promoción laboral.

Artigo 2 Estrutura da consellería

Para o exercicio das súas funcións, a Consellería de Economía, Emprego e Industria estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:

  1. O/a conselleiro/a.

  2. Secretaría Xeral Técnica.

  3. Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

  4. Dirección Xeral de Comercio.

  5. Secretaría Xeral de Emprego.

    V.1. Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

  6. Xefaturas territoriais.

Artigo 3 Entidades instrumentais e demais órganos
  1. Quedan adscritas a esta consellería as seguintes entidades:

    1. A Axencia Galega de Innovación.

    2. O ente público Instituto Galego de Promoción Económica.

    3. O organismo autónomo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

    4. O organismo autónomo Instituto Galego de Consumo.

    5. O ente público Instituto Enerxético de Galicia.

    6. O Consello Galego de Relacións Laborais, ente institucional de dereito público, consultivo, creado pola Lei 5/2008, do 23 de maio.

  2. Así mesmo, quedan adscritos a esta consellería:

    1. O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, a través da Subdirección Xeral de Administración Industrial da Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

    2. O Laboratorio de Consumo de Galicia, a través do Instituto Galego de Consumo.

    3. A Real Academia Galega de Ciencias, a través da Axencia Galega de Innovación.

    4. O Consello Asesor en Investigación e Innovación de Galicia e o Observatorio de Innovación de Galicia, creados pola Lei 5/2013, do 30 de maio, a través da Axencia Galega de Innovación.

  3. Así mesmo, están adscritos a esta consellería, co carácter, misión e funcións establecidos nas súas respectivas normas reguladoras, os órganos colexiados seguintes:

    1. O Consello Galego de Economía e Competitividade, creado pola Lei 9/2013, do 19 de decembro.

    2. A Comisión de Prezos de Galicia, regulada polo Decreto 106/1984, do 24 de maio.

    3. O Consello Galego de Consumidores e Usuarios, creado polo Decreto 127/1998, do 23 de abril.

    4. A Comisión Galega da Artesanía, creada pola Lei 1/1992, do 11 de marzo.

    5. O Observatorio do Comercio de Galicia, creado pola Lei 13/2010, do 17 de decembro.

    6. O Consello Galego de Cooperativas, creado pola Lei 5/1998, do 18 de decembro.

    7. O Consello Galego do Traballo Autónomo, creado polo Decreto 19/2013, do 17 de xaneiro.

    8. O Consello Autonómico de Emprego, os consellos provinciais de emprego e os comités territoriais de emprego, creados polo Decreto 192/2011, do 29 de setembro.

    9. A Comisión Galega de Formación Profesional Continua, creada polo Decreto 7/2005, do 13 de xaneiro.

    10. O Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, creado pola Lei 14/2007, do 30 de outubro.

    11. O Consello Galego da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR