DECRETO 177/2015, do 3 de decembro, polo que se extingue a entidade de dereito público Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorVicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Rango de LeyDecreto

O artigo 34.3 do Estatuto de autonomía de Galicia establece que, no marco das normas básicas do Estado, a Comunidade Autónoma pode regular, crear e manter a súa propia televisión, radio e prensa e, en xeral, os medios de comunicación social para o cumprimento dos seus fins.

Sobre a base da devandita previsión estatutaria, aprobouse a Lei 9/1984, do 11 de xullo, de creación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, que permitiu a posta en marcha duns medios públicos de comunicación audiovisual en lingua galega. Non obstante, o novo marco regulatorio no sector da comunicación audiovisual, introducido pola Lei 7/2010, do 31 de marzo, xeral da comunicación audiovisual, comportou a necesidade de adecuar o referido réxime xurídico da entidade prestadora do servizo público de comunicación audiovisual á nova lei.

Por iso se aprobou a Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, que prevé no seu artigo 2 que a entidade á cal se encomenda a xestión do servizo público de comunicación audiovisual é a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., que implica a integración da actividade da Compañía e das súas sociedades nunha única sociedade anónima.

En efecto, a forma xurídica que, de acordo coa Lei 9/2011, debe adoptar a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. é a de sociedade mercantil pública autonómica, baixo a forma de sociedade anónima. O capital debe estar integramente participado pola Comunidade Autónoma de Galicia e, de acordo coa lexislación, gozará de personalidade xurídica propia e autonomía na súa actuación.

Mediante Acordo do 29 de agosto de 2013, do Consello da Xunta de Galicia, desígnase Televisión de Galicia, S.A. como futura Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

En cumprimento da Lei 9/2011, resulta necesario continuar o proceso que permita a entrada en funcionamento da futura sociedade pública prestataria do servizo mediante a extinción da entidade de dereito público Compañía de Radio-Televisión de Galicia, prevista na propia lei, e o traspaso de todos os seus activos e pasivos a Televisión de Galicia, S.A. como futura Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., excepto as accións desta, que pasarán á Xunta de Galicia. Todo iso, por concluírse que todos os activos e pasivos resultan necesarios para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual.

Na súa virtude, de acordo co artigo 55.2 da Lei 16/2010, do 17 de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR